NORMAS PROBAS CRONOMETRADAS ANDADURA GALEGA 23 DE ABRIL 2026
Realízanse catro probas de Andadura Galega Cronometrada.
A entrada en pista será por grupos de 10 persoas con dereito a unha única volta de quentamento, de seguido entrarán directamente na proba cronometrada, sin volta de reconocemento.
Cada proba sumará 10 segundos ó tempo final de cada cabalo.
As penalizacións efectuaranse cada vez que o cabalo perda o paso de andadura.
Será obrigatorio o uso de casco regulamentario.
Está prohibido o maltrato de animais, penalizándose coa descalificación.
As decisións dos xuíces de pista son irrevocables. As protestas continuadas serán motivo de descalificación.
Todos os participantes deberán presentar de forma online o seguro de responsabilidade civil do équido participante nas probas, eximindo á organización de calquera responsabilidade ante accidentes.
As inscricións realizaranse entre o 1 e o 17 de abril de maneira telemática cubrindo formulario online disponible no seguinte link: https://magmasports.es/es/evento/feira-cabalar-moeche ou mediante código QR. Non se recollerán inscricións posteriores.
Limítase o aforo a MAXIMO 180 CABALOS para as carreiras de Andadura Galega Cronometrada (máx. 3 cabalos por xinete), por orden de inscricións.
TODOS os cabalos de Andadura Galega Cronometrada deberán presentarse ANTES das 8.30h no Recinto Feiral para a entrega de dorsais e confirmación de chegada (medición de 8.30h a 10.00h).
TODOS os participantes de Andadura Galega Cronometrada deberán presentarse no Recinto Feiral coa documentación do équido.
Inicio de Carreiras as 11.00h.
Entrega de Premios ó finalizar as probas (hora aproximada 15.00-16.00h).
É requisito indispensable a comparecencia física do gañador para a entrega de premios (non se realizarán entrega de premios a terceiros).
NORMAS CONCURSO ANIMAIS 23 ABRIL 2026.
• MANADA MAÍS NUMEROSA. Valorarase o número de équidos que aporte o propietario, indistintamente da raza.
• PREMIO ESTAMPA E BELEZA . Valorarase o mellor cabalo e a mellor egua da feira, indistintamente da raza. Terase en conta a armonía de movementos, os coidados a presentación. Xulgarase durante o paseo cabalar tradicional. NON PRECISA INSCRICIÓN.
• Para optar a premio en calquera das categorías (AGÁS ESTAMPA E BELEZA) é necesario inscrición.
• Xinete máis veterano. Outorgarase ó xinete de maior idade da feira. Inscrición no palco o día da feira.
• Xinete que realiza o maior percorrido montado no seu cabalo para acudir á feira. Inscrición no palco o día da feira.