Carrera Popular|

X CARREIRA DA CEREIXA ADULTOS

  • Organizador evento

    Asociación de Veciños de Beade

  • Fecha del evento

    16-04-2023

Descripción

O 16 de abril de 2023, a asociación de veciños de Beade, organiza a X carreira popular

“Festa da cereixa”. Coa colaboración do concello de Vigo e o soporte técnico de

RUNRUN VIGO 2023.

Carreira pertencente ao circuíto de carreiras populares  RUNRUN VIGO 2023.

( Concello de Vigo).

Contacto de la organización: info@av-beade.org

Artigo 1:

O 16 de abril de 2023, a asociación de veciños de Beade, organiza a X carreira popular

“Festa da cereixa”. Coa colaboración do concello de Vigo e o soporte técnico de

RUNRUN VIGO 2023.

Carreira pertencente ao circuíto de carreiras populares  RUNRUN VIGO 2023.

( Concello de Vigo).

Artigo 2:

A proba terá unha distancia de 10.000 metros aproximadamente, que percorrerán as

categorías desde xuvenís ata veteranos (femininos e masculinos).

Artigo 3:

A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación vixente. Todos os participantes non federados dispoñerán dun seguro de accidentes, non lesións, soamente para o día da carreira, contratado pola organización.

Artigo 4:

A entrega do dorsal, farase no Decathlon de Vigo do Parque comercial do Meixueiro

VENRES

TARDE: 16:30 A 20:30H

SÁBADO:

MAÑANA : 11 A 13H

TARDE: 17 A 20H

 

Artigo 5:

O prezo de cada inscrición será de:

8€ aberta ata o 11 abril (10Km)

6€ aberta ata o 11 abril (5 Km) 

En ningún caso devolverase o importe da inscrición.

As inscricións efectuaranse na páxina www.magmasports.es e poderanse facer ata o mércores 12 de abril ás 23:59h  e no centro cultural de Beade ata as 20h (Estrada  coutada  nº 42)

Artigo 6:

O dorsal deberá ir colocado na parte dianteira da camiseta de maneira ben visible.

En ningún caso permitirase correr sen dorsal.

Haberá  avituallamiento no km 5 aproximadamente e ao finalizar a carreira. Será imprescindible levar posto o dorsal para recibir  avituallamiento.

 

Artigo 7:

O control do tráfico no percorrido corresponde á Policía Local.

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   Artigo 8:

Establécense as seguintes categorías:

Femininas       Masculinas     Ano de nacemento

F-1      M-1    Entre 1984-2003 (ambos os incluídos)

F-2      M-2    Entre 1974-1983 (ambos os incluídos)

F-3      M-3    Entre 1964-1973 (ambos os incluídos)

F-4      M-4    Entre 1959-1963 (ambos os incluídos)

F-5       M-5    1958 ou anteriores

categoría absoluta na carreira de 5km e 10Km

 

Os premios non serán  acumulables. Establécese como premio, trofeo aos tres primeiros de cada categoría.

 

Artigo 9:

Os participantes deben coñecer o percorrido da carreira.

Cada participante deberá correr co seu dorsal e chip, en caso contrario será descualificado.

A organización non se fai responsable dos accidentes ou lesións que os corredores se poidan facer durante o transcurso da carreira.

Toda persoa que incumpra a normativa da carreira poderá ser retirada da clasificación final.

O feito de inscribirse implica a aceptación deste regulamento e o compromiso de non adiantarse na saída, realizar o percorrido completo e respectar tanto ao resto dos participantes como ao persoal auxiliar da mesma.

NON  se permite a participación na proba de persoas con patíns, bicicletas ou outros modos de  locomoción. Tampouco acompañados por mascotas.

Artigo 10:

DESCUALIFICACIÓNS

A organización da carreira poderá descualificar a calquera corredor que manifeste un mal estado físico, a todo corredor que non realice o percorrido completo, o corredor que dobre ou manipule a publicidade do dorsal ou a aquel corredor que manifeste un comportamento non deportivo ou sexa  reiterativo nas protestas á organización á marxe do estipulado no artigo 12 deste regulamento.

 

Artigo 11:

As reclamacións relativas á clasificación deberán facerse por escrito á organización. Achegando a cantidade de 50 euros en concepto de depósito ata que a organización resolva sobre a reclamación presentada no tempo necesario para efectuar as comprobacións e consultas oportunas. Se o veredicto considera a reclamación xustificada procederase a devolver a devandita cantidade. O participante que non se axuste a este proceso poderá ser descualificado en aplicación do articulo10 deste regulamento.

Artigo 12:

A organización declina toda a responsabilidade dos diferentes prexuízos que a participación nesta carreira poida ocasionar aos inscritos. Os participantes renuncian a toda acción legal, non limitada ao risco de lesións, que poidan derivarse da participación na carreira. Os participantes autorizan aos organizadores para rexistrar total ou parcialmente á súa participación mediante fotos, vídeos, televisión ou calquera outro medio de difusión.

O corredor polo feito de participar na proba acepta este regulamento. A súa interpretación e todo aquilo que non quede expresamente regulado, será decidido pola organización

Artigo 13:

Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización.

 

Artigo 14:

A organización desta proba poñerá a disposición de todos os atletas un servizo de duchas. E aparcadoiro ata as 14:00 h nas instalacións do colexio  Coutada – Beade, a partir desa hora aparcásese nos arredores da igrexa ou Polígono  Seixiños.

 

 

 

 

 

 

Artigo 15:

CARREIRAS DE  NEN@ S

A partir das 11:30 horas levará a cabo as carreiras para  neno@s infantil, cadete e xuvenil (terán unha distancia para percorrer de 4.200 metros)

Os nen@s da categoría Alevin terá unha distancia para percorrer de 1.200 metros)

Os  nen@ s  das categorías  Benxamín, prebenxamín,  e pitufos correrán unha distancia  aproximada de 600 metros.

Recibirán trofeo os tres primeiros  nen@ s de cada categoría e sexo.

Establécense as seguintes categorías:

 

Xuvenil:                     2004 - 2007

Cadete:                     2008 - 2009

Infantil:                      2010 - 2011

Alevín:                       2012 - 2013

Benxamín:                 2014 - 2015

Prebenxamín:            2016 - 2017

Pitufos:                       2018 ou posteriores

 

Contacto de la organización: info@av-beade.org

Inscripción

  • La inscripción ha finalizado.