DESCRICIÓN
O Trail Salvamontes volve no 2026 cunha nova edición organizada pola Comunidade de Montes en Man Común de Tameiga. O evento deportivo terá lugar o Domingo 1 de novembro de 2026 ás 10h e nesta ocasión contará con tres probas que se levarán a cabo de forma simultánea:
-Trail: A proba raíña. Para os que senten o monte nas pernas e o desafío no peito. 16’5K de percorrido a través dos montes de Tameiga cun desnivel positivo de 670m. Esixe, emociona e
recompensa.
-Trailiño: O primeiro gran paso. Ideal para quen quere estrear os seus pés no mundo do trail con 10K de bosque, monte, subidas e baixadas cun desnivel positivo de 365m.
Todo o evento, incluído a saída e a chegada das probas, terán lugar no Centro Social Cultural e Deportivo As Pedriñas, en Tameiga. A saída de ambas probas será simultánea ás 10h.
CONDICIÓNS
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO E DA ÉTICA DA CARREIRA
A participación dos eventos Team Relay S.L. implica a aceptación expresa e sen reserva do presente
regulamento, da ética do evento e das instrucións transmitidas polo organizador.
DEFINICIÓN DA PROBA
- TRAIL SALVAMONTES
• Modalidade competitiva cunha distancia de 16,5km.
• Desnivel positivo aproximado 670 m.
• Dificultade técnica: Media-Alta
• Dificultade física: Media-Alta
• 1 avituallamento en carreira (líquidos + sólido)
• 1 avituallamento final de carreira na zona de meta (líquido + sólido)
- TRAILIÑO
• Modalidade competitiva cunha distancia de 10km.
• Desnivel positivo aproximado 365m.
• Dificultade técnica: Baixa
• Dificultade física: Media
• 1 avituallamento en carreira (líquidos)
• 1 avituallamento final de carreira na zona de meta (líquido + sólido)
CATEGORÍAS E PREMIOS
- TRAIL SALVAMONTES E TRAILIÑO
A modalidade do evento é libre, podendo participar tanto federados como non federados. A idade
mínima para participar será de 18 anos no día da proba. Calquera problema ca inscrición
comunicalo a través do correo e info@magmasports.es
• CATEGORÍA SÉNIOR MASCULINO E FEMININO (18 anos ata 39 anos no día da proba) Premios 1º, 2º y 3º
• CATEGORÍA VETERANO A MASCULINO E FEMININO (40 anos – 49 anos no día da proba) Premios 1º, 2º y 3º
• CATEGORÍA VETERANO B MASCULINO E FEMININO (50 anos en diante): Premios 1º, 2º y 3º
A entrega de premios realizarase ás 12:45 h na zona da meta. Pode adiantarse ou atrasarse a criterio
da organización co fin de favorecer a dinámica do evento.
AVITUALLAMENTOS
TRAIL SALVAMONTES
1 avituallamento líquido + sólido
1 avituallamento final de carreira na zona de Meta
TRAILIÑO
1 avituallamento líquido
1 avituallamento final de carreira na zona de Meta
Os avituallamentos poderían sufrir cambios de localización e número, en todo caso serían comunicados aos corredores. Coa finalidade de evitar xerar residuos, os alimentos das zonas de
avituallamento non terán envases, os vasos non poderán saír das zonas de avituallamentos, provistas de contedores para o seu depósito. Os participantes que porten envases ou residuos deberán cargar con eles ata depositalos no avituallamento máis próximo ou na meta.
INSCRICIÓNS
O Trail terá un prezo especial de 12€ dende o 1 de agosto ata o 31 de agosto. O prezo pasará a 18€ dende o 1 de setembro ata o 28 de outubro ás 22:00:00 (peche das inscricións).
O Trailiño terá un prezo especial de 10€ dende o 1 de agosto ata o 31 de agosto. O prezo pasará a 15€ dende o 1 de setembro ata o 28 de outubro ás 22:00:00 (peche das inscricións).
A inscrición realizarase online a través da web www.magmasports.es realizando o ingreso a través da pasarela de pago mediante tarxeta bancaria ou bizum.
Poderase solicitar a devolución do importe da inscrición ata o momento de peche das mesmas, cunha penalización do 50% en concepto de xestión de inscrición. A partir do 30 de outubro non se realizarán devolucións. Para activar o proceso de cancelación das inscricións é necesario enviar un correo a empresa de xestión das inscricións info@magmasports.es indicando o motivo polo que se contacta. A organización realizará a devolución antes da celebración do evento
DORSAIS E TRANSPONDER
A retirada de dorsais será o sábado 31 de outubro dende as 16h ata as 20h na cafetería da comunidade de montes de Tameiga e o domingo 1 de novembro na zona de saída dende as 8:30h ata as 09:30h.
Os dorsais unha vez asignados son persoais e intransferibles, debendo colocarse na camiseta, fixación mediante imáns, imperdibles ou cinta porta-dorsal, permanecendo sempre visible.
A cada corredor asignaráselle un transponder que retirará xunto ao seu dorsal o día da proba.
CARACTERÍSTICAS DETALLADAS
• Saída e chegada no Centro social cultural e deportivo As Pedriñas que se considerará “zona cero”
• Amplo aparcamento na zona de meta
• Dorsal personalizado + transponder pasivo
• Pantalla na zona de meta con resultados en directo
• Avituallamento intermedio, líquido e sólido
• Avituallamento final (diferentes produtos que estime a organización)
• Asistencia médica
• Seguro deportivo
• Vehículo escoba (estableceranse diferentes puntos de recollida)
• C. público na zona de meta
• Vestiario, aseos e ducha ao finalizar a proba nos vestiarios do centro cultural.
• Servicio de gardarroupa na zona de meta
• Agasallo aos inscritos ata o 27 outubro.
TEMPO MÁXIMO
O tempo máximo para o Trail e o Trailiño será de 3 horas dende a saída, transcorrido ese tempo, segundo a previsión ás 13h pecharase o control da chegada. Existirá un control de paso e tempo de corte, que se establecerá cando o circuíto sexa definitivo e comunicarase por redes e correo.A organización resérvase o dereito de poder retirar o dorsal a calquera participante que non pase o control antes do tempo límite establecido e desta maneira poder continuar pola sua conta e risco e sen ningún tipo de apoio por parte da organización. O tempo máximo para a proba será ata ás 13h coincidindo co peche do control da chegada. Os participantes que non terminarán no tempo establecido pola organización quedarán descualificados por este motivo. É responsabilidade de cada participante seguila ruta correcta da etapa, para o cal a organización sinalará cos mellores medios dispoñibles os enclaves conflitivos de cada unha delas e será motivo de descualificación non seguilo trazado designado.
A organización resérvase a posibilidade de cancelación por causa xustificada e tamén o cambio de datas e lugares de celebración, o cal será sempre comunicado con antelación.
ABANDONOS
Dende a organización esperamos e desexamos que todos e todas poidades finalizar e desfrutedes desta proba. Todo participante que abandone deberá notificar o seu abandono a organización cando sexa posible. Calquera participante que manifeste mal estado físico, poderá ser retirado da proba pola Organización.
SINALIZACIÓN
Establecerase sinalización mediante paneis e cintas. O recorrido da proba non estará totalmente cortado ao tráfico polo que haberá persoal da Organización nos puntos máis perigoso o sinalización.
Todos los participantes están obrigados a cumprir las normas de circulación viaria, sendo los únicos responsables de las infraccións que puideran cometer.
Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba son os designados pola organización. Queda prohibido seguir os participantes en coche, quad, moto ou bicicleta polo perigo que pode supoñer.
Por respecto aos demais e por seguridade de todos non se permite a compañía de animais durante la proba.
EMERXENCIAS
Durante toda a proba haberá un teléfono de contacto para comunicar calquera tipo de emerxencia (accidente, recollida de corredor, perda, abandono da proba, etc). Recomendamos gardar o teléfono de emerxencias nos contactos do teléfono, a comunicación inicial debe ser mediante chamada, pero é posible que despois de falar con emerxencias, a comunicación continúe a través do whatsapp para realizar localización a través da localización.
O teléfono de emerxencias será visible no dorsal do corredor.
MATERIAL RECOMENDABLE
• Roupa e accesorios apropiados para a práctica do trail de montaña e as condicións climáticas
no día del evento
• Reserva alimentaria (líquida e sólida)
• Teléfono con suficiente batería.
RECLAMACIÓNS
No suposto que algún participante non estea de acordo ca clasificación, deberá dirixirse ao director da carreira e expoñer as alegacións que considere oportunas.
Poderase presentar reclamacións referentes ás clasificacións provisionais ata 10 minutos despois da súa publicación. A decisión do director da carreira será inapelable.
SANCIÓNS
Si se observara algunha irregularidade/infracción, a Organización advertirá da mesma ao corredor infractor cando sexa posible, reservándose o dereito a descualificalo, comunicándollo ao director da carreira e asumindo o infractor a responsabilidade derivada da infracción cometida.
Os corredores descualificados non terán opción aos premios e trofeos.
Non serán admitidos pola Organización corredores que non estean inscritos ou corran sen dorsal ou chip, impedindo que teñan aceso a carreira.
INFRACCIÓNS
• Non auxiliar ou socorrer a outro participante que se atopen en perigo ou accidentado.
• Realizar calquera acción voluntaria que poida prexudicar ao entorno natural.
• Arroxar residuos durante o percorrido fóra dos depósitos previstos pola organización.
• Non realizar o percorrido completo.
• Non levar o dorsal, manipulalo ou cedelo a outra persoa
• Alterar os datos facilitados a organización con respecto aos que figuren no D.N.I ou N.I.E.
• Comportamento non deportivo ou non respectuoso cos organizadores, colaboradores,
público ou outros participantes.
• Responsabilidade ou participación neglixente nun accidente no que se vexa envolto outro
participante.
• Calquera outro motivo non reflectido entre os puntos anteriores que se considere
sancionable pola organización.
CAMBIOS
A organización reservase o dereito a realizar calquera cambio por necesidades organizativas ou polo beneficio dos participantes, debendo comunicalo aos mesmos antes da saída cando sexa posible.
Ademais poderá suspender e aprazar a proba si se observa un risco para a seguridade dos participantes, por causa de forza maior, por condiciones meteorolóxicas extremas que o
desaconsellen. Calquera modificación notificarase debidamente.
RESPONSABILIDADE
Cada participante no momento da súa inscrición manifesta encontrarse en forma física e psíquica adecuada para afrontar o reto desta proba e asume o risco derivado desta práctica deportiva.
A organización no se fai responsable dos danos, prexuízos ou lesións que os participantes poidan sufrir ou causar a terceiros, como tampouco dos gastos, débedas ou danos que poidan contraer durante o evento.
A organización ten subscrito un seguro de R.C. e outro de accidentes para todos os participantes debidamente inscritos, que cubrirán as incidencias inherentes a proba.
Quedan excluídos da póliza os casos derivados dun padecemento latente, inobservancia das leis, imprudencia, ou os producidos por desprazamento a, ou dende o lugar no que se desenvolta a proba.
ACEPTACIÓN, PRIEGO DE DESCARGO DE RESPONSABILIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS
Os participantes, polo feito de inscribirse libre e voluntariamente, declaran coñecer e aceptar plenamente o presente Regulamento e autorizan a que Organización faga uso publicitario de fotos, vídeos e calquera outro tipo de material audiovisual no que poida figurar eu e acompañantes e outros corredores que eu inscriba, debendo notificalos de dita cesión ou autorización, e aceptando a publicación de nomes e apelidos na clasificación da proba, nos medios de comunicación e/ou Internet, sen esperar pago, compensación ou retribución algunha por este concepto.
Ao inscribirse no TRAIL SALVAMONTES, os participantes dan o seu consentimento para que TEAM RELAY ou calquera outro patrocinador da proba, por si mesmos ou mediante terceiras
entidades, poidan almacenar, tratar e usar no seu nome así como a su imaxe recollida dentro da proba mediante fotografías, vídeos, ou calquera outro soporte.
De acordo co que se establece na Ley Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, da protección de Datos de Carácter Persoal, todos os datos persoais facilitados polos participantes e as imaxes obtidas no desenrolo da carreira serán almacenadas en ficheiros da entidade TEAM RELAY, coa finalidade de xestionar a participación na carreira, así como a promoción, a distribución, e a difusión da mesma. Podendo en calquera momento exercer os dereitos de aceso, rectificación, cancelación e oposición enviando un escrito acompañado do seu DNI ao mail: info@magmasports.es
A efectos de notificación todo corredor inscrito autoriza como medio de notificación legal o correo electrónico ou móbil.