Ruta motera|

RUTA ASFALTO NON QUENTES A MOTO

  • Organizador evento

    Asociación Cultural Deportiva Recreativa Colibrí

  • Fecha del evento

    12-07-2025

Descripción

I CONCENTRACIÓN MOTEiRA TERRAS DE TOMIÑO E FLORENTIÑA


Benvidos a un evento revolucionario no mundo das concentración moteiras. Imos intentar que pasedes un día xenial e inolvidable cos vosos achegados.
¡Que comece a toleira!


QUE INCLÚE A MIÑA INSCRICIÓN?


Neste evento a primeira novidade é que cada inscripción relacionaráse cunha das tres rutas moteiras que temos preparadas.
Cada persoa terá a opción de elexir o tipo de ruta que quere facer adaptada aos seus gustos. É dicir, unha ruta trail, unha de carretera asfalto e outra para motos OldSchool. Todas éstas son rutas pensando nas cualidades e dificultades de cada moto.


ONDE RECOLLO A MIÑA INSCRCIÓN


Na praza do Seixo recolleránse e verificaránse as inscricións de cada persoa. Recomendamos facer o check con tempo suficiente antes da saída da ruta.
Teránse dous horarios para a recollida da bolsa de inscrito e facer dito trámite.


As horas habilitadas serán as seguintes:


● Horario de mañán: de 09:15 a 10:15 horas
● Horario de tarde: de 15:15 a 16:15


A QUE HORA É A SAÍDA DAS RUTAS?


Como se explica ao principio deste reglamento haberá opción a escoller tres modalidades de rutas: unha trail, de asfaltol e old school.
A ruta trail, a diferencia das outras dúas sairá pola mañán.


➔ HORARIO RUTA TRAIL: a saída será ás 10:30 na Praza do Seixo
➔ HORARIO DA RUTA RÚA E OLD SCHOOL: a saída será ás 16:30 na praza do Seixo


PREZOS E PRAZOS DA MIÑA INSCRICIÓN


O prezo da ruta trail será de 40€ na opción de día completo e logo 25€ no caso de ser de medio día. É dicir:


★ 25€: dorsais, agasallos, pincho e bebida durante a ruta, antorchas da ruta nocturna e duchas. No caso de acompañante serán 20€

★ 40€: dorsais, agasallos, pincho e bebida durante ruta, pincho e bebida de xantar, antorchas da ruta nocturna, duchas, cea, zona de acampada e almorz.
No caso de acompañante serán 35€


As outras dúas rutas so contarán cunha opción. O prezo é:


★ Todo o día 30€ (dorsais, agasallos, pincho e bebida durante a ruta, antorchas da ruta nocturna, duchas, cea, zona de acampada e almorzo)
No caso de acompañante serán 25€


O prazo de inscrición será ata o 7 de Xulio. A partir desta data sumaránse 5€ máis no prezo de cada opción.
*Prezo inscrición no mesmo día serán 5€más sobre o prezo da inscrición


HAY SERVIZO DE ROUPEIRO?


Si, teráse un servizo de roupeiro na Praza do Seixo e no recinto do Alivio.


QUE DEREITOS TEÑO COMO INSCRITO?


-Bolsa de inscrito
-Dorsal (no caso da ruta trail)
-Café de recibimento (no caso da ruta trail)
-Ruta de GPX cun 90% offroad e un 10% de asfalto (no caso da ruta trail)
-Pincho e bebida de xantar (no caso da ruta trail)
-Pincho e consumición durante a ruta
-Duchas
-Participación no sorteo específico de cada tipo de ruta
-Antorcha para a ruta nocturna
-Cea
-Almorzo


PÓDESE DURMIR ALÍ?


Sí, teráse unha zona habilitada no recinto do Alivio tanto para acampada como para autocaravanas e camper.


NORMAS DO EVENTO


-Nas rutas respetaránse as normas de seguridade vial
-Respetaránse as normas de convivencia dos veciños do pobo
-Faráse caso das recomendacións ou instrucións dos membros da organización, policía local, protección civil e demais.
-Todo o acontecido fora do normal funcionamento do evento será responsabilidade da persoa.


QUE MÁIS COUSAS INCLÚE ESTE EVENTO?

-Servizos de comida e bebida a escachar
-Concertos todo o día e Djs
-Postos de multitude de especialidades
-Espectáculo de stun da man de Jaque Stun NH-PINA Stunt TEAM
-Zona de queima rodas
-Touro mecánico
-Exposición de motos Old School da man de OldSchool Galicia
-Sorteos
-Cea


RECOMENDACIÓNS DA ORGANIZACIÓN:


-Chegar con tempo ao check da inscrición.
-Utilizar o equipamento correcto para este tipo de evento e para as rutas
-Respetar as normas de circulación e de convivencia entre nós
-Preguntar todas as dudas as persoas da organización


IMPORTANTE A TER EN CONTA


● A ruta trail estará condicionada ás circunstancias climatolóxicas estipuladas polo Medio Rural. Nese mesmo día a organización se rexirá polo IRDI que marque
organismo.
Este IRDI é o índice de risco diario de incendio forestal (IRDI) baséase no sistema canadense (Fire Weather Index). Este índice ofrece unha aproximación á
intensidade do lume que pode producir un incendio. Canto maior sexa o índice, maior intensidade e, polo tanto, máis difícil de extinguir.
Todo isto condiciona a viabilidade da ruta. É por iso que se o risco fora moi alto ou extremo a ruta terá lugar por asfalto.


A información de dito índice pódese comprobar no seguinte enlace:
https://mediorural.xunta.gal/es/temas/defensa-monte/irdi


LOCALIZACIÓN DO EVENTO


Terá lugar tanto na Praza do Seixo de Tomiño como no recinto de festas Do Alivio.

CONTACTO ORGANIZACIÓN:

Sheila: 600 667 256

Roberto: 625 721 129

acdrcolibri@gmail.com

Inscripciones Realizadas

Apellido Nombre
Santos gomez Gabriel
GONZALEZ ALONSO JORGE LUIS
Neiva López José Luis
Correa Ferreira Luis
Alfonso Sousa Manuel

Inscripción

  • Nº inscritos 5 de 120
    La inscripción ha finalizado.