XXXIX CARREIRA NOCTURNA DE SAN XOÁN
1. Co patrocinio e colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra, a Agrupación Viguesa de Atletismo organiza a XXXIX Carrera Nocturna de San Xoán, a celebrar o 23 de xuño de 2023 en Vigo.
Esta carreira está incluida no Circuito de Carreiras RUNRUN VIGO do Concello de Vigo.
2. A carreira dispútase nun circuíto urbán de aproximadamente 7,7 km con saída ás 21:00 dende a Praza do Rei, e co seguinte percorrido: Camelias, Romil, Pi i Margall, López Mora, Bar Boo, Avda de A Coruña, Tomás A. Alonso, Paulino Freire, Beiramar, finalizando diante dos soportais da praza do Berbés.
3. Poderán participar cantas persoas maiores de 14 anos o desexen estén ou non federadas. As inscricións formalizaranse no sitio web de RUN RUNVIGO (http://runrunvigo.com) , ata o 20 de xuño ás 23:59 horas. Non se admitirán inscripcións o día da carreira.
4. A cuota de inscripción é de 10 €.
5. Os atletas participarán cos dorsais e chip que se entregarán o 22 de xuño na tenda DECATHLON do Parque Comercial do Meixueiro en horario de 12:00 a 14:00 y de 18:00 a 21:00, e o 23 de xuño de 19:00 a 20:15 na Lonxa do Concello de Vigo (Praza do Rei). Non se entregarán imperdibles, cada participante deberá traer os seus.
6. Concederánse trofeos ós tres primeiros e primeiras clasificadas por cada unha das seguintes categorías: tanto en homes como mulleres
Categorías RUNRUNVIGO:
Masculino 0/Femenino 0 (2004 hasta 2008)
Masculino 1/Femenino 1 (1984 hasta 2003)
Masculino 2/Femenino 2 (1974 hasta 1983)
Masculino 3/Femenino 3 (1964 hasta 1973)
Masculino 4/Femenino 4 (1959 hasta 1963)
Masculino 5/Femenino 5 (1958 o anteriores)
7. PREMIOS:
A Organización entregará un xamón ó primeiro e á primeira da clasificación xeral, e unha paletilla ós/ás primeiras/os de cada categoría agás os vencedores absolutos. Haberá un sorteo de agasallos entre as/os participantes. Tamén haberá sardiñas asadas para as/os participantes ó remate da carreira, recibindo estos/as un tícket á entrada en meta para dita sardiñada.
8. Colaboran neste evento; a Asociación de veciños do Casco Vello, Coca Cola, Cofradía de pescadores San Francisco, Autoescolas Faro-Paso-Salaberri, Policía Local de Vigo, Protección Civil de Vigo, Fundación VODEA, DECATHLON, Porto de Vigo, Visual Publinet, Clínica Dentfor, Frutas Sol, Balneario de Mondariz e Zunfer S.A.
9. A Organización ten contratado un seguro de accidentes para as/os participantes da proba.
Contacto organización:
Tel.: 986264799
e- Mail: ava.atletismo@gmail.com