Marcha BTT|

VI RUTA DA ANGUÍA

  • Organizador evento

    OS ANGUÍAS BTT

  • Fecha del evento

    06-11-2022

Descripción

O clube ciclista “OS Anguías BTT” organiza, coa colaboración do concello de Portomarín a “VI ruta da Anguía”. Este evento deportivo terá a consideración de marcha cicloturista en BTT (bicicleta todo terreo) non competitiva

Contacto da organización: osanguiasbtt@gmail.com

  1. O clube ciclista “OS Anguías BTT” organiza, coa colaboración do concello de Portomarín a “VI ruta da Anguía”. Este evento deportivo terá a consideración de marcha cicloturista en BTT (bicicleta todo terreo) non competitiva e terá lugar o día 06 de Novembro de 2022.
  2. A saída oficial será ás 09:30 h da praza de Portomarín (plaza Conde Fenosa) ubicada o carón da igrexa de San Nicolás e da casa do concello de Portomarín. O percorrido da marcha teráunha distancia de 45 km cunhadificultade física e técnica estimada ALTA, cunha ascensión acumulada de 1300 metros. Sinalizaraseunha ruta de corte opcional de 35 km, e obrigatoria para os/as participantes que non cumpran o tempo de corte determinado pola organización, cunha ascensión acumulada de 900m cunhadifilcutade tanto física como técnica media alta. O tempo máximo para a realización da marcha completa será de 5 horas.
  3. As inscriciónspoderanse realizar a través da WEB: magmasports O prazo será ata o 3 de NOVEMBROou ata que se esgoten as prazascuxo límite será de 300 persoas.

O prezo da inscrición será de 17€ para federados e 10€ máis (27€) para os non federados en concepto de seguro por un día da Federación Galega de Ciclismo e inclúe lavado de bicicletas, duchas para todos os participantes, avituallamento, apoio motorizado para quen o precisara, albergue (para quen o precise) para pasar a noite anteriorsempre que avise con antelación o teléfono 665227826 ata fin de dispoñibilidade no albergue que consta dunhas 30 prazas.

O terminar a ruta teremos un avituallamento final con empanadas de Anguía e pinchos variados (tiras a brasa, panceta, tortillas ou no seu defecto pinchos de embutido e queixos variados) así como uns tiradores de cervexa e outras bebidas.

A cada participante entregaráselle un dorsal que colocará obrigatoriamente no guiador (manillar) da bicicleta.

  1. A organización facilitará o rutómetro a través da páxinaWikiloc.
  2. O percorrido estará debidamente sinalizado e a organización dispoñerá de vehículos para a apertura e o peche da marcha.
  3. A participación na proba está suxeita a unha capacitación técnica e física por parte do/a ciclista que asumirá baixo a súaresponsabilidade.
  4. A participación está aberta a todo tipo de afeccionado/a que posúaou non a licenza federativa. Limitarase a participación a un número máximo de 350persoas, por rigorosa orde de inscrición.
  5. A participación na proba está restrinxida a aquelaspersoas que padezanalgunhaenfermidade que puidesepoñer en risco a súaintegridade física ou a dos demais participantes.
  6. A organización resérvase o dereito de admisión.
  7. Está totalmente prohibido incorporarse á proba sen estar previamente inscrito/a. A organización en ningún caso se fará responsable das persoas que realicen a marcha seninscrición.Asi como tampouco poden participar menores de 15 anosnin tan siquera acompañados por un adulto, xa que é a propia Federacion de ciclismo quen prohíbe a participación dos menores de 15 anos.
  8. É obrigatorio o uso de casco protector homologado durante toda a proba. Todas as persoas participantes deberán levarferramentas, recambios adecuados e roupa de

ciclista acorde coas condiciónsmeteorolóxicas. Recoméndaselleslevar consigo o teléfono móbil.

  1. Todas as persoas participantes obedecerán as indicacións da organización, respectando o itinerario marcado, sendo o/a corredor/a o único responsable dos seus erros.
  2. A organización non se responsabiliza dos accidentes ou danos que se puidesen derivar da omisión do código de circulación por parte dos corredores.
  3. O itinerario estará aberto permanentemente ao tráfico rodado, peonil e á libre circulación de animais e vehículos agrarios. Por tanto, cada participante respectará as normas de circulación e será responsable das imprudencias e infraccións que cometa.
  4. A persoa participante é a única responsable do seu propio comportamento e condución, asumindo os riscos, ata fronte a terceiros, que poidansupoñer o feito de participar neste evento, tanto a nivel de esforzo físico e psíquico, como de caídas oudoutro tipo de lesións. O ente organizador, colaboradores e calquera patrocinador estarán liberados ante calquera tipo de accidente, incidente, lesión oueventualidade que puidesexurdir derivado da participación na proba.
  5. A organización non será solidaria cos gastos oudébedas que puidesen ocasionar os participantes antes, durante ou logo da proba, nin dos extravíos ouavarías que puidesen sufrir as bicicletas ououtrosequipamentos das persoas participantes.
  6. Os/as corredores/as serán respectuosos en todo momento co medio ambiente, en especial co uso dos camiños, ríos e contornos polos que circula o percorrido. Prohíbese tirar calquera tipo de lixofóra dos lugares habilitados para iso. A detección de neglixencias a este respecto implicará a descualificación automática da proba.
  7. En caso de accidente, as/os corredores/as e os/as acompañantes asumirán de xeito individual a súaresponsabilidade desde todos os puntos de vista (económica, civil e penal).
  8. Cada participante deberá acatar as normas e indicacións da organización, en especial, no desenvolvemento e control da proba (controis, saída, chegada, etc.).
  9. Todo/a corredor/a que abandone a proba ou modifique a ruta previamente elixida, deberallo comunicar aopersoal de organización dos postos de control canto antes.
  10. A organización dispoñerá de servizos de enlaces, ambulancia, servizo médico, duchas e lavado de bicicletas.
  11. A organización poderáobrigar a calquera corredor/a que non se atopenascondicións físicas adecuadas, ou non cumpracosprazos máximos de paso establecido nos diferentes puntos de control, a retirarse da proba. Neste caso, a organización habilitará percorridos alternativos para axilizar o retorno dos/as usuarios/as ao punto de saída.
  12. A organización habilitará puntos de avituallamento líquido e sólido convenientemente sinalizados, así como duchas e sistemas de lavado de bicicletas na zona de meta.
  13. A descualificación dos/as participantes por parte da organización afectará áspersoas que non respecten as normas de circulación, non dispoñan do dorsal, non estean inscritas na proba, non leven o casco protector regulamentario, non se comporten dunxeito correcto, ético e moral ou non obedezan as indicacións dos axentes de seguridade, persoal da organización ou protección civil. Igualmente serán descualificados/as aqueles/as que eviten os pasos de control mediante atallos no percorridoou non utilicen os equipamentos e instalacións habilitados para a proba de xeito correcto.
  14. Dereito á imaxe. A aceptación do presente regulamento implica obrigatoriamente que o/a participante autoriza os organizadores da marcha á gravación total ou parcial da súa participación nesta, e está de acordo con que poida utilizar a súaimaxe para a promoción e difusión desta en todas as súas formas (radio, prensa, vídeo, foto, DVD, internet, carteis, medios de comunicación etc.). Así mesmo, cede todos os dereitos relativos ásúa explotación comercial e publicitaria que consideren oportuno executar, sendereito, polasúa banda, a recibir compensación económica ningunha.
  15. A organización resérvase o dereito de resolver aquelassituaciónsexcepcionais que se poidan derivar da interpretación e aplicación do presente do regulamento.
  16. A organización poderá neutralizar a marcha se o considera preciso en calquera momento, si unha causa de forzamaior o requerira.
  17. A ruta estará amparada polos permisos solicitados ante a presidencia da Xunta de Galicia e polo servizo de montes sito no mesmo lugar e pola Federación Galega de Ciclismo cos respectivos seguros de RC e de accidentes.
  18. O mero feito de se inscribir neste evento implica a aceptación do presente regulamento. O seudescoñecemento non exime a persoa participante do seu cumprimento.

Inscripción

  • La inscripción ha finalizado.