REGULAMENTO
XVIII SUBIDA AO CASTRO
Proba de atletismo popular pertencente o circuito municipal RunRunVigo 2026
CATEGORÍAS
Sub 8, 2019-2020
Sub 10, 2017-2018
Sub 12, 2015-2016
Sub 14, 2013-2014
Sub 16, 2011-2012
Sub20, 2007-2008-2009-2010
Masculino 1 - Feminina 1, 1987 ata 2006
Masculino 2 - Feminina 2, 1977 ata 1986
Masculino 3 - Feminina 3, 1967 ata 1976
Masculino 4 - Feminina 4, 1962 ata 1966
Masculino 5 - Feminina 5, 1961 ou anteriores
HORARIOS
Domingo 15 de febreiro
08:00 - 10:00 Recollida de dorsais e chip. Explanada do Náutico.
12:00 Subida ao Castro
13:00 Entrega de trofeos
CONDICIÓNS
- Singletrack Outdoor Sports organiza a SUBIDA AO CASTRO. Proba que se disputará o vindeiro 15 de febreiro de 2026.
- A proba celebrarase sobre un percorrido de 3000 metros balizado con cintas e conos, dende Montero Ríos ó Castelo de San Sebastián no Monte do Castro.
- A Carreira terá unha única saída para todas as categorías.
12:00 Homes e mulleres:
Percorrido de 3K.
- Será necesario un mínimo de 3 participantes do mesmo sexo en cada categoría na liña de saída para a constitución da mesma; os atletas das categorías non constituídas serán asignados á categoría inmediatamente anterior á que lle corresponda.
- As inscricións realizaranse a través da páxina web do servizo de cronometraxe www.magmasports.es mediante pago con tarxeta de crédito.
As inscricións pecharanse o xoves 12 de febreiro. Non é preciso estar federado e non se admiten inscricións fora do prazo marcado.
- O custo da inscrición é de 10 euros para todas as categorías excepto as sub-, que será de 5 euros.
- Os dorsais e chips entregaranse o domingo 15 de febreiro dende as 9 ata as 11 horas nas inmediacións da liña de saída.
- Coa entrega do dorsal e chip entregarase un agasallo conmemorativo.
- O longo do percorrido a organización establecerá os puntos de control que estime oportunos, os cales poderán descalificar a calquera participante que realice algunha irregularidade no trazado da proba ou actúe de forma antideportiva.
- Premios. Todas as categorías obterán medalla ata os tres primeiros clasificados.
- Avituallamento. Porase a disposición dos participantes avituallamento líquido e sólido na zona de Meta.
- A organización non se fará responsable de danos morais e materiais que así mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes, e todo o non previsto neste regulamento resolverase de acordo ao regulamento en vigor.
- A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil.
Todos os participantes disporán de seguro de accidentes, non lesións, para o día da carreira contratado pola organización.
- Conforme á L.O. 15/1999, informamos que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, cuxo responsable é Singletrack Outdoor Sports con domicilio social en Rúa Gran Vía 161 1ºH, 36210 Vigo (Pontevedra). A finalidade deste ficheiro é levar a cabo a xestión de datos dos atletas vinculados coa asociación. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición poderá facelo dirixíndose por escrito
ao enderezo sinalado, achegando unha fotocopia do seu DNI.
- Polo só feito de inscribirse, o participante declara que se atopa en estado de saúde óptimo para participar na SUBIDA AO CASTRO, comprometéndose a colaborar coa organización para evitar accidentes persoais. Autoriza ademais á organización a facer uso publicitario de fotos, vídeos e calquera outro material audiovisual no que poida figurar, aceptando a publicación do seu nome nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet, sen esperar pago, compensación ou retribución algunha por este concepto.
- A inscrición na SUBIDA AO CASTRO implica a total aceptación deste regulamento.