REGULAMENTO ÉRGUETE E CORRE 2025
A Asociación Érguete organiza a carreira popular Érguete e Corre o día 30 de novembro na cidade de Vigo, con saída e meta na cuberta do Centro Comercial Vialia Vigo.
2. A carreira terá un percorrido de 5 km, na que os participantes darán 1 ou 2 voltas, en función da categoría e modalidade na que participen.
3.A proba contará con cinco modalidades:
- Carreira Érguete Peques.
- Carreira de 10 km cronometrada (2 voltas o percorrido)
- Carreira de 5 km cronometrada (1 volta o percorrido)
- Érguete Bicis. (1 volta o percorrido)
- Andaina 5 km. (1 volta o percorrido)
4.A hora de comezo das diferentes modalidades será a seguinte:
- Carreira Érguete Peques: 10:00 h.
- Carreira Érguete Bicis 5K: 10:55 h.
- Carreira 10K e 5K: 11:00 h.
- Andaina 5K: 11:00 h.
5.As inscricións poderanse realizar cubrindo o formulario dispoñible na web www.magmasports.es ata o mércores 26 de novembro de 2025 ás 23:59 h.
As cotas de inscrición son as seguintes:
- Carreira Érguete Peques: 3 €
- Carreira Érguete Bicis 5K (1 volta ao percorrido): 10 €
- Carreira 10K e 5K (2/1 voltas ao percorrido): 10 €
- Andaina 5K: 10 €
6.CATEGORÍAS ÉRGUETE E CORRE 2025
Categorías en 5K
Absoluta masculina e femenina.
|
Categoría
|
ano de nacemento
|
|
|
Infantil
|
2010 - 2013
|
12 - 15 anos
|
|
Sub 19
|
2006 - 2009
|
16 - 19 anos
|
|
F-1 / M-1
|
1986 - 2005
|
20 - 39 anos
|
|
F-2 / M-2
|
1976 - 1985
|
40 - 49 anos
|
|
F-3 / M-3
|
1966 - 1975
|
50 - 59 anos
|
|
F-4 / M-4
|
1961 - 1965
|
60 - 64 anos
|
|
F-5 / M-5
|
1956 - 1960
|
65 - 69 anos
|
|
F-6 / M-6
|
1955 ou anteriores
|
+ de 70
|
Categorías en 10K
Absoluta masculina e femenina.
|
Categoría
|
ano de nacemento
|
|
|
Sub 19
|
2006 - 2009
|
16 - 19 anos
|
|
F-1 / M-1
|
1986 - 2005
|
20 - 39 anos
|
|
F-2 / M-2
|
1976 - 1985
|
40 - 49 anos
|
|
F-3 / M-3
|
1966 - 1975
|
50 - 59 anos
|
|
F-4 / M-4
|
1961 - 1965
|
60 - 64 anos
|
|
F-5 / M-5
|
1956 - 1960
|
65 - 69 anos
|
|
F-6 / M-6
|
1955 ou anteriores
|
+ de 70
|
Érguete Bicis
- Sen categorías: todolos participantes compiten xuntos, sen agrupación por idade.
Érguete Andaina
- Sen categorías: participación libre, sen diferenciación por idade.
Érguete Peques
|
Categoría
|
ano de nacemento
|
|
|
Sub 12
|
2014 - 2015
|
10 - 11 años
|
|
Sub 10
|
2016 - 2017
|
8 - 9 años
|
|
Sub 8
|
2018 - 2019
|
6 - 7 años
|
|
Sub 6
|
2020 - 2021
|
4 - 5 años
|
|
Sub 4
|
2022 y posteriores
|
3 años o menos
|
- A recollide de dorsais realizarase o día anterior á carreira, no Centro Comercial Vialia, desde as 11:00h ata as 20.00h.E tamén o mesmo día da carreira desde 9:00h ata media hora antes do comezo da modalidade correspondente, na zoa de saída/meta.
8. A organización facilitará servizo de gardarroupa na zona de saída/meta.
9. O sistema de cronometraxe será proporcionado por TEAM RELAY, S.L., tendo como puntos de control a saída e a meta.O uso incorrecto do chip implica non aparecer na clasificación da proba.
10. Todas as persoas participantes estarán amparadas por unha póliza de responsabilidade civil e accidentes deportivos, excluíndo os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou incumprimento das normas e leis aplicables, así como calquera outra circunstancia excluída da póliza.Tamén quedan excluídos posibles accidentes durante os desprazamentos.As persoas participantes aceptan formar parte da carreira baixo a súa exclusiva responsabilidade e propio risco.No momento da inscrición, cada participante manifesta atoparse fisicamente apto/a para completar o percorrido da proba.A organización e as empresas colaboradoras declinan toda responsabilidade polos danos que os participantes poidan ocasionar durante a proba, tanto a si mesmos como a terceiros, por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física.
11.A organización resérvase o dereito de facer modificacións por necesidades organizativas ou polo beneficio das persoas participantes, debendo comunicalas antes da saída cando sexa posible.
Así mesmo, poderá suspender ou aprazar a proba se existe risco para a seguridade das persoas participantes, por causa de forza maior ou por condicións meteorolóxicas extremas. Calquera modificación será debidamente notificada.
12. Resérvase o dereito de retirar durante a carreira a calquera participante que manifeste mal estado físico, non realice o percorrido completo, non leve dorsal ou manifeste un comportamento antideportivo.
13. Polo mero feito da inscrición, a persoa participante recoñece e acepta que as súas fotografías poderán ser publicadas na web oficial da carreira e nas redes sociais, cunha finalidade estritamente divulgativa do evento.Así mesmo, recoñece e garante que posúe a capacidade legal de representación do menor que inscribe, e autoriza a publicación das fotografías nas que dito menor poida aparecer.
14. Á chegada á meta ofrecerase a todas as persoas participantes, independentemente da modalidade, un avituallamento con froita e bebida.
15. Coa aceptación deste regulamento, as persoas participantes aceptan e consinten expresamente o tratamento dos seus datos persoais. De conformidade co Regulamento (UE) 2016/679 e coa Lei Orgánica 3/2018, infórmase de que a Asociación Érguete é a responsable do tratamento dos datos, que se empregan para xestionar as inscricións, consultas e participación na carreira.Poderase solicitar o acceso, rectificación ou supresión dos datos, así como exercitar outros dereitos consultando a Política de Privacidade dispoñible en: https://asociacionerguete.org/es/