Na programación da Festa dos Callos de Meis desenrolarase unha marcha ciclista de caracter non competitiva e popular, buscamos promover o deporte nun ambiente lúdico e festivo e acercar a bicicleta de montaña a calquera que quiera compartir con todos nos un día.
Recoméndase descargar os dous tracks, independentemente da distancia que se queira facer, para poder cambiar de ruta en calquer momento. Haberá bicis-guía polo percorrido para os que teñan máis dúbidas co GPS.
ENTIDADE ORGANIZADORA:
Concello de Meis, CIF P3602080I. Enderezo: Avda. de Cambados nº67 - (O Mosteiro), 36637 – Meis (Pontevedra).
ENTIDADES COLABORADORAS:
Protección Civil do Concello
Armenteira e Punto.
LUGAR, DATA E HORARIO DO EVENTO:
Domingo, día 9 de Xullo de 2023, con saída e chegada na Praza de España (O Mosteiro). O percorrido na súa meirande discorrerá polo Monte Castrove, así como por diferentes zonas de monte de titularidade veciñal (Comunidades de Montes do Concello de Meis e de Poio).
Saída: 09.00h.
Hora tope de finalización: 14.00h
EVENTO ORGANIZADO:
Realización dun evento deportivo de xeito non competitivo e popular, vinclulado á programación da Festa dos Callos de Meis, como unha alternativa máis de ocio coa que se pretende fomentar a práctica do deporte de bicicleta de montaña.
DATA DE REALIZACIÓN:
A VIII Ruta BTT Callos Meis, levarase a cabo o domingo día 9 de xullo de 2023, cunha duración máxima para realizar o percorrido de 5hrs.
Dito evento constará de dúas opcións de percorrido: Longa de 46 km, cun tempo estimado de realización de 4 horas, e a curta de 34 km, e un tempo estimado de realización de 3 horas (tendo como hora de saída as 9.00h e como hora límite de finalización as 14.00h.)
REGULAMENTO DA CARREIRA:
1) A inscrición realizarase exclusivamente a través da seguinte páxina web: www.magmasports.es , tendo como data límite o día 4 de xullo (ás 23h.59m.), o ata cubrir o cupo de 500 participantes (máximo establecido), debendo aportar os seguintes datos: nome e apelidos, sexo, concello, data de nacemento, DNI e teléfono.
2) Facilitaráselle a cada participante o seu dorsal que deberán colocar na bicicleta.
3) O dorsal recollerase o día da proba na zona de saída/ meta (Praza de España), entre as 8.00 e as 9.00h da mañá (cumprimento estrito do horario).
4) Ao longo do percorrido a Organización establecerá os controis necesarios que estime oportunos para a seguridade da proba. Estes controis poderán ser fixos ou móbiles e estarán autorizados para descualificar aos participantes que cometan irregularidades ou atenten contra a seguridade individual (tanto propia como allea) ou colectiva durante a proba.
5) Os nenos poderán ser acompañados polos pais, nais ou titores e deberán cumprimentar unha autorización. Idade mínima de participación 16 anos.
6) A proba é de carácter non competitivo, xa que é un evento pensado para fomentar a actividade deportiva, enmarcado dentro do programa das festas locais.
7) A proba, para todos os participantes, terá como hora de saída as 9.00h e un máximo de tempo de realización da mesma de 5h, tendo como lugar de saída e chegada a Praza de España.
8) A organización faise responsable dos danos físicos que poidan sufrir os participantes durante a proba, se ben en todo momento estará disposto un servizo sanitario, por se fose preciso.
9) Dado o carácter eminentemente popular e festivo desta proba, a Organización agarda de todos os participantes o mellor espírito deportivo.
10) O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.
11) A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquiridos os compromisos de estar en bo estado físico e pasados os pertinentes recoñecementos de saúde. Ademais de haber feito o pago da inscrición, os participantes autorizan á organización para a utilización da imaxe en publicacións, carteis, etc. para a promoción do deporte da bicicleta de montaña.
12) Conforme á L.O. 15/1999, informámoslles de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable o Concello de Meis. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a BTT, así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificacións, cancelación e oposición, poderá facelo dirixíndose por escrito á entidade sinalada anteriormente, xuntando unha fotocopia do seu DNI.
ITINERARIO
O itinerario da proba da BTT será o seguinte:
8.00 a 9.00h: recollida de dorsais.
8.30 a 9.00h: preparación dos participantes na zona de saída.
9.00: saída da proba.
14.00: hora máxima para a finalización da proba.
Estes itinerarios, se houbese algunha modificación derivada de cambios nas condicións meteorolóxicas ou doutra índole, comunicaranse coa debida antelación
PARTICIPANTES:
Nesta VIII Edición da proba, o número máximo de participantes será de 500.
AVITUALLAMENTOS:
Ao longo da proba, tanto na btt de distancia longa como na curta, estableceranse uns puntos de avituallamento, nos cales, se lles proporcionará aos participantes tanto compoñentes sólidos como líquidos.
MEDIDAS DE SINALIZACIÓN:
Contaremos cun equipo de entre 10 e 15 persoas (identificadas con chalecos amarelos reflectantes) que, xunto con Protección Civil do Concello, encargaranse da seguridade da proba e dos participantes, e sobre todo, vixiarán os lugares conflitivos ou perigosos, como os cruces e as rotondas.
A sinalización das dúas rutas levarase a cabo mediante GPS. A maiores, utilizaremos sinalización propia en puntos clave das rutas, coa finalidade de garantir a seguridade de cada un dos participantes.
PLAN DE SEGURIDADE:
Sinalización dos circuítos:
Tal e como indicábamos anteriormente, haberá sinalizacións en puntos clave do circuíto, segundo as necesidades de cada situación e segundo sexa a ruta longa ou a curta.
Os cambios de dirección estarán sinalizados cunha antelación mínima de 100m.
Nos cruces haberá persoal de protección civil e da organización, que velarán pola seguridade dos participantes, impedindo o acceso ao circuíto de vehículos alleos á proba.
Vehículos da proba:
Nesta edición non haberá ningún tipo de vehículo a motor, senón que contaremos con persoas-guía que se desprazarán en bicicleta por todo o circuíto, con funcións de vixiancia do cumprimento das normas, aportando seguridade e control da proba.
Servizos sanitarios
No que atinxe aos servizos sanitarios, contaremos con dúas ambulancias (unha na Praza de España e outra na parroquia de Armenteira), e un médico, de confomidade co establecido no Real Decreto 1428/2003, polo que se regulan este tipo de probas.
Póliza de Seguro
Está prevista a contratación dunha póliza de seguro de responsabilidade civil e máis de accidentes, a cal estase actualmente xestionando e valorando a mellor opción, cunha cobertura para 500 participantes, e adecuada aos requisitos legais para unha proba deportiva desta índole. 7