XLI CARREIRA NOCTURNA DE SAN XOÁN
REGULAMENTO
- Co patrocinio e colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra, a Agrupación Viguesa de Atletismo organiza a XLI Carrera Nocturna de San Xoán, a celebrar o 23 de xuño de 2025 en Vigo.
Esta carreira está incluida no Circuito de Carreiras RUNRUN VIGO do Concello de Vigo.
- A carreira dispútase nun circuíto urbán de aproximadamente 7,7 km con saída ás 21:00 dende a Praza do Rei, e co seguinte percorrido: Camelias, Romil, Pi i Margall, López Mora, Bar Boo, Avda de A Coruña, Tomás A. Alonso, Paulino Freire, Beiramar, finalizando diante dos soportais da praza do Berbés.
- Poderán participar cantas persoas maiores de 14 anos o desexen estén ou non federadas. As inscricións formalizaranse no sitio web de RUN RUNVIGO (http://runrunvigo.com) , ata o 19 de xuño ás 23:59 horas. Non se admitirán inscripcións o día da carreira.
- A cuota de inscripción é de 12 €.
- Os atletas participarán cos dorsais e chip que se entregarán o 23 de xuño na tenda DECATHLON do Parque Comercial do Meixueiro en horario de 12:00 a 15:00, e o 23 de xuño de 19:00 a 20:15 na Lonxa do Concello de Vigo (Praza do Rei). Non se entregarán imperdibles, cada participante deberá traer os seus.
- Concederánse trofeos ós tres primeiros e primeiras clasificadas por cada unha das seguintes categorías: tanto en homes como mulleres
|
Femininas
|
Masculinas
|
Ano de nacemento
|
|
F-0
|
M-0
|
Entre 2006-2010 (ambos incluídos)
|
|
F-1
|
M-1
|
Entre 1986-2005 (ambos incluídos)
|
|
F-2
|
M-2
|
Entre 1976-1985 (ambos incluídos)
|
|
F-3
|
M-3
|
Entre 1966-1975 (ambos incluídos)
|
|
F-4
|
M-4
|
Entre 1961-1965 (ambos incluídos)
|
|
F-5
|
M-5
|
1960 ou anteriores
|
- PREMIOS:
A Organización entregará un xamón ó primeiro e á primeira da clasificación xeral, e unha paletilla ós/ás primeiras/os de cada categoría agás os vencedores absolutos. Haberá un sorteo de agasallos entre as/os participantes. Tamén haberá sardiñas asadas para as/os participantes ó remate da carreira, recibindo estos/as un tícket á entrada en meta para dita sardiñada.
- Colaboran neste evento; a Asociación de veciños do Casco Vello, Coca Cola, Cofradía de pescadores San Francisco, Autoescolas Faro-Paso-Salaberri, Policía Local de Vigo, Fundación VODEA, DECATHLON, Porto de Vigo, Frutas Sol, Balneario de Mondariz e Zunfer S.A..
- A Organización ten contratado un seguro de accidentes para as/os participantes da proba.