Artigo 1:
O 25 de maio de 2025, a Asociación de Veciños de Beade organiza a XII carreira popular “Festa da cereixa”, coa colaboración do Concello de Vigo e o soporte técnico de RUNRUN VIGO 2025.
Esta carreira pertence ao circuíto de carreiras populares RUNRUN VIGO 2025. (Concello de Vigo).
Artigo 2:
A proba terá unha distancia de 10.000 metros aproximadamente, que percorrerán as
categorías desde xuvenís ata veteranos (femininos e masculinos).
Artigo 3:
A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación vixente. Todos os participantes non federados dispoñerán dun seguro de accidentes, non lesións, soamente para o día da carreira, contratado pola organización.
Artigo 4:
A entrega do dorsal, chip e obsequio farase o venres 23 de maio de 17:00 h a 20:00 h e o sábado 24 de maio de 11:00 h a 13:00 h e de 17:00 h a 20:00 h no Decathlon Vigo – Parque Comercial Meixueiro (Crta. de Madrid, 158 (A-55 Saída 664)). O día da carreira realizarase nas instalacións da Asociación de Veciños de Beade (Estrada Coutada nº 42).
Artigo 5:
O prezo de cada inscrición será de:
En ningún caso se devolverá o importe da inscrición.
As inscricións efectuaranse nas páxinas webs da RunRunVigo e Magmasports e poderanse facer ata o martes 20 de maio ás 20:00 h no Centro Cultural de Beade (Estrada Coutada nº 42).
Artigo 6:
O dorsal deberá ir colocado na parte dianteira da camiseta de maneira ben visible.
En ningún caso permitirase correr sen dorsal.
Haberá avituallamiento no km 5 aproximadamente e ao finalizar a carreira. Será imprescindible levar posto o dorsal para recibir avituallamiento.
Artigo 7:
O control do tráfico no percorrido corresponde á Policía Local.
Artigo 8:
Establécense as seguintes categorías absolutas nas carreiras de 5 km e 10 km:
Femininas Masculinas Ano de nacemento
F-1 M-1 Entre 1986 - 2005 (ambos incluídos)
F-2 M-2 Entre 1976 - 1985 (ambos incluídos)
F-3 M-3 Entre 1966 - 1975 (ambos incluídos)
F-4 M-4 Entre 1961 - 1965 (ambos incluídos)
F-5 M-5 1960 ou anteriores
Os premios non serán acumulables.
Establécese como premio, trofeo aos tres primeiros de cada categoría, exceptuando a carreira de 5 km, onde soamente levarán premio os tres primeiros da xeral (masculino/femenino).
Artigo 9:
Os participantes deben coñecer o percorrido da carreira.
Cada participante deberá correr co seu dorsal e chip, en caso contrario será descualificado.
A organización non se fai responsable dos accidentes ou lesións que os corredores se poidan facer durante o transcurso da carreira.
Toda persoa que incumpra a normativa da carreira poderá ser retirada da clasificación final.
O feito de inscribirse implica a aceptación deste regulamento e o compromiso de non adiantarse na saída, realizar o percorrido completo e respectar tanto ao resto dos participantes como ao persoal auxiliar da mesma.
NON se permite a participación na proba de persoas con patíns, bicicletas ou outros modos de locomoción. Tampouco acompañados por mascotas.
Artigo 10:
DESCUALIFICACIÓNS
A organización da carreira poderá descualificar a calquera corredor que manifeste un mal estado físico, a todo corredor que non realice o percorrido completo, o corredor que dobre ou manipule a publicidade do dorsal ou a aquel corredor que manifeste un comportamento non deportivo ou sexa reiterativo nas protestas á organización á marxe do estipulado no artigo 12 deste regulamento.
Artigo 11:
As reclamacións relativas á clasificación deberán facerse por escrito á organización, achegando a cantidade de 50 euros en concepto de depósito ata que a organización resolva sobre a reclamación presentada no tempo necesario para efectuar as comprobacións e consultas oportunas. Se o veredicto considera a reclamación xustificada procederase a devolver a devandita cantidade. O participante que non se axuste a este proceso poderá ser descualificado en aplicación do artigo 10 deste regulamento.
Artigo 12:
A organización declina toda a responsabilidade dos diferentes prexuízos que a participación nesta carreira poida ocasionar aos inscritos.
Os participantes renuncian a toda acción legal, non limitada ao risco de lesións, que poidan derivarse da participación na carreira.
Os participantes autorizan aos organizadores rexistrar total ou parcialmente a súa participación mediante fotos, vídeos, televisión ou calquera outro medio de difusión.
O corredor, polo feito de participar na proba, acepta este regulamento. A súa interpretación e todo aquilo que non quede expresamente regulado, será decidido pola organización.
Artigo 13:
Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización.
Artigo 14:
A organización desta proba porá a disposición de todos os atletas un servizo de duchas ata as 14:00 h nas instalacións do C.E.I.P. Coutada – Beade.
Os participantes terán a súa disposición un aparcadoiro no C.E.I.P. Coutada – Beade ata as 10:00 h. A partir desa hora terán que aparcar nos arredores da Igrexa de Santo Estevo de Beade ou Polígono Industrial Seixiños.
Artigo 15:
CARREIRAS DE NENOS/AS
A partir das 11:30 h se levarán a cabo as carreiras para nenas e menos, establecéndose as seguintes categorías e lonxitudes a percorrer:
Categoría Ano de nacemento Distancia
Xuvenil 2006 – 2009 4.200 metros
Cadete 2010 – 2011 4.200 metros
Infantil 2012 – 2013 4.200 metros
Alevín 2014 – 2015 1.200 metros
Benxamín 2016 – 2017 600 metros
Prebenxamín 2018 – 2019 600 metros
Pitufos 2020 ou posteriores 200 metros
Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría e sexo.