A BTT dos Callos terá inicio no Centro Cultural de Castro Barreiro ás 09:30h.. Como novidade, este ano, haberá dous percorridos; un longo de 47Km e 1500m de desnivel
aproximadamente, e un curto 32km e 1000m de desnivel aproximadamente.
O prezo varía dependendo da data de inscrición, tendo en conta dous rangos de prezos. O primeiro rango comeza en 15€ e no último 19€. Explicado no punto 13 deste regulamento.
- A inscrición da dereito, ademais da participación no evento, ao seguinte:
- Unha tapa de callos, viño, pan e sobremesa.
- Seguros de RC e Asistencia Sanitaria.
- 2 avituallamentos sólidos e líquidos. O primeiro avituallamento no km 23
aproximadamente, e o último en meta.
- Regalo para os primeiros 250 inscritos.
- Servizo de duchas.
- Servizo de lavado de bicicletas.
- Servizo de gardarroupas.
- Agasallo da Asociación “Bicos de Papel” por ter colaborado coa infancia de
oncoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro coa túa inscrición.
A XI BTT DOS CALLOS realizarase o 12 de xaneiro do 2025.
- A idade mínima para a ruta BTT é de 16 anos e até os 18 anos necesitarán a
autorización do pai, nai ou titor legal.
- Os participantes menores de 18 anos deben ir acompañados por unha persoa
responsable e presentar unha autorización do pai, nai ou titor legal asinada.
- A BTT dos Callos non é un evento competitivo. Os participantes deben manter o ritmo
que marque o grupo de cabeza e respectar os reagrupamentos establecidos.
- Os participantes deben ter o nivel necesario para participar nun percorrido de
aproximadamente 36 km polo monte, de dificultade física e técnica media.
- O uso do casco é obrigatorio. Calquera participante que non faga uso deste, será
expulsado inmediatamente.
- Cada participante debe traer as pezas necesarias para resolver unha avaría: cámaras,
bombín, etc.
- Aínda que o percorrido estará debidamente sinalizado, o participante é o único
responsable de cumprir coas directrices da organización e disposicións da Lei de
Seguridade Vial.
- NON se admitirán inscricións no día da proba.
- Queda terminantemente prohibido tirar lixo ao chan.
- A taxa de inscrición non é reembolsable.
- A participación non será permitida a calquera persoa non rexistrada.
- A inscrición pecharase o 09/01/2025 ás 23:59, existindo a posibilidade dun prezo
reducido ata o 26/12/2024 ás 23:59 de 15€, a partires desa data até o prazo final é de
19€. Un porcentaxe de esta inscrición está destinada a Asociación “Bicos de Papel”,
ademais poderás aportar o realizar a túa inscrición o que consideres. A infancia que
está a sufrir o cancro no Hospital Álvaro Cunqueiro agradeceracho.
Se non podes asistir o eventos e queres aportar o teu gran de area poderás facelo a través do DORSAL 0 = DORSAL SOLIDARIO.
- A organización resérvase o dereito de modificar todo sobre itinerarios, horarios, re
agrupacións, etc.
- Durante a carreira disporase dunha ambulancia.
- A existencia de medios sanitarios e de seguridade facilitados pola Organización,
non exime aos corredores da obrigación de ofrecer asistencia a calquera outro
participante que o necesite.
- Ao mesmo tempo a Organización disporá de persoal (ciclista “escoba”/quad
“escoba”) que irá pechando as carreiras tras o último ciclista. Ademais, a
Organización colocará persoal para orientar e axudar aos participantes en todos
aqueles puntos que considere que poden resultar conflitivos.
- Asistencia máxima de 300 participantes para a ruta BTT.
19.Todos os participantes recibirán un agasallo.
20.Os premios que se entregarán serán para:
- Trofeo ao club máis afastado.
- Trofeo ao club máis numeroso.
- Trofeo ao ciclista de maior idade.
- A entrega dos dorsais (que tamén é o vale para os callos) realizarase o día 11/01/25
no lugar de saída no seguinte horario: 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 e no propio día
a partires das 7:30 ata media hora antes da saída da proba.
22.A inscrición realizarase na páxina web da Organización:
www.carnavalcastrobarreiro.com
- Ao inscribirse para esta proba asúmese a aceptación destas normas e renuncia a
calquera alegación contra a organización.