O trail terá inicio no Centro Cultural de Castro Barreiro. Haberá 2 percorridos, un longo que
será de 25 km aproximadamente con 1300m de desnivel positivo, e tamén un mini trail cunha distancia aproximada de 15 km, e 700m de desnivel positivo.
O prezo da inscrición ata o 26/12/2024 é de 18€ (longo) e 13€ (curto). A partires das 23:59
do 26/12/2024 ata o 09/01/25 ás 23:59h (día que se pecha a inscricións) o prezo será de
25€ para o percorrido longo e de 19€ para o curto. Unha porcentaxe da inscrición está
destinada a Asociación “Bicos de Papel”, ademais poderás aportar o realizar a túa inscrición o que consideres. A infancia que está a sufrir o cancro no Hospital Álvaro Cunqueiro agradeceracho.
Se non podes asistir o eventos e queres aportar o teu gran de area poderás facelo a través do DORSAL 0 = DORSAL SOLIDARIO.
A inscrición da dereito, ademais da participación no evento, ao seguinte:
- Unha tapa de callos, pan, viño e sobremesa.
- Seguros de RC e Asistencia Sanitaria.
- 4 avituallamentos sólidos e líquidos no percorrido longo.
- 2 avituallamento sólido e líquido no percorrido curto.
- Regalo para os primeiros 250 inscritos.
- Servizo de duchas.
- Servizo de cronometraxe.
- Servizo de gardarroupa.
- Agasallo da Asociación “Bicos de Papel” por ter colaborado ca infancia de oncoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro coa túa inscrición.
A entrega dos dorsais (que tamén é o vale para os callos) realizase o día 11/01/25 no lugar
de saída no seguinte horario: de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 e no propio día a partires das 7:30 ata media hora antes da saída de cada proba.
Artigo 1. ORGANIZACIÓN E DESCRICIÓN DA PROBA:
1.1 A Asociación Xuvenil “Nós Somos Nós” (de agora en diante, A organización), organiza o
IX trail dos Penedos 2025.
1.2 Hai dúas modalidades de proba, ambas cronometradas con clasificación xeral:
O trail longo é unha carreira por montaña cunha distancia de 25 km e un desnivel positivo de aproximadamente 1300 metros.O trail curto é unha carreira por montaña cunha distancia de 15 km e un desnivel positivo de aproximadamente 700 metros.
1.3 Ambas modalidades da proba se celebrarán o día 12 de xaneiro de 2025.
1.4 A proba longa dará comezo ás 09:30 e a curta ás 10:30 horas, o tempo máximo para
finalizalas será de 04:30 horas para o trail de 25km e de 03:00 horas para o trail de 15 km.
A organización poderá facer corte aos corredores que no percorrido longo non chegaron o
Faro de Budiño nun tempo de 3 horas e no trail curto a San Cibrán nun tempo de 2 horas.
Artigo 2. PERCORRIDO:
2.1 Aínda que por distinto percorrido, en ambas modalidades os itinerarios discorren na
súa maioría por pistas forestais e sendas. As persoas que incumpran ou causen danos
dentro de espazos privados, serán responsables dos seus feitos.
2.2 Os percorridos estarán balizados pola organización con cintas de cor viva, sinais
verticais, e outros elementos de sinalización situados a intervalos regulares, dependendo da tipoloxía do terreo e dos camiños, sendo responsabilidade de cada participante localizar a sinalización e seguila. Algúns tramos coincidirán con marcas de sendas sinalizadas, prevalecendo sobre estas sinais as balizas colocadas pola organización.
2.3 Os tramos do percorrido que discorran por estradas ou rúas de poboacións non estarán
cortados ao tráfico rodado, aínda que si protexidos e indicados por persoal da organización, sendo responsabilidade de cada participante velar pola súa seguridade extremando as precaucións. Todo participante estará obrigado a cumprir as normas xerais de circulación vial e as indicacións da organización, sendo responsable de cantas infraccións puidese cometer. Será obrigatorio cruzar as estradas polos pasos ou lugares habilitados para a ocasión e debidamente sinalizados.
2.4 Será obrigatorio seguir o itinerario marcado.
2.5 Establécense unha serie de puntos de control, con tempos máximos de paso orientativos para os participantes, nos que se recomendará a retirada da proba e seguir as instrucións dos responsables da organización para retornar ao punto de inicio, pese a non ser obrigatorio.
2.6 En ambas probas disporase de avituallamentos tanto líquidos como sólidos.
Artigo 3. REQUISITOS E INSCRICIÓN DOS PARTICIPANTES:
3.1 Para participar en calquera das dúas probas, débense cumprir os seguintes requisitos:
3.1.1. Ser maior de idade o día da carreira.
3.1.2. É necesario estar previamente inscrito nunha das dúas modalidades e haber pagado a cota correspondente.
3.1.3. Todo participante, co feito de inscribirse de maneira libre e voluntaria ó IX Trail dos
Penedos 2025, declara coñecer e aceptar as disposicións que conforman o presente
regulamento. Ademais, declara coñecer que se trata dunhas probas deportivas de certa
esixencia física e manifesta encontrarse nunha adecuada forma física e mental, que lle
permite afrontar dito esforzo, asumindo o risco desta práctica deportiva.
En concreto, no momento da inscrición, o participante declara que: “Atópome en adecuado estado de saúde para participar no IX Trail dos Penedos, eximindo de toda responsabilidade á organización, patrocinadores ou outras institucións participantes no evento ante calquera accidente ou lesión que puidera sufrir antes, durante e/ou despois do evento deportivo, renunciando dende este momento a exercer acción legal en contra de calquera de ditas entidades. Autorizo ademais a que A Organización faga uso de fotos, vídeos e nome na clasificación das probas, nos medios de comunicación e/ou Internet, sen esperar pago, compensación ou retribución por este concepto”.
3.1.4. A inscrición realizarase na páxina web da organización:
www.carnavalcastrobarreiro.com
3.2 NON se admitirán inscricións no día da proba.
3.3 NON se establecerá ningún período de devolución das inscricións, excepto os casos por lesión xustificados mediante informe médico e non antes de 15 días da carreira. En dito
caso, devolverase o custo da inscrición.
Artigo 4. METEOROLOXÍA:
4.1. A Organización resérvase o dereito de poder realizar as modificacións que considere
necesarias nos recorridos ou incluso a suspensión das probas ata o momento da saída se as condicións meteorolóxicas ou outras causas de forza maior supuxesen algún problema de seguridade para os participantes. Neste caso non se devolvería o importe da inscrición. As probas non se suspenderán polo tempo unha vez comezadas.
Artigo 5. SERVIZO MÉDICO E ASPECTOS DE SEGURIDADE:
5.1 Durante a carreira disporase dunha ambulancia.
5.2 A existencia de medios sanitarios e de seguridade facilitados pola organización, non
exime aos corredores da obrigación de ofrecer asistencia a calquera outro participante que
o necesite.
5.3 Ao mesmo tempo A Organización disporá de persoal (corredor “escoba”/quad “escoba”) que irá pechando as carreiras tras o último dos corredores. Ademais, a organización colocará persoal para orientar e axudar aos participantes en todos aqueles puntos que considere que poden resultar conflitivos.
Artigo 6. CATEGORÍAS E PREMIOS:
6.1 No presente regulamento establécense as seguintes categorías, tanto para o trail 25km
como para o trail 15km:
- Xeral (3 primeiros clasificados, masculino e feminino)
- Veterano A (1 primeiros clasificados, masculino e feminino): Dende os 40 ata os 49.
- Veterano B (1 primeiros clasificados, masculino e feminino): Dende os 50 ata os 59.
- Veterano C (1 primeiros clasificados, masculino e feminino): Dende os 60 en diante.
- Local (3 primeiros clasificados, masculino e feminino): Empadroados no municipio de Salceda de Caselas.
6.2 A idade a ter en consideración nestas categorías será a que o participante teña no mesmo día das probas.
6.3 Non se poderán acumular trofeos.
6.4 A entrega de trofeos será aproximadamente sobre as 13:30 horas e a organización
poderá esixir o DNI.
Artigo 7. PENALIZACIÓNS:
7.1 Será motivo de penalización e descualificación das probas:
- Tirar desperdicios durante o recorrido fóra dos puntos habilitados a tales efectos nos
- Denegar auxilio a calquera participante que o necesite.
- Non respectar o itinerario balizado ou sinalización do recorrido para atallar.
- Non facer caso ás indicacións da organización.
- Non levar o dorsal visible.
- Quitar ou cambiar as marcas do material postas pola organización.
- Calquera comportamento considerado como non deportivo, irrespectuoso co resto de
participantes ou membros da organización (exemplo: impedir ser adiantado ou
obstaculizar voluntariamente a outro corredor, etc.).
- Provocar de maneira voluntaria, un accidente.
Artigo 8. MATERIAL ACONSELLADO:
8.1 A organización aconsella levar:
- Gorra, viseira ou similar.
- Teléfono móbil.
- Calzado adecuado.
- Mallas longas.
- Vestimenta adecuada para a meteoroloxía.
8.2 Autorízase o uso de bastóns, sempre tendo en conta que a súa utilización deberá ser en
condicións que non supoña un risco para o resto de participantes, e que deberán levarse ata meta, non podéndose deixar en ningún punto do recorrido.
8.3 Cada participante debe ser plenamente consciente da lonxitude e dificultade da proba,
que pode desenvolver, baixo posibles condicións climáticas de calor, choiva ou vento. Polo
tanto, debe previr que a súa indumentaria, calzado, así como as condicións físicas
necesarias, sexan as máis apropiadas para realizar a proba.
Artigo 9. ECO - RESPONSABILIDADE:
9.1 O IX Trail dos Penedos 2025 transcorre por paraxes de alto valor ecolóxico. Os
participantes nestas probas saben moi ben que a montaña é un entorno fráxil que debe
preservarse. Por isto, desde a organización, preténdese que esta sexa unha carreira ecorresponsable e respectuosa ao máximo coa montaña. O seu obxectivo é ter un impacto nulo sobre o medio natural e a concienciación de todos (participantes e acompañantes) para protexer este entorno excepcional. 9.2 Xestión correcta de residuos. Débense utilizar os puntos de recollida situados nos avituallamentos e/ou próximos aos mesmos, depositando neles tanto os residuos xerados nos avituallamentos (vasos de plástico) como os propios dos participantes (panos de papel, envoltas de suplementos enerxéticos, etc.).
Artigo 10. DEREITOS DE IMAXE:
10.1 Como xa se fixo referencia no Artigo 3, punto 3.1.3 , no momento da inscrición o participante declara que “Autorizo a que a organización faga uso de fotos, vídeos e nome na clasificación das probas, nos medios de comunicación e/ou en Internet, carteis publicitarios, etc., sen esperar pago, compensación ou retribución por este concepto”.
10.2 A organización resérvase en exclusividade o dereito sobre a imaxe da proba, así como a explotación audiovisual e periodística da competición. Calquera proxecto mediático ou publicitario deberá contar co consentimento da organización.
Artigo 11. PROTECCIÓN DE DATOS:
11.1 Da cordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro de Protección de datos de carácter persoal, todos os datos dos participantes recollidos no formulario de
inscrición serán incluídos nun ficheiro privado propiedade da organización das probas
incluídas no IX Trail dos Penedos 2025, con fins exclusivos de xestión das mesmas. Todos os interesados poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e
oposición dos seus datos persoais mediante correo electrónico asociacionnsn@gmail.com
Artigo 12. MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO:
12.1 A Organización resérvase o dereito a poder modificar o presente regulamento. As
modificacións serán debidamente comunicadas con antelación aos participantes.
12.2 A máxima autoridade é a organización.