Carrera Popular|

MILLA CIDADE DE VIGO 2025

  • Organizador evento

    Federación Galega de Atletismo

  • Fecha del evento

    14-12-2025

Descripción

A Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, co patrocinio do Concello de Vigo e a colaboración de Máis que Auga e Atlántico Diario, organizan a MILLA CIDADE DE VIGO 2025. Esta proba está incluída no circuíto Run RunVigo  2025.

As probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e estarán suxeitas ao seguinte regulamento:

1.- Data:

A proba celebrarase o domingo 14 de decembro de 2025 a partir das 10:30 horas na rúa Lamelas fronte as instalación de Máis Que Auga (Navia).

2.- Saída e Meta:

A saída e meta das probas será dende a zona do Máis que Auga Navia (Rúa Lamelas).

3.- Participantes:

Nesta proba poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, se atopen ou non federadas,  habendo unha única clasificación conxunta de cada carreira programada. O control da carreira estará a cargo do comité galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. Os/as participantes deben cumprir as condicións de participación e inscrición reflectidas no presente regulamento.

4.- Inscricións, prazos e prezos:

As inscrición realizaranse a través da páxina web https://magmasports.es/es/eventos/run-run-vigo.

Prezos de inscrición:

  • Categorías Adultos: 6 €.

  • Categorías peques ata sub 20: 1 €.

O prazo de inscrición rematará o día 10 de decembro ás 23:59 horas.

5.- Horarios, distancias aproximadas e Categorías:

 

CATEGORÍA

ANOS NACEMENTO

DISTANCIAS (Aprox.)

HORARIO

F3, F4 Y F5

Entre 1975 e anteriores

1.609 M

10:00 horas

M4 Y M5

Entre 1965 e anteriores

1.609 M

10:10 horas

M3

Entre 1966 e 1975 (ambos incluídos)

1.609 M

10:20 horas

F2

Entre 1976 e 1985 (ambos incluídos)

1.609 M

10:30 horas

M2

Entre 1976 e 1985 (ambos incluídos)

1.609 M

10:45 horas

F1

Entre 1986 e 2005 (ambos incluídos)

1.609 M

11:00 horas

M1

Entre 1986 e 2005 (ambos incluídos)

1.609 M

11:10 horas

 

ENTREGA DE PREMIOS

 

11:25 horas

SUB 18-20 Masc e Fem.

Nados entre 2006 e 2009

1.609 M

11:45 horas

SUB 16 e Sub 14 Masc.

Nados en 2010,2011,2012 e 2013

1.200 M

11:55 horas

SUB 16 e Sub 14 Fem.

Nadas en 2010 ,2011,2012 e 2013

1.200 M

12:05 horas

SUB 12 Masc.

Nados en 2014 e 2015

800 M

12:15 horas

SUB 12 Fem.

Nadas en 2014 e 2015

800 M

12:25 horas

SUB 10 Masc.

Nados en 2016 e 2017

400 M

12:35 horas

SUB 10 Fem.

Nadas en 2016 e 2017

400 M

    12:45 horas

SUB 8 Masc.

Nados en 2018 e 2019

200 M

12:55 horas

SUB 8 Fem.

Nadas en 2018 e 2019

200 M

13:05 horas

PEQUES

Nad@s 2020 e posteriores

50 M

13:15 horas

 

ENTREGA PREMIOS

 

13:45 horas

 

Os horarios e grupos definitivos están suxeitos a modificación en función do número de inscritos para cada categoría e comunicarase con suficiente antelación.

 

NAS PROBAS DE ADULTOS APLICARANSE AS CATEGORÍAS DO CIRCUITO Run RunVigo  2025.

 

6.- Percorridos:

Todas as carreiras  desenvolveranse na rúa Lamelas , con saída e meta diante das instalación de MQA.

As probas de adultos e ata a categoría SUB 18-Sub 20 terán unha distancia de 1.609 metros (Milla) con 4 voltas completas ao percorrido. As demais probas variarán no número de voltas en función da distancia a percorrer.

7.- Entrega de dorsais :

Realizarase nas instalación de Máis que Auga Navia nos seguintes prazos:

  • Domingo 14 de decembro na zona da saída a partir das 09:30 horas e ate media hora antes do

Inicio de cada proba.

 

8.- Premios:

  • Recibirán trofeo os/as tres primeiros/as clasificados/as, tanto masculinos como femininos das categorías pertences o Run RunVigo.

  • Nas probas dende sub 8 ata sub 20 recibirán medalla aos tres primeiros clasificados masculino e feminino de cada unha das categorías.

  • Na categoría de Peques tódolos participantes recibirán a súa medalla.

Os premios entregaranse na praza de entrada a Máis Que Auga nos horarios indicados, 11;:45 h e 14:00 h.

  

9.- Descualificacións.

Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o percorrido da proba, non levar o dorsal ou manipulalo, falsificar datos persoais ou manter un comportamento antideportivo.

Todo o non contemplado no presente regulamento resolverase segundo os regulamentos da FGA, RFEA e World Athletics en vigor, por esta orde, para probas en ruta.

10.- Servizo de duchas e gardarroupa.

SERVIZO DE DUCHAS E SPA:

Grazas a Máis Que Auga tódolos atletas participantes no evento poderán facer uso tanto das duchas como das instalacións da zona de SPA no horario establecido na instalación. Para poder facer uso do mesmo será necesario o uso de gorro de baño e chanclas.

11.- OUTRAS DISPOSICIÓNS REGULAMENTARIAS.

Non está permitido o acompañamento na proba por ningún vehículo alleo á organización, nin bicicletas, patíns ou persoas NON inscritas que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes.

 

SERVIZOS MÉDICOS

A organización contará con servizos médicos obrigatorios, dotando de ambulancia na zona de SAÍDA/META. Os servizos médicos e o Xuíz Árbitro da competición están facultados para retirar da proba a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.

 

SEGUROS

Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e Accidentes Deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecemiento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Afirmo que estou en bo estado físico para a desputa da proba, eximindo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse neste censo á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais membro da organización. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.

 

ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO

Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o presente REGULAMENTO, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e World Athletics, por esta orde, en vigor.

 

LOPD

Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.

 

NOTA:

Esta proba pertence ao Calendario Oficial da FGA e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo, Complexo Deportivo de Elviña Praza Agustín Díaz, s/n – Salas 15 – 16 – 17, 15008 A Coruña.

 

Inscripción

  • La inscripción ha finalizado.