A andaina celebrase o día 12 de xaneiro de 2025, terá inicio no Centro Cultural de Castro Barreiro as 10:30 h. O percorrido será de 8 km aproximadamente pola contorna, onde poderás gozar de unha paisaxe fermosa nun entorno moi natural.
O prezo da inscrición é de 6€ e o prazo remata o 9 de xaneiro de 2025. Unha porcentaxe da inscrición está destinada a Asociación “Bicos de Papel”. Ademais poderás doar a cantidade que consideres.
En caso de non poder participar, pero gustaríache doar, poderás facelo a través do DORSAL O = DORSAL SOLIDARIO. A infancia de oncoloxía do Álvaro Cunqueiro agradeceracho.
A inscrición da dereito, ademais da participación no evento, ao seguinte:
- Unha tapa de callos, pan, viño e sobremesa.
- Bolsa con auga e froita.
- Servizo de gardarroupa.
- Agasallo da Asociación “Bicos de Papel” por ter colaborado ca infancia de oncoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro coa túa inscrición.
A organización trata de promover unha actividade popular e saudábel que ademais sensibilice contra a enfermidade do cancro na infancia e tamén que potencie o mensaxe sobre a importancia de doar a favor da investigación que consigue loitar e eliminar a mortalidade provocada pola enfermidade. Intentase promover un evento en familia o cal podes asistir inscribíndote na páxina www.carnavalcastrobarreiro.es ou na Cantina do Centro Cultural de Castro Barreiro, Salceda de Caselas.
POLÍTICA DE CANCELACIÓNS:
Non se admitirán cancelacións unha vez realizada a inscrición.
RESPONSABILIDADE:
Poderán participar na Andaina todas as persoas que estean correctamente inscritas en tempo e forma que estipula a organización.
Solicitase responsabilidade na participación de esta andaina e que se inscriban persoas que sexan capaces de camiñar 8 quilómetros seN ningún tipo de problema.
As inscrición de menores de idade realizaranse cumprindo as normas da organización, onde deben figurar a autorización a participación na andaina do pai/nai ou titor legal.
Coa inscrición, autoriza á organización a saír en calquera imaxe relacionada co evento.
Coa aceptación de este regulamento, cada inscrito faise responsable da participación no mesmo, manifestando así mesmo, no momento da inscrición, que se atopa en plenas facultades físicas e mentais para participar na proba, así como se declara non padecer ningún tipo de enfermidade que incapacite para a práctica deportiva.