REGULAMENTO DA IV BTT TERRAS DE TOMIÑO E FLORENTIÑA
- A V BTT TERRAS DE TOMIÑO E FLORENTIÑA a celebrar o 17/05/2026 está organizada pola Asociación Cultural Deportiva Recreativa Colibrí, sendo esta unha marcha cicloturista non competitiva.
- A saída será ás 9:00 horas dende Rúa Daniel Calzado Poceiro do Seixo-Tomiño, e a hora de chegada máis desfavorable estímase aproximadamente sobre as 14:00 no mesmo lugar.
- O percorrido será por rúas, pistas e camiños forestais do concello de Tomiño. Haberá dúas distancias ruta corta 40 km e ruta larga 55 km para que cada un dos participantes elixa segundo o seu nivel de preparación.
- Esta marcha cicloturista non ten carácter competitivo, se non o de fomentar o contacto coa Natureza, dando a coñecer as paraxes espectaculares deste concello.
- A idade mínima para poder participar é de 18 anos e a máxima e de 75 anos.
- Haberá un límete de 300 prazas para as inscrición á V BTT TERRAS DE TOMIÑO E FLORENTIÑA.
- O dorsal e persoal e intransferible, a persoa inscrita só poderá participar có dorsal asignado e acepta non permitir o uso do mesmo a outras persoas. Si unha persoa incumpre esta norma, está nunha situación de desamparo en caso de sufrir un accidente, pois os seus datos non consta para o seguro dá marcha, e polo tanto a organización como o seguro, non ten obriga legal de facerse cargo destes gastos.
- A entrega dos dorsais realizarase o día 16/05/2026 na Cafetería VERSSUS no horario: 17:00 a 20:00 e no propio día a partires das 7:30 ata media hora antes da saída da proba.
- Os participantes que non teñan o dorsal correctamente considerase alleos a proba e non terán dereito a gozar de ningún servizo, nin a organización terá ningunha obriga legal sobre eles.
- Non se permitirá participar na proba a todo aquel participante que non presenta a Declaración Xurada no momento de recoller o seu dorsal. Para recoller o dorsal terá que presentar o DNI.
- O importe das inscricións será prezo reducido de 20 €UROS ata o 30 de abril de 2026, e de 22 €uros dende o 1 de maio ata o peche das inscricións o día 14 de maio de 2026.
- Será considerado participante nesta marcha cicloturista soamente a persoa que faga debidamente a inscrición, para o cal deberá realizar o proceso de inscrición a través de transferencia bancaria a conta establecida pola organización do evento
- Non se considerarán formalizadas as inscricións ata que se efectúe o pagamento, e as inscricións considéranse definitivas.
- A organización ten contratado para este evento un seguro de Responsabilidade Civil.
- Os participantes estarán cubertos durante o tempo de participación de este evento deportivo coas coberturas de cada seguro segundo a normativa e leis; non facéndose responsable de ningún accidente nin gastos fora desas coberturas, debendo entenderse que os participantes inscritos asumen e coñecen os riscos do BTT.
- Cada participante será responsable do seu propio material e bicicleta. No caso de avaría que lle impida continuar o percorrido, a organización tentará asistilo en todo caso, recollelo no “coche-escoba”, que irá pechando a proba detrás dos participantes máis atrasados, para desprazalo ata o punto de saída/chegada.
- É obrigatorio o uso do casco protector e máis levar o dorsal visible en todo momento da proba. O feito de non levar ambos suporá a descualificación do participante e polo tanto considerarase a todos os efectos fóra da marcha cicloturista.
- O percorrido estará axeitadamente sinalizado e todo participante deberá respectar o itinerario e indicacións das forzas de seguridade, persoal auxiliar e dos membros da organización.
- A circulación non será cortada, polo que se deberá respectar en todo momento as normas do código de circulación, así como as indicacións das forzas de seguridade, persoal auxiliar e membros da organización.
- A organización resérvase o dereito a modificar a ruta segundo o tempo, as bases do terreo, así como todo o relativo ao horario de saída, itinerario, reagrupamentos, avituallamentos, agasallos, etc., cando motivos ou circunstancias así ou aconsellen. Ademais poderá expulsar da marcha, retirándolle o número, aos participantes que coas súas accións constitúan un perigo para os outros participantes ou demais usuarios das vías polas que se circule nese momento e tamén aos que non atendan as indicacións do persoal da organización; ou mesmo aos que non sexan respectuosos co ámbito natural.
- A inscrición da dereito, ademais da participación no evento, ao seguinte:
- Bocadillos de filete e chourizo, auga, cerveza.
- Seguros de RC e Asistencia Sanitaria.
- Ruta larga, 2 avituallamentos sólidos e líquidos.
- Ruta curta, 2 avituallamentos sólidos e líquidos.
- Servizo de duchas (vestiarios Ximnasio Meufit)
- Servizo de lavado de bicicletas.
- Todos os participantes recibirán un agasallo.
- Dispoñerase de vehículos e persoal de apoio e asistencia sanitaria.
- Ao escribirse para esta proba asúmese a aceptación destas normas e renuncia a calquera alegación contra a organización.
- A organización resérvase o dereito de modificar todo sobre itinerarios, horarios, reagrupacións, etc.
- Os participantes deben ter o nivel necesario para participar nun percorrido de aproximadamente 40 km polo monte, de dificultade física e técnica media.
- NON se admitirán inscricións no día da proba.
- Queda terminantemente prohibido tirar lixo ao chan.
- A taxa de inscrición non é reembolsable.
- A participación non será permitida a calquera persoa non rexistrada.
- O participante autoriza o uso de fotografías propias sempre que o seu uso agarde relación co evento o que se subscribe. O formalizar a inscrición o participante admite que o organizador, poda facer uso da imaxe de todos os ciclistas en calquera formato xa sexa gráfico ou dixital e en todas as súas formas (radio, prensa, vídeo, foto, DVD, internet, carteis, medios de comunicación, etc.) e cede todos os dereitos relativos a súa explotación comercial e publicitaria que consideren oportuno executar, sen dereito pola súa parte a recibir compensación económica algunha