1. A Fundación Celta de Vigo organiza a Carreira Popular da Fundación Celta de Vigo | Invasión Celeste By Profand. Proba que se disputará o vindeiro 26 de abril de 2026 con saída na Sede do Celta na Rúa Príncipe e meta no estadio Abanca Balaidos.
2. A proba celebrarase sobre un percorrido urbano de 10 k e 5 k nas categorías absolutas, 1.000 metros en categorías Base e 50 metros os Chiquiceltas.
3. A Carreira terá tres diferentes saídas:
10:00 – Homes e mulleres (absolutas)
• Percorrido urbano de 10K e 5K.
• Saída na Sede do celta.
• Meta no estadio Abanca balaidos.
11:30 – Homes e mulleres (menores)
• Percorrido de 1K. Unha volta ao exterior do estadio e meta no interior.
11:45 – Chiquiceltas
• Percorrido de 50 metros dentro do Estadio.
4. Categorías
Proba CHIQUICELTAS 50m
• Nenos e nenas nados en 2020, 2021, 2022 e 2023
Proba 1K
• Cat A: entre 2018 e 2019 (7-8)
• Cat B: entre 2014 e 2017 (9-12)
• Cat C: entre 2011 e 2013 (13-15)
Proba 5K
• M/F Sub-23: de 2004 a 2010 (16-22)
• M/F Absolutos: nados en 2003 e anteriores (+23)
• Inclusiva.
• Andaina non competitiva
Proba 10K
• M1 / F1: de 1987 a 2003 (23-39)
• M2 / F2: de 1977 a 1986 (40-49)
• M3 / F3: de 1967 a 1976 (50-59)
• M4 / F4: de 1957 a 1966 (60-69)
• M5 / F5: 1956 e anteriores (+70)
• Inclusiva. (homes e mulleres)
LÍMITE DE PARTICIPANTES POR PRUEBAS:
- Chiquiceltas: 200
- 1K: 200
- 5k e 10k: 2400
Será necesario que haxa como mínimo 3 participantes do mesmo sexo en cada categoría na liña de saída para a constitución da mesma; os atletas das categorías non constituídas serán asignados á categoría inmediatamente anterior á que lle corresponda.
5. As inscricións realizaranse a través da páxina web www.rccelta.es mediante pago con tarxeta de crédito. As inscricións pecharanse o 19 de abril de 2026. Non é preciso estar federado e non se admiten inscricións fóra do prazo marcado.
6. O custo da inscrición é de:
• Chiquiceltas e 1K: 10 €.
• 5K e 10K:
• 13 € ata o 26 de marzo
• 16 € entre o 27 de marzo e o 19 de abril
7. Os dorsais e chips serán entregados:
• Sábado 25 de abril de 10:00 a 21:00h: A Sede para todas as probas.
• Domingo 26 de abril de 8:30 a 9:30h: A Sede para as probas de 10K e 5K.
• Domingo 26 de abril de 9:30 a 11:00h: Abanca Balaidos para 1K e Chiquiceltas.
8. Coa entrega do dorsal e chip entregarase un agasallo conmemorativo da Invasión Celeste.
9. A saída das probas no interior do Estadio Abanca Balaidos poderá realizarse accedendo dende a grada de Río Baixo, sita na rúa Avenida de Citroën.
HORARIOS
• 10:00 Saída 10K e 5K (proba absoluta, saída dende A Sede, Rúa do Príncipe)
• 11:30 Saída 1K
• 11:45 Saída Chiquiceltas
ENTREGA DE TROFEOS
• 12:30 h – Estadio Abanca Balaidos (Este horario poderá ser modificado pola organización)
ENTREGA MOCHILAS CORREDORES 10K e 5K Na rúa Velázquez Moreno, lateral de A Sede – Furgoneta do RC Celta – serán trasladadas a Balaidos para a súa devolución ao remate da proba.
10. Ao longo do percorrido a organización establecerá os puntos de control que estime oportunos, podendo descualificar a calquera participante que realice algunha irregularidade no trazado da proba ou actúe de forma antideportiva.
11. Premios: Todas as categorías obterán medalla ata os tres primeiros clasificados. Chiquiceltas non é unha proba competitiva, pero todos os participantes levarán uma medalla.
12. Avituallamento: Porase a disposición dos participantes avituallamento líquido e sólido na zona de meta.
13. A organización non se fará responsable de danos morais e materiais que así mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes, e todo o non previsto neste regulamento resolverase de acordo ao regulamento en vigor.
14. A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil. Todos os participantes disporán de seguro de accidentes para o día da carreira contratado pola organización.
15. Conforme á L.O. 15/1999, informamos que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, cuxo responsable é Fundación Celta de Vigo, con domicilio social en Rúa do Príncipe 44, 36202 Vigo (Pontevedra).
16. En cumprimento do disposto no Regulamento (UE) 2016/679, Xeral de Protección de Datos (RXPD), e na Lei Orgánica 3/2018, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), informámoslle de que os seus datos persoais serán tratados pola Fundación Celta de Vigo, con domicilio social na Rúa do Príncipe 44, 36202 Vigo (Pontevedra), na súa condición de responsable do tratamento.
Os datos facilitados serán tratados coas seguintes finalidades: (i) xestionar a súa inscrición e participación na carreira Invasión Celeste; e (ii) no caso de que outorgue o seu consentimento expreso mediante a marcación da casiña habilitada para tal efecto, remitirlle comunicacións comerciais, promocionais ou informativas relacionadas con actividades, eventos ou servizos vinculados á organización. A base xurídica do tratamento é a execución do contrato de inscrición para a carreira e, se é o caso, o consentimento expreso para o envío de comunicacións comerciais, que poderá ser retirado en calquera momento sen afectar á licitude do tratamento previo á súa retirada.
Os seus datos poderán ser comunicados a terceiros que interveñan na organización e xestión do evento, os cales actuarán en calidade de encargados do tratamento en virtude dos correspondentes contratos subscritos conforme á normativa vixente. Os datos persoais conservaranse durante o tempo necesario para a xestión da inscrición e participación no evento e, posteriormente, durante os prazos legalmente establecidos para atender posibles responsabilidades derivadas do tratamento.
Poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade dos datos mediante solicitude dirixida ao correo electrónico lopd@celta.gal. Así mesmo, ten dereito a presentar unha reclamación ante a Autoridade de Control competente.
17. Polo mero feito de inscribirse, o participante ou o representante legal do menor participante declara o seguinte: «Atópome en estado de saúde óptimo para participar na Carreira da Fundación Celta de Vigo. Comprométome, durante o desenvolvemento da competición, a contribuír na medida do posible coa Organización para evitar accidentes persoais. Autorizo ademais a que a organización faga uso publicitario de fotos, vídeos e calquera outro tipo de material audiovisual no que poida figurar, aceptando a publicación do meu nome na clasificación da proba, nos medios de comunicación e/ou internet, sen esperar pago, compensación ou retribución algunha por este concepto.