XLII CARREIRA NOCTURNA DE SAN XOÁN REGULAMENTO
1. Co patrocinio e colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra, a Agrupación Viguesa de Atletismo organiza a XLII Carrera Nocturna de San Xoán, a celebrar o 23 de xuño de 2026 en Vigo. Esta carreira está incluida no Circuito de Carreiras RUNRUN VIGO do Concello de Vigo.
2. A carreira dispútase nun circuíto urbán de aproximadamente 7,7 km con saída ás 21:00 dende a Praza do Rei, e co seguinte percorrido: Camelias, Romil, Pi i Margall, López Mora, Bar Boo, Avda de A Coruña, Tomás A. Alonso, Paulino Freire, Beiramar, finalizando diante dos soportais da praza do Berbés.
3. Poderán participar cantas persoas maiores de 14 anos o desexen estén ou non federadas. As inscricións formalizaranse no sitio web de RUN RUNVIGO (http://runrunvigo.com ) , ata o 20 de xuño ás 23:59 horas. Non se admitirán inscripcións o día da carreira.
4. A cuota de inscripción é de 12 €.
5. Os atletas participarán cos dorsais e chip que se entregarán o 23 de xuño na tenda DECATHLON do Parque Comercial do Meixueiro en horario de 12:00 a 15:00, e o 23 de xuño de 19:00 a 20:15 na Lonxa do Concello de Vigo (Praza do Rei). Non se entregarán imperdibles, cada participante deberá traer os seus.
6. Concederánse trofeos ós tres primeiros e primeiras clasificadas por cada unha das seguintes categorías: tanto en homes como mulleres Femininas F-0 F-1 F-2 F-3 F-4 F-5
7. PREMIOS: Masculinas M-0 M-1 M-2 M-3 M-4 M-5 Ano de nacemento Entre 2007-2011 (ambos incluídos) Entre 1987-2006 (ambos incluídos) Entre 1977-1986 (ambos incluídos) Entre 1967-1976 (ambos incluídos) Entre 1962-1966 (ambos incluídos) 1961 ou anteriores A Organización entregará un xamón ó primeiro e á primeira da clasificación xeral, e unha paletilla ós/ás primeiras/os de cada categoría agás os vencedores absolutos. Haberá un sorteo de agasallos entre as/os participantes. Tamén haberá sardiñas asadas para as/os participantes ó remate da carreira, recibindo estos/as un tícket á entrada en meta para dita sardiñada.
8. Colaboran neste evento; a Asociación de veciños do Casco Vello, Coca Cola, Cofradía de pescadores San Francisco, Autoescolas Faro-Paso-Salaberri, Policía Local de Vigo, Fundación VODEA, DECATHLON, Porto de Vigo, Frutas Sol, Balneario de Mondariz e Zunfer S.A.
9. A Organización ten contratado un seguro de accidentes para as/os participantes da proba.C/ Benito Castro Nogueira Nº 13 Bajo 36.205 Vigo Tel.: 986264799 e- Mail: ava.atletismo@gmail.com N.I.F.: G-36.645.109