Marcha BTT|

XIII KDD BTT DOS CALLOS

  • Organizador evento

    Nós Somos Nós

  • Fecha del evento

    10-01-2027

Descripción

A XIII KDD BTT DOS CALLOS

Rexerase a través do seguinte regulamento que é de obrigada
lectura e aceptación por parte de todos os participantes.
A asociación xuvenil "Nós Somos Nós" ten o pracer de presentar a "XIII BTT DOS CALLOS
2027".

A BTT dos Callos terá inicio no Centro Cultural de Castro Barreiro ás 09:30h.. Haberá dous
percorridos; un longo de 45Km e 1500m de desnivel aproximadamente, e un curto 36km e
1200m de desnivel aproximadamente.

A primeira parte do percorrido da BTT será por estrada pública, por elo, os participantes
teñen que respectar as normas de Seguridade Viaria.

O prezo varía dependendo da data de inscrición, tendo en conta dous rangos de prezos. O
primeiro rango comeza en 16€ e no último 22€. Explicado no punto 13 deste regulamento.
A inscrición da dereito, ademais da participación no evento, ao seguinte:
 Unha tapa de callos, viño, cervexa, pan e sobremesa.
 Seguros de RC e Asistencia Sanitaria.
 2 avituallamentos sólidos e líquidos. O primeiro avituallamento no km 23
aproximadamente, e o último en meta.
 Servizo de duchas.
 Servizo de lavado de bicicletas.
 Servizo de gardarroupas.
 Agasallo.


1. A XIII BTT DOS CALLOS realizarase o 10 de xaneiro do 2027.

2. A idade mínima para a ruta BTT é de 16 anos e até os 18 anos necesitarán a
autorización do pai, nai ou titor legal.

3. Os participantes menores de 18 anos deben ir acompañados por unha persoa
responsable e presentar unha autorización do pai, nai ou titor legal asinada.

4. A BTT dos Callos non é un evento competitivo. Os participantes deben manter o ritmo
que marque o grupo de cabeza e respectar os reagrupamentos establecidos.


5. Os participantes deben ter o nivel necesario para participar nun percorrido de
aproximadamente 35 km polo monte, de dificultade física e técnica media.


6. O uso do casco é obrigatorio. Calquera participante que non faga uso deste, será
expulsado inmediatamente.

7. Cada participante debe traer as pezas necesarias para resolver unha avaría: cámaras, bombín, etc.

8. Aínda que o percorrido estará debidamente sinalizado, o participante é o único responsable de cumprir coas directrices da organización e disposicións da Lei de Seguridade Viaria.

9. NON se admitirán inscricións no día da proba.

10. Queda terminantemente prohibido tirar lixo ao chan.

11. A taxa de inscrición non é reembolsable.

12. A participación non será permitida a calquera persoa non rexistrada.

13. A inscrición pecharase o 06/01/2027 ás 23:59, existindo a posibilidade dun prezo reducido ata o 5/12/2026 ás 23:59 de 16€, a partires desa data até o prazo final é de 22€.

14. A organización resérvase o dereito de modificar todo sobre itinerarios, horarios, re agrupacións, etc.

15. Durante a carreira disporase dunha ambulancia.

16. A existencia de medios sanitarios e de seguridade facilitados pola Organización, non exime aos corredores da obrigación de ofrecer asistencia a calquera outro participante que o necesite.

17. Ao mesmo tempo a Organización disporá de persoal (ciclista “escoba”/quad “escoba” ou moto "escoba") que irá pechando as carreiras tras o último ciclista. Ademais, a Organización colocará persoal para orientar e axudar aos participantes en todos aqueles puntos que considere que poden resultar conflitivos.

18. Asistencia máxima de 300 participantes para a ruta BTT.

19. Todos os participantes recibirán o agasallo da organización.

20. Os premios que se entregarán serán para:
 Trofeo ao club máis afastado.
 Trofeo ao club máis numeroso.
 Trofeo ao ciclista de maior idade.
21. A entrega dos dorsais (que tamén é o vale para os callos) realizarase o día 09/01/27 no lugar de saída no seguinte horario: 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 e no propio día a partires das 8:00 ata media hora antes da saída da proba.

22. A inscrición realizarase na páxina web da Organización: www.carnavalcastrobarreiro.com

23. Ao inscribirse para esta proba asúmese a aceptación destas normas e renuncia a calquera alegación contra a organización.


En Salceda de Caselas, a 01 de novembro de 2026

Inscripciones Realizadas

Apellido Nombre