1. Singletrack Outdoor Sports organiza a SUBIDA AO CASTRO. Proba que se disputará o vindeiro 2 de febreiro do 2025.
2. A proba celebrarase sobre un percorrido de 3000 metros balizado con cintas e conos, dende Montero Ríos ó Castelo de San Sebastián no Monte do Castro.
3. A Carreira terá unha única saída para todas as categorías.
Categorías:
Sub 8, 2018-2019
Sub 10, 2016-2017
Sub 12, 2014-2015
Sub 14, 2012-2013
Sub 16, 2010-2012
Sub20, 2006-2007-2008-2009
Masculino 1-Femenina 1,1986 ata 2005
Masculino 2-Femenina 2, 1976 ata 1985
Masculino 3-Femenina 3, 1966 ata 1975
Masculino 4-Femenina 4, 1961 ata 1965
Masculino 5-Femenina 5, 1960 ou anteriores
Percorrido de 3K.
4. Será necesario mínimo 3 participantes do mesmo sexo en cada categoría na liña de saída para a constitución da mesma; Os atletas das categorías non constituídas serán asignados á categoría inmediatamente anterior á que lle corresponda.
5. As inscricións realizaranse a través de la páxina web do cronometrador www.magmasports.es mediante pago con tarxeta de crédito. As inscricións pecharanse o mércores 29 de xaneiro. Non é preciso estar federado e non se admiten inscricións fora do prazo marcado.
6. O costo da inscrición é de 10 euros para todas as categorías excepto as sub- que será de 2 euros.
7. Os dorsais e chips entregaranse o domingo 2 de febreiro dende as 8 ata as 10 horas nas inmediacións da liña de saída.
8. Coa entrega do dorsal e chip entregarase un agasallo conmemorativo
9. O longo do percorrido a organización establecerá os puntos de control que estime oportunos, os cales poderán descalificar a calquera participante que realice algunha irregularidade no trazado da proba ou actúe de forma antideportiva.
10. Premios. Todas las categorías obterán medalla ata os tres primeiros clasificados.
11. Avituallamento. Porase a disposición dos participantes avituallamento líquido e sólido na zona de Meta.
12. A organización non se fará responsable de danos morais e materiais que así mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes, e todo o non previsto neste regulamento resolverase de acordo o regulamento en vigor.
13. A a organización dispón dun seguro de responsabilidade civil. Todos os participantes disporán de seguro de accidentes, non lesións, para o día da carreira contratado pola organización.
14. Conforme a la L.O 15/1999, informamos que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, cuxo responsable é Singletrack Outdoor Sports con domicilio social en Rúa Gran Vía 161 1ºH, 36210 Vigo (Pontevedra). A finalidade deste ficheiro e levar a cabo a xestión de datos dos atletas vinculados coa asociación. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición poderá facelo dirixíndose por escrito o enderezo sinalado, axuntando unha fotocopia do seu DNI.
15. Polo so feito de inscribirse, o participante declara o seguinte: “Atópome en estado de saúde óptimo para participar na SUBIDA AO CASTRO. Comprométome durante o desenrolo da competición a contribuír no posible ca Organización para evitar accidentes persoais. Autorizo ademais a que a organización faga uso publicitario de fotos, vídeos e calquera outro tipo de material audiovisual no que poda figurar, aceptando a publicación do meu nome na clasificación da proba, nos medios de comunicación e/o internet, sen esperar pago, compensación ou retribución algunha por este concepto”.
16. A inscrición de a SUBIDA AO CASTRO implica a total aceptación deste regulamento.