REGULAMENTO XTREMA A FEIRA 2026
1.- DATA E LUGAR
A 2ª edición da XTREMA A FEIRA celebrarase o domingo día 13 de Septembro de 2026 as 11:00h, • con saída e chegada no parque dos Agoeiros parroquia de Sta. María en Salceda de Caselas.
2.- PERCORRIDO
O percorrido realizarse nos montes comunais de Sta. María, un enclave rodeado de natureza.
Trátase dun percorrido circular, no que haberá diferentes probas con obstáculos (troncos, auga, barros, etc) que obrigatoriamente hai que superar.
O circuíto consta duns 9 Km. aproximadamente (2 voltas de 4,5 km) que hai que completar nun tempo máximo de 2 horas. Ao longo do percorrido, a organización establecerá controis onde haberá persoal velando pola seguridade dos participantes. É obrigatorio seguir as súas indicacións.
3.- PARTICIPANTES
A carreira de adultos está reservada para idades a partir dos 18 anos cumpridos antes do día da proba, e que estean inscritos correctamente.
A carreira de nenos está reservada para idades a partir dos 6 anos cumpridos antes do día da proba, e que estean inscritos correctamente.
4.- INSCRICIÓN
As inscricións realizaranse na páxina web: https://magmasports.es/es/evento/xtrema-a-feira-2026 facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.
A saída da proba realizarase en 14 quendas de 25 atletas.
No momento da inscrición cada atleta elixirá a quenda na que desexa saír.
No suposto ca quenda alcance os 25 atletas quedará automaticamente pechada.
O día da carreira realizaranse chamadas por megafonía para a formación das diferentes quendas.
A organización non se fai responsable das consecuencias que se deriven dunha inscricións defectuosa e/ou errónea por parte do/a corredor/a ou en quen delegue.
Prazo de inscrición: do 15/06/2026 al 31/08/2026.
Recollida de chip/dorsal: No mesmo día e lugar da proba a partir das 9:30h da mañá.
Cotas de inscrición:
NENOS
8€ do 15/06/2026 - 31/08/2026
10€ do 01/09/2026 - 10/09/2026
ADULTOS
20€ do 15/06/2026 - 31/08/2026
25€ do 01/09/2026 - 10/09/2026
Ao remate da carreira e imprescindible devolver o chip de aluguer.
5.- CLASIFICACIÓN E PREMIOS
Haberá unha clasificación Xeral individual por tempo neto: MASCULINA E FEMININA Clasificación Xeral
1º Clasificado: Premio 1ª Clasificada: Premio
2º Clasificado: Premio
2ª Clasificada: Premio
3° Clasificado: Premio
3ª Clasificada: Premio
Clasificación mellor Salcedense
1º Clasificado mellor Salcedense: Premio
1ª Clasificada mellor Salcedense: Premio
A entrega de premios realizarase nun lugar habilitado no mesmo recinto unha vez comprobados
os tempos da carreira.
6.- RESPONSABILIDADE
Todas as persoas inscritas participan voluntariamente baixo a súa responsabilidade e admiten gozar dun nivel de condición física suficiente para afrontar as distintas probas das que consta a carreira.
A organización:
Advirte de que a proba supón riscos inherentes a presenza de obstáculos naturais ou artificiais.
- Responsabilízase dos accidentes que se rexistren dentro do percorrido, pero declina toda responsabilidade en caso de padecemento latente, accidente por abandono do itinerario establecido ou neglixencia da persoa participante.
Non se fai responsable dos danos que a si mesmo ou a outras persoas ocasionen as persoas participantes desta proba.
7.- ASISTENCIA
A organización contará con servizos médicos a disposición das persoas participantes e coa
colaboración de Protección Civil non puntos máis estratéxicos do percorrido.
Recoméndase as persoas participantes someterse a un recoñecemento médico previo, co fin de minimizar os riscos que entraña a realización da actividade física.
As persoas participantes están obrigadas a auxiliar aos accidentados e avisar a organización se alguén necesita axuda. Poderán informar da calquera contratempo nos controis de paso.
8.- DESCUALIFICACIÓN
Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
Non seguir a sinalización específica da carreira (marcas, vaias, balizas, camiños, etc.) ou directrices do persoal que intervén na organización, que irá debidamente identificado.
Non completar todo o circuíto da carreira, non pasar os controis, ou non superar os obstáculos.
Non levar o dorsal ou manipulalo.
Falsificar datos persoais.
Suplantación de identidade.
Ir acompañado doutras persoas que non sexan participantes inscritos na proba.
Cando continuar a participación supoña un risco para a súa propia seguridade, para outros/as atletas ou para o desenvolvemento da proba.