Marcha BTT|

XII KDD BTT DOS CALLOS

  • Organizador evento

    Nós Somos Nós

  • Fecha del evento

    11-01-2026

Descripción

A XII KDD BTT DOS CALLOS

Rexerase a través do seguinte regulamento que é de obrigada lectura e aceptación por parte de todos os participantes. A asociación xuvenil "Nós Somos Nós" ten o pracer de presentar a "XII BTT DOS CALLOS 2026".

A BTT dos Callos terá inicio no Centro Cultural de Castro Barreiro ás 09:30h.. Haberá dous percorridos; un longo de 47Km e 1500m de desnivel aproximadamente, e un curto 37km e 1100m de desnivel aproximadamente.
A primeira parte do percorrido da BTT será por estrada pública, por elo, os participantes teñen que respectar as normas de Seguridade Viaria.

O prezo varía dependendo da data de inscrición, tendo en conta dous rangos de prezos. O primeiro rango comeza en 16€ e no último 22€. Explicado no punto 13 deste regulamento.

A inscrición da dereito, ademais da participación no evento, ao seguinte:

  • Unha tapa de callos, viño, cervexa, pan e sobremesa
  • Seguros de RC e Asistencia Sanitaria.
  • 2 avituallamentos sólidos e líquidos. O primeiro avituallamento no km 23 aproximadamente, e o último en meta.
  • Regalo para os primeiros 150 inscritos.
  • Servizo de duchas.
  • Servizo de lavado de bicicletas.
  • Servizo de gardarroupas.
  • Agasallo da Asociación “Bicos de Papel” por ter colaborado coa infancia de oncoloxı́a do Hospital Álvaro Cunqueiro coa túa inscrición.

1. A XII BTT DOS CALLOS realizarase o 11 de xaneiro do 2026.
2. A idade mínima para a ruta BTT é de 16 anos e até os 18 anos necesitarán a autorización do pai, nai ou titor legal.
3. Os participantes menores de 18 anos deben ir acompañados por unha persoa responsable e presentar unha autorización do pai, nai ou titor legal asinada.
4. A BTT dos Callos non é un evento competitivo. Os participantes deben manter o ritmo que marque o grupo de cabeza e respectar os reagrupamentos establecidos.
5. Os partcipantes deben ter o nivel necesario para participar nun percorrido de
aproximadamente 38 km polo monte, de dificultade física e técnica media.
6. O uso do casco é obrigatorio. Calquera participante que non faga uso deste, será expulsado inmediatamente.
7. Cada participante debe traer as pezas necesarias para resolver unha avaría: cámaras, bombín, etc.
8. Aínda que o percorrido estará debidamente sinalizado, o participante é o único responsable de cumprir coas directrices da organización e disposicións da Lei de Seguridade Viaria.
9. NON se admitirán inscricións no dı́a da proba.
10. Queda terminantemente prohibido tirar lixo ao chan.
11. A taxa de inscrición non é reembolsable.
12. A participación non será permitida a calquera persoa non rexistrada.
13. A inscrición pecharase o 07/01/2026 ás 23:59, existindo a posibilidade dun prezo reducido ata o 22/12/2025 ás 23:59 de 16€, a partires desa data até o prazo final é de 22€. Un porcentaxe de esta inscrición está destinada a Asociación “Bicos de
Papel”, ademais poderás aportar o realizar a túa inscrición o que consideres. A infancia que está a sufrir o cancro no Hospital Álvaro Cunqueiro agradeceracho.
Se non podes asistir o eventos e queres aportar o teu gran de area poderás facelo a través do DORSAL 0 = DORSAL SOLIDARIO.
14. A organización resérvase o dereito de modificar todo sobre i􀆟nerarios, horarios, re agrupacións, etc.
15. Durante a carreira disporase dunha ambulancia.
16. A existencia de medios sanitarios e de seguridade facilitados pola Organización, non exime aos corredores da obrigación de ofrecer asistencia a calquera outro participante que o necesite.
17. Ao mesmo tempo a Organización disporá de persoal (ciclista “escoba”/quad “escoba” ou moto "escoba") que irá pechando as carreiras tras o último ciclista.Ademais, a Organización colocará persoal para orientar e axudar aos participantes en todos aqueles puntos que considere que poden resultar con􀏐litivos.
18. Asistencia máxima de 300 participantes para a ruta BTT.
19.Os primeiros 150 inscritos recibirán un agasallo. Asemade, todos o participantes recibirán o agasallo de "Bicos de Papel"


20.Os premios que se entregarán serán para:

  • Trofeo ao club máis afastado.
  • Trofeo ao club máis numeroso.
  • Trofeo ao ciclista de maior idade.

21. A entrega dos dorsais (que tamén é o vale para os callos) realizarase o día 10/01/26 no lugar de saída no seguinte horario: 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 e no propio día a partires das 8:00 ata media hora antes da saída da proba

22.A inscrición realizarase na páxina web da Organización: www.carnavalcastrobarreiro.com

23. Ao inscribirse para esta proba asúmese a aceptación destas normas e renuncia a calquera alegación contra a organización.

Inscripciones Realizadas

Apellido Nombre Distancia
Dominguez Fernandez Diego Longo: 47km +1500m
Besada Gómez Samuel Longo: 47km +1500m
Romero Pérez Leandro Longo: 47km +1500m
Martínez Méndez Javier Longo: 47km +1500m
Lamela lamela José Carlos Longo: 47km +1500m

Inscripción

  • Nº inscritos 5 de 300
    Fecha límite
    14 d
    15 h
    26 m
    47 s