Carrera Popular|

XXXVII CARREIRA NOCTURNA DE SAN XOÁN

  • Organizador evento

    Agrupación Viguesa de Atletismo

  • Fecha del evento

    23-06-2022

Descripción

Fai xa 39 anos de que a Agrupación Viguesa de Atletismo organizou a primeira edición da Carreira Nocturna de San Xoán. En todos estes anos transcurridos sempre estivemos na saida da que xa é unha das máis tradicionais carreiras populares da cidade e de Galicia, tanto pola dilatada traxectoria ó longo dos anos como pola singularidade da mesma.

          A situación destes dous últimos anos nos ten sobrecollidos a todos a causa do COVID-19, coas limitacións vinculadas tivemos que suspender a celebración das edicións 2020 e 2021.

          Por fin podemos retomar esta longa tradición celebrando a que este año será  a XXXVII edición da carreira.

          Non podemos esquecernos de todos os que nestes años sempre estiveron con nós apoiando este proxecto. Concello de Vigo, Deputación de Pontevedra, Coca Cola, Zunfer Motobombas, Asociación de Veciños do Casco Vello e demáis patrocinadores do AVA, sen os cales no poderíamos ter chegado a estas alturas. Esperamos seguir contando con todos eles neste reinicio da actividade, recuperando a tradición da Nocturna de San Xoan.

          Deste xeito ecuperaremso a tradición de celebrar o solsticio correndo poal cidade o 23 pola noitiña, rematando a carreira co inicio da celebarción de unha daas nosas máis arraigadas tradicións, que coa colaboración da Asociación de Veciños do Casco Vello, remataremso con unha sardiñada, como manda a tradición.

          Estamos seguros que, un ano máis, contaremos con unha gran participación de corredores, mantendo e incluso superando os máis de 800 participantes que temos consolidados en todas a edicións. Queremos chegar os 1000 corredores.

 

REGULAMENTO

  1. Co patrocinio e colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra, a Agrupación Viguesa de Atletismo organiza a XXXVII Carrera Nocturna de San Xoán, a celebrar o 23 de xuño de 2022 en Vigo.

Esta carreira está incluida no Circuito de Carreiras RUNRUN VIGO do Concello de Vigo.

 

  1. A carreira dispútase nun circuíto urbán de aproximadamente 7,7 km con saída ás 21:00 dende a Praza do Rei, e co seguinte percorrido: Camelias, Romil, Pi i Margall, López Mora, Bar Boo, Avda de A Coruña, Tomás A. Alonso, Paulino Freire, Beiramar, finalizando diante dos soportais da praza do Berbés.

 

  1. Poderán participar cantas persoas maiores de 14 anos o desexen estén ou non federadas. As inscricións formalizaranse no sitio web de RUN RUNVIGO (http://runrunvigo.com) , ata o 20 de xuño ás 23:59 horas. Non se admitirán inscripcións o día da carreira.

 

  1. A cuota de inscripción é de 8 €.

 

  1. Os atletas participarán cos dorsais e chip que se entregarán o 22 de xuño na tenda DECATHLON do Parque Comercial do Meixueiro en horario de 12:00 a 14:00 y de 18:00 a 21:00, e o 23 de xuño de 19:00 a 20:15 na Lonxa do Concello de Vigo (Praza do Rei). Non se entregarán imperdibles, cada participante deberá traer os seus.

 

  1. Concederánse trofeos ós tres primeiros e primeiras clasificadas por cada unha das seguintes categorías: tanto en homes como mulleres

 

Femininas

Masculinas

Ano de nacemento

 F-0

M-0

Entre 2003-2007 (ambos incluídos)

 F-1

 M-1

Entre 1983-2002 (ambos incluídos)

F-2

M-2

Entre 1973-1982 (ambos incluídos)

F-3

M-3

Entre 1963-1972 (ambos incluídos)

F-4

M-4

Entre 1958-1962 (ambos incluídos)

F-5

M-5

1957 ou anteriores

  1. PREMIOS:

   A Organización entregará un xamón ó primeiro e á primeira da clasificación xeral, e unha paletilla ós/ás  primeiras/os de cada categoría agás os vencedores absolutos. Haberá un sorteo de agasallos entre as/os participantes.  Tamén haberá sardiñas asadas para as/os participantes ó remate da carreira, recibindo estos/as un tícket á entrada en meta para dita sardiñada.

 

  1. Colaboran neste evento; a Asociación de veciños do Casco Vello, Coca Cola, Cofradía de pescadores San Francisco, Autoescolas Faro-Paso-Salaberri, Policía Local de Vigo, Protección Civil de Vigo, Fundación VODEA, DECATHLON, Porto de Vigo, Visual Publinet, Clínica Dentfor, Frutas Sol, Balneario de Mondariz e Zunfer S.A..

 

  1. A Organización ten contratado un seguro de accidentes para as/os participantes da proba.

Inscripción

  • La inscripción ha finalizado.