REGULAMENTO ÉRGUETE E CORRE 2026
28 de novembro de 2026 · Vigo
A Asociación Érguete organiza a carreira popular Érguete e Corre 2026 co obxectivo de promover a participación deportiva e solidaria nun evento aberto a diferentes idades e modalidades.
Datos principais
|
Campo
|
Información
|
|
Data
|
Sábado, 28 de novembro de 2026
|
|
Lugar
|
Bouzas. Adxuntase plano
|
|
Percorrido
|
Circuíto de 5 km por volta
|
|
Inscricións
|
Ata o mércores, 25 de novembro de 2026, ás 23:59 h en www.magmasports.es
|
|
Recollida de dorsais
|
Venres: 16:00-20:00 h no Centro Comercial Vialia.
Sábado: dende as 9:00 h ata media hora antes da modalidade correspondente.
|
Organización e percorrido
- A Asociación Érguete organiza a carreira popular Érguete e Corre o día 28 de novembro de 2026, con saída e meta na alameda de Bouzas .
- A carreira terá un percorrido de 5 km/10 km. As persoas participantes darán 1 ou 2 voltas en función da categoría e da modalidade na que participen.
Modalidades, horarios e inscricións
- A proba contará coas seguintes modalidades:
|
Modalidade
|
Hora
|
Percorrido
|
Cota
|
|
Carreira Érguete Peques
|
10:00 h
|
Segundo categoría
|
3 €
|
|
Érguete Bicis 5K
|
10:55 h
|
1 volta ao percorrido
|
10 €
|
|
Carreira 10K (cronometrada)
|
11:00 h
|
2 voltas ao percorrido
|
10 €
|
|
Carreira 5K (cronometrada)
|
11:00 h
|
1 volta ao percorrido
|
10 €
|
|
Andaina 5K
|
11:00 h
|
1 volta ao percorrido
|
10 €
|
- As inscricións poderán realizarse cubrindo o formulario dispoñible na web www.magmasports.es ata o mércores, 25 de novembro de 2026, ás 23:59 h.
Categorías Érguete e Corre 2026
Categorías en 5K absoluta masculina e feminina
|
Categoría
|
Ano de nacemento
|
Idade
|
|
Infantil
|
2011 - 2014
|
12 - 15 anos
|
|
Sub 19
|
2007 - 2010
|
16 - 19 anos
|
|
F-1 / M-1
|
1987 - 2006
|
20 - 39 anos
|
|
F-2 / M-2
|
1977 - 1986
|
40 - 49 anos
|
|
F-3 / M-3
|
1967 - 1976
|
50 - 59 anos
|
|
F-4 / M-4
|
1962 - 1966
|
60 - 64 anos
|
|
F-5 / M-5
|
1957 - 1961
|
65 - 69 anos
|
|
F-6 / M-6
|
1956 e anteriores
|
70 anos ou máis
|
Categorías en 10K absoluta masculina e feminina
|
Categoría
|
Ano de nacemento
|
Idade
|
|
Sub 19
|
2007 - 2010
|
16 - 19 anos
|
|
F-1 / M-1
|
1987 - 2006
|
20 - 39 anos
|
|
F-2 / M-2
|
1977 - 1986
|
40 - 49 anos
|
|
F-3 / M-3
|
1967 - 1976
|
50 - 59 anos
|
|
F-4 / M-4
|
1962 - 1966
|
60 - 64 anos
|
|
F-5 / M-5
|
1957 - 1961
|
65 - 69 anos
|
|
F-6 / M-6
|
1956 e anteriores
|
70 anos ou máis
|
Érguete Bicis
Sen categorías: todas as persoas participantes compiten xuntas, sen agrupación por idade.
Érguete Andaina
Sen categorías: participación libre, sen diferenciación por idade.
Érguete Peques
|
Categoría
|
Ano de nacemento
|
Idade
|
|
Sub 12
|
2015 - 2016
|
10 - 11 anos
|
|
Sub 10
|
2017 - 2018
|
8 - 9 anos
|
|
Sub 8
|
2019 - 2020
|
6 - 7 anos
|
|
Sub 6
|
2021 - 2022
|
4 - 5 anos
|
|
Sub 4
|
2023 e posteriores
|
3 anos ou menos
|
Dorsais, servizos e cronometraxe
- A recollida de dorsais realizarase o día anterior á carreira no Centro Comercial Vialia, desde as 16:00 h ata as 20:00 h. Tamén poderá realizarse o mesmo día da carreira desde as 9:00 h ata media hora antes do comezo da modalidade correspondente, na zona de saída e meta.
- A organización facilitará servizo de gardarroupa na zona de saída e meta.
- O sistema de cronometraxe será proporcionado por TEAM RELAY, S.L., tendo como puntos de control a saída e a meta. O uso incorrecto do chip implica non aparecer na clasificación da proba.
Seguridade, responsabilidade e cambios
- Todas as persoas participantes estarán amparadas por unha póliza de responsabilidade civil e accidentes deportivos, excluíndo os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou incumprimento das normas e leis aplicables, así como calquera outra circunstancia excluída da póliza. Tamén quedan excluídos posibles accidentes durante os desprazamentos.
- As persoas participantes aceptan formar parte da carreira baixo a súa exclusiva responsabilidade e propio risco. No momento da inscrición, cada participante manifesta atoparse fisicamente apto ou apta para completar o percorrido da proba.
- A organización e as empresas colaboradoras declinan toda responsabilidade polos danos que as persoas participantes poidan ocasionar durante a proba, tanto a si mesmas como a terceiros, por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física.
- A organización resérvase o dereito de facer modificacións por necesidades organizativas ou polo beneficio das persoas participantes, debendo comunicalas antes da saída cando sexa posible. Así mesmo, poderá suspender ou aprazar a proba se existe risco para a seguridade das persoas participantes, por causa de forza maior ou por condicións meteorolóxicas extremas. Calquera modificación será debidamente notificada.
- A organización resérvase o dereito de retirar durante a carreira a calquera participante que manifeste mal estado físico, non realice o percorrido completo, non leve dorsal ou manifeste un comportamento antideportivo.
Imaxe, avituallamento e protección de datos
- Polo mero feito da inscrición, a persoa participante recoñece e acepta que as súas fotografías poderán ser publicadas na web oficial da carreira e nas redes sociais, cunha finalidade estritamente divulgativa do evento. Así mesmo, recoñece e garante que posúe a capacidade legal de representación do menor que inscribe, e autoriza a publicación das fotografías nas que dito menor poida aparecer.
- Á chegada á meta ofrecerase a todas as persoas participantes, independentemente da modalidade, un avituallamento con froita e bebida.
- Coa aceptación deste regulamento, as persoas participantes aceptan e consenten expresamente o tratamento dos seus datos persoais. De conformidade co Regulamento (UE) 2016/679 e coa Lei Orgánica 3/2018, infórmase de que a Asociación Érguete é a responsable do tratamento dos datos, que se empregan para xestionar as inscricións, consultas e participación na carreira. Poderase solicitar o acceso, rectificación ou supresión dos datos, así como exercitar outros dereitos consultando a Política de Privacidade dispoñible en https://asociacionerguete.org/es/.
