O X TRAIL dos Penedos 2026
Rexerase a través do seguinte regulamento que é de obrigada lectura e aceptación por parte de todos os participantes.
INTRODUCIÓN:
A asociación xuvenil "Nós Somos Nós" ten o pracer de presentar o "X TRAIL DOS PENEDOS 2026".
O trail terá inicio no Centro Cultural de Castro Barreiro. Como novidade, para festexar o décimo aniversario do Trail dos Penedos, este ano contamos con 3 percorridos, un longo
que será de 28 km aproximadamente con + de 1400m de desnivel positivo, un curto de 17 km aproximadamente con + de 800 de desnivel postivito,e tamén un mini trail cunha
distancia aproximada de 10 km, e 400m de desnivel positivo.
O prezo da inscrición ata o 22/12/2025 é de 20€ (longo), 15€ (curto) e 10€ (mini). A partires das 23:59 do 22/12/2025 ata o 07/01/26 ás 23:59h (dı́a que se pecha a
inscricións) o prezo será de 28€ para o percorrido longo, 21€ para o curto e 16€ para o mini. Unha porcentaxe da inscrición está destinada a Asociación “Bicos de Papel”, ademais
poderás aportar o realizar a túa inscrición o que consideres. A infancia que está a sufrir o cancro no Hospital Álvaro Cunqueiro agradeceracho.
Se non podes asistir o eventos e queres aportar o teu gran de area poderás facelo a través do DORSAL 0 = DORSAL SOLIDARIO.
A inscrición da dereito, ademais da participación no evento, ao seguinte:
A entrega dos dorsais (que tamén é o vale para os callos) realizase o dı́a 10/01/26 no lugar de saı́da no seguinte horario: de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 e no propio dı́a a partires das 8:00 ata media hora antes da saı́da de cada proba.
Artigo 1. ORGANIZACIÓN E DESCRICIÓN DA PROBA:
1.1 A Asociación Xuvenil “Nós Somos Nós” (de agora en diante, A organización), organiza o X Trail dos Penedos 2026.
1.2 Hai tres modalidades de proba, todas elas cronometradas con clasiicación xeral:
O trail longo é unha carreira por montaña cunha distancia de 28 km e un desnivel positivo de aproximadamente 1400 metros.
O trail curto é unha carreira por montaña cunha distancia de 17 km e un desnivel positivo de aproximadamente 800 metros.
O mini trail é unha carreira por montaña cunha distancia de 10 km e un desnivel positivo de aproximadamente 400 metros.
1.3 Todas as modalidades da proba celebraranse o dı́a 11 de xaneiro de 2025.
1.4 A proba longa dará comezo ás 09:45, a curta ás 10:30 horas, e o mini trail ás 11:00. O tempo máximo para inalizalas será de 05:00 horas para o trail de 28 km, de 04:00 horas para o trail de 17 km e de 3:00 horas para o mini trail.
A organización poderá facer corte aos corredores que no percorrido longo non chegaron o Faro de Budiño nun tempo de 3:30 horas e no trail curto a San Cibrán nun tempo de 2:30 horas.
Artigo 2. PERCORRIDO:
2.1 Aı́nda que por distinto percorrido, todas as modalidades os itinerarios discorren na súa maiorı́a por pistas forestais e sendas. As persoas que incumpran ou causen danos dentro de espazos privados, serán responsables dos seus feitos.
2.2 Os percorridos estarán balizados pola organización con cintas de cor viva, sinais verticais, e outros elementos de sinalización situados a intervalos regulares, dependendo da tipoloxı́a do terreo e dos camiños, sendo responsabilidade de cada participante localizar a sinalización e seguila.
Algúns tramos coincidirán con marcas de sendas sinalizadas, prevalecendo sobre estas sinais as balizas colocadas pola organización.
2.3 Os tramos do percorrido que discorran por estradas ou rúas de poboacións non estarán cortados ao tráfico rodado, aı́nda que si protexidos e indicados por persoal da organización, sendo responsabilidade de cada participante velar pola súa seguridade extremando as precaucións. Todo participante estará obrigado a cumprir as normas xerais de circulación viaria e as indicacións da organización, sendo responsable de cantas infraccións puidese cometer. Será obrigatorio cruzar as estradas polos pasos ou lugares habilitados para a ocasión e debidamente sinalizados.
2.4 Será obrigatorio seguir o itinerario marcado.
2.5 Establécense unha serie de puntos de control, con tempos máximos de paso orientativos para os participantes, nos que se recomendará a retirada da proba e seguir as instrucións dos responsables da organización para retornar ao punto de inicio, pese a non ser obrigatorio.
2.6 Nas probas disporase de avituallamentos tanto lı́quidos como sólidos.
Artigo 3. REQUISITOS E INSCRICIÓN DOS PARTICIPANTES:
3.1 Para participar en calquera das probas, débense cumprir os seguintes requisitos:
3.1.1. Ser maior de idade o dı́a da carreira.
3.1.2. É necesario estar previamente inscrito nunha das modalidades e haber pagado a cota correspondente.
3.1.3. Todo participante, co feito de inscribirse de maneira libre e voluntaria ó X Trail dos Penedos 2026, declara coñecer e aceptar as disposicións que conforman o presente regulamento. Ademais, declara coñecer que se trata dunhas probas deportivas de certa esixencia fı́sica e manifesta encontrarse nunha adecuada forma fı́sica e mental, que lle permite afrontar dito esforzo, asumindo o risco desta práctica deportiva. En concreto, no momento da inscrición, o participante declara que: “Atópome en adecuado estado de saúde para participar no X Trail dos Penedos, eximindo de toda responsabilidade á organización, patrocinadores ou outras institucións participantes no evento ante calquera accidente ou lesión que puidera sufrir antes, durante e/ou despois do evento deportivo, renunciando dende este momento a exercer acción legal en contra de calquera de ditas entidades. Autorizo ademais a que A Organización faga uso de fotos, vı́deos e nome na clasiicación das probas, nos medios de comunicación e/ou Internet, sen esperar pago, compensación ou retribución por este concepto”.
3.1.4. A inscrición realizarase na páxina web da organización: www.carnavalcastrobarreiro.com
3.2 NON se admitirán inscricións no dı́a da proba.
3.3 NON se establecerá ningún perı́odo de devolución das inscricións, excepto os casos por lesión xustiicados mediante informe médico e non antes de 15 dı́as da carreira. En dito caso, devolverase o custo da inscrición.
Artigo 4. METEOROLOXÍA:
4.1. A Organización resérvase o dereito de poder realizar as modiicacións que considere necesarias nos percorridos ou incluso a suspensión das probas ata o momento da saı́da se as condicións meteorolóxicas ou outras causas de forza maior supuxesen algún problema de seguridade para os participantes. Neste caso non se devolverı́a o importe da inscrición. As probas non se suspenderán polo tempo unha vez comezadas.
Artigo 5. SERVIZO MÉDICO E ASPECTOS DE SEGURIDADE:
5.1 Durante a carreira disporase dunha ambulancia.
5.2 A existencia de medios sanitarios e de seguridade facilitados pola organización, non exime aos corredores da obrigación de ofrecer asistencia a calquera outro participante que o necesite.
5.3 Ao mesmo tempo A Organización disporá de persoal (corredor “escoba”/quad “escoba” ou moto"escoba") que irá pechando as carreiras tras o último dos corredores. Ademais, a organización colocará persoal para orientar e axudar aos participantes en todos aqueles puntos que considere que poden resultar conflitivos.
Artigo 6. CATEGORÍAS E PREMIOS:
6.1 No presente regulamento establécense as seguintes categorı́as, tanto para o trail de 28km, o trail de17km e o trail de 10km:
6.2 A idade a ter en consideración nestas categorı́as será a que o participante teña no mesmo dı́a das probas.
6.3 Non se poderán acumular trofeos.
6.4 A entrega de trofeos será aproximadamente sobre as 13:00 horas e a organización poderá esixir o DNI.
Artigo 7. PENALIZACIÓNS:
7.1 Será motivo de penalización e descualificación das probas:
Artigo 8. MATERIAL ACONSELLADO:
8.1 A organización aconsella levar:
Obrigatorio por a época do ano:
8.2 Autorı́zase o uso de bastóns, sempre tendo en conta que a súa utilización deberá ser en condicións que non supoña un risco para o resto de participantes, e que deberán levarse ata meta, non podéndose deixar en ningún punto do recorrido.
8.3 Cada participante debe ser plenamente consciente da lonxitude e diicultade da proba, que pode desenvolver, baixo posibles condicións climáticas de calor, choiva ou vento. Polo tanto, debe previr que a súa indumentaria, calzado, ası́ como as condicións fı́sicas necesarias, sexan as máis apropiadas para realizar a proba.
Artigo 9. ECO - RESPONSABILIDADE:
9.1 O X Trail dos Penedos 2026 transcorre por paraxes de alto valor ecolóxico. Os participantes nestas probas saben moi ben que a montaña é un entorno fráxil que debe preservarse. Por isto, dende A organización, preténdese que esta sexa unha carreira ecoresponsable e respectuosa ao máximo coa montaña. O seu obxectivo é ter un impacto nulo sobre o medio natural e a concienciación de todos (participantes e acompañantes) para protexer este entorno excepcional.
9.2 Xestión correcta de residuos. Débense utilizar os puntos de recollida situados nos avituallamentos e/ou próximos aos mesmos, depositando neles tanto os residuos xerados nos avituallamentos (vasos de plástico) como os propios dos participantes (panos de papel, envoltas de suplementos enerxéticos, etc.).
Artigo 10. DEREITOS DE IMAXE:
10.1 Como xa se fixo referencia no Artigo 3, punto 3.1.3 , no momento da inscrición o participante declara que “Autorizo a que a organización faga uso de fotos, vı́deos e nome na clasificación das probas, nos medios de comunicación e/ou en Internet, carteis publicitarios, etc., sen esperar pago, compensación ou retribución por este concepto”.
10.2 A organización resérvase en exclusividade o dereito sobre a imaxe da proba, ası́ como a explotación audiovisual e periodı́stica da competición. Calquera proxecto mediático ou publicitario deberá contar co consentimento da organización.
Artigo 11. PROTECCIÓN DE DATOS:
11.1 Da cordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro de Protección de datos de carácter persoal, todos os datos dos participantes recollidos no formulario de inscrición serán incluı́dos nun ficheiro privado propiedade da organización das probas incluı́das no X Trail dos Penedos 2026, con fins exclusivos de xestión das mesmas. Todos os interesados poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos persoais mediante correo electrónico asociacionnsn@gmail.com
Artigo 12. MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO:
12.1 A Organización resérvase o dereito a poder modiicar o presente regulamento. As modificacións serán debidamente comunicadas con antelación aos participantes.
12.2 A máxima autoridade é a organización.
En Salceda de Caselas a 11 de novembro de 2025
| Apellido | Nombre | Percorrido | Categoría |
|---|---|---|---|
| Rey Suárez | Felipe | Trail mini: 10km +500m | Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49 |
| Misa | Paula | Trail curto: 17km +800m | Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49 |
| Teijeiro Otero | Mario | Trail curto: 17km +800m | Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49 |
| Dasilva Lorenzo | Álvaro | Trail mini: 10km +500m | Veteran@ A: Dende os 40 ata os 49 |
| Rodríguez Araujo | Felipe | Trail curto: 17km +800m | Xeral: Dende os 18 ata os 39 |
| España Peteiro | Rodrigo | Trail curto: 17km +800m | Xeral: Dende os 18 ata os 39 |