Ciclismo Montaña XC-Maraton|

MARATÓN BTT COSTA DA MORTE

  • Organizador evento

    MONTENEME, C.C.

  • Fecha del evento

    06-10-2024

Descripción

A proba celebrárase o día 6 de OCTUBRE de 2024 con saída e chegada no Forum de Carballo, e rexirase polo presente regulamento e baixo as directrices da Normativa Técnica da Federación Española de Ciclismo, e da Federación Galega de Ciclismo para as probas de XCM, por ser esta unha proba K.5, e que forma parte do calendario da Liga nacional de XCM 2024, e pola normativa técnica da Real Federación de España, e da Federacion Galega de Ciclismo, para probas GRAVEL, xa que forma parte do calendario nacional, como proba G.5, puntuable para a liga nacional.

1. CATEGORÍAS

Categorías premiadas XCM

  • ELITE/SUB23 masc/fem
  • MASTER 30 masc/fem
  • MASTER 40 masc/fem
  • MASTER 50 masc


Categorías premiadas GRAVEL

  • ELITE/SUB23 masc/fem
  • MASTER 30 masc/fem
  • MASTER 40 masc
  • MASTER 50 masc


*O DÍA 15 DE SETEMBRO SE EXISTE INSCRIPCIÓN DE ALGUNHA CATEGORÍA NON PREMIADA EN ESTE LISTADO, SERÁ AÑADIDA PARA A DISPUTA DA CATEGORÍA E DO CAMPEONATO PROVINCIAL, UNHA VEZ PASADA ESA FECHA, XA NON ESTAREMOS EN TEMPO DE FABRICAR OS TROFEOS ARTESANAIS, POLO QUE NON PODRÁN AÑADIRSE NOVAS.


2. PREMIACIÓNS


O epicentro da Maratón XX Marcha Costa da Morte, será no Forum Carballo, situado en Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n, 15100 Carballo, A Coruña

https://goo.gl/maps/UD6GhGXFDbTTPTsQ9

Horario: O inicio será ás 9:30 horas. e o pecho do evento as 15:30


Especificando os horarios das saidas por probas

  • XCM- 9.30
  • GRAVEL- 9:45
  • MARCHA BTT CORTA E LARGA-10:00

3. PERCORRIDO


A proba XCM terá o seguinte percorrido: - 71 km e 1736 m+ aproximadamente. O itinerario transitará por os montes de Carballo, Malpica de Bergantiños e Coristanco.


Podendo descargar o track da MARATÓN Clicando aquí


A proba GRAVEL terá o seguinte percorrido: - 54 km e 1736 m+ aproximadamente. O itinerario transitará por os montes de Carballo, Malpica de Bergantiños e Coristanco.


Podendo descargar o track da GRAVEL Clicando aquí

A MARCHA LONGA terá o seguinte percorrido: - 40 km e 1736 m+ aproximadamente. O itinerario transitará por os montes de Carballo, Malpica de Bergantiños e Coristanco.


Podendo descargar o track Clicando aquí


A MARCHA CURTA terá o seguinte percorrido: - 34 km e 1736 m+ aproximadamente. O itinerario transitará
por os montes de Carballo, Malpica de Bergantiños e Coristanco.


Podendo descargar o track Clicando aquí


4. PARTICIPANTES

Está aberta a calquera participante federado ( Sub 23/Élite, Máster e cicloturista) ou non federado (licenzas de 1 día).
Os participantes deben ser maiores de 16 anos ata un máximo de 300 participantes entre a Maratón a Marcha Cicloturista, e a Gravel. Cada participante fará uso obrigatoriamente do casco e do dorsal personalizado asignado pola
organización. O participante deberá aceptar que o dorsal é intransferible e que non o poderá ceder para que o leve outra persoa.
Está prohibida a participación de bicicletas eléctricas en competicións, solo podrán participar en categorías cicloturistas.
Na categoría Gravel solo podrán participar bicicletas Gravel, conforme dicta a normativa UCI.


4.1. Orde de saída. Será por caixóns e organizarase da seguinte forma:
-9:30/9:45
-1. Líderes absoluto/a da Liga nacional
-2. Corredores/as con puntos no ranking individual UCI de XCM/XCO/GRAVEL, por orde de maior
a menor.
-3. 15 corredores/as invitados/as como máximo por parte do organizador, ou que compren a plaza
de saida en este box (precio duas alpacas de herba seca) (previa consulta á Organización)
-4. Corredores/as con puntos no ránking individual RFEC de XCM e GRAVEL.
-5. 50 primeiros corredores da clasificación absoluta do Ranking de Galicia, ou Campeonato de
Galicia da modalidad
-6. 15 primeiras corredoras da clasificación absoluta do Ranking Galego ou Campeonato Galego
da modalidad.
-7. Resto de corredores por orde de inscrición.
-8. GrupoCicloturista.
-9. E-BIKES.
4.2 Saída conxunta as 10:00 da mañá
-1. Marcha 51KM
-2.Marcha 35km


5. INSCRICIÓN

Para poder participar no Evento, deberase estar previamente inscrito na plataforma DE WWW.MAGMASPORTS.ES
Non se lle permitirá a súa participación a ningunha persoa que non teña dorsal previamente entregado olos membros da organización e que non apareza nos listados facilitados pola Federación Galega de Ciclismo, e organización.


O prazo de inscricións remata o MERCORES 02/10 ás 23:59 horas.


6. PREZO

O importe da inscrición é de 29 € para os participantes federados no XCM e GRAVEL e non federados. Os non federados deberán pagar ademais a licenza de un día da Federación Galega (10 €)


A marcha cicloturista de 40km e 34km terá un prezo de 16€ para federados, Os non federados deberán pagar ademais a licenza de un día da federación Galega (10 €).


Dita inscripción da dereito a participar na proba, seguro de asistencia sanitaria e de responsabilidade civil, avituallamentos, comida final e cantos obsequios ou regalos poida conseguir a organización.


6.1 A recollida de dorsais realizarase nas instalacións do FORÚM CARBALLO situado na plaza dos bombeiros voluntarios S/N 15100 Carballo, A Coruña o día da proba entre as 07:30 e as 9:10 horas (para as marcha cicloturista repartiranse dorsais ata as 09:30 horas). Todo participante deberá levar, de forma obrigatoria e visible o dorsal na parte dianteira da bicicleta.Todo participante que non leve colocado de maneira visible o dorsal será excluido da marcha por membros da organización ou polas forzas do orden. Para recoller o dorsal é OBRIGATORIO presentar o DNI e a
licenza da RFEC, no caso de que non se teña suscrito o seguro federativo por un día proposto pola organización.


7. MARCAXE

O recorrido estará sinalizado con bandeirolas de cor AMARELO e LARANXA, e cintas. É obrigatorio o paso polos controis de tempo colocados no percorrido.


8. TEMPO DE CORTE E PECHE

Os/as participantes que sobrepasen as 11.40 horas no paso polo punto de paso de meta en CARBALLO (Km 26.45 aprox), serán obrigados a quedar na meta situada no Forum. Así mesmo os voluntarios de peche de ruta, ou o responsable de cada control xunto ca autorización dos xuíces-árbitros terán potestade para retirar da proba a calquera
ciclista si o seu tempo durante o transcurso da proba ou o seu estado de saúde así o aconsella. O/A ciclista que se retire durante o transcurso da proba, deberá avisar ao control máis próximo e facer entrega do dorsal.


O/A ciclista que faga caso omiso da orde de retirada dada polos xuíces- árbitros e a Organización, quedará automaticamente fora de competición, considerándose que actúa baixo a súa enteira responsabilidade e en contra do criterio dos organizadores da proba que, a partir dese momento, declina calquera responsabilidade sobre as posibles consecuencias dos seus actos.


A distancia de 35km, poderá ser neutralizada para garantir a seguridade dos participantes en zonas con tráfico aberto. Os ciclistas que vaian moi adiantados en esta distancia, serán desviados obligatoriamente para a distancia mais larga, xa que ten carácter lúdico con dificultade moi accesible a todos os públicos, sen buscar dificultades e atrancos.  Buscamos fomentar a practica do ciclismo a persoas que están menos habituadas.


9. AVITUALLAMENTOS

Existirán 3 avituallamentos. Todos serán líquidos, a excepción de un, no que a organización pode colocar un avituallamiento liquido-solido se as condición meteorológicas o requiren, cumpliendo este o protocolo COVID. Ao remate da proba haberá tamén un avituallamento.
En cada punto de avituallamento haberá auga. Ademais haberá papeleiras para abandonar os restos de xeles e demais envoltorios, vasos, etc.. Todos/as os/as participantes, organizadores, colaboradores, ..., debemos ser responsables co medio no que estamos a desenvolver esta actividade.


10. PREMIOS E CLASIFICACIÓN

NON se darán premio en efectivo. Para as categorías masculinas, sub23/élite e máster 30, 40, 50 haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados, para as categorías femeninas, sub23/elite e master, tamen habrá trofeos. Os trofeos
serán entregados cumprindo a Normativa Técnica da RFEC de XCM e según a normativa técnica da RFEC de GRAVEL.


10.1. Clasificación por equipos. Haberá un único premio e será a correspondente á suma dos tempos dos/as 3 primeiros/as corredores de cada equipo que realizaran o recorrido completo do XCM e GRAVEL en menos tempo.


Os/As participantes cicloturistas e non federados/as terán unha relación co tempo empregado por cada deportista en completar o percorrido da Maratón e Gravel. As demais distancias ( 35km e 50km ) o non ser competitiva, non haberá clasificación, premios en efectivo, nin trofeos, so un recoñecemento o participante de maior edad, o clube mais numeroso e o clube mais lonxano.


11. A organización xunto cos xuíces-árbitros resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas ou a falta de permisos requiridos e necesarios o obrigan ou por forza maior. No caso de efectuar algunha modificación no recorrido, este será comunicado a todos/as os/as participantes por medio das redes sociais e a través da plataforma da Federación
Galega de Ciclismo e Magmasports.


12. Os/as participantes están obrigados a auxiliar aos accidentados e a respetar as normas de circulación nos cruces de carretera, e cando se circula sobre asfalto. En todos os cruces teremos persoal de apoio.


13. Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir aos ciclistas en moto, bicicleta, quad por todo o circuíto.


14. A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así como dos obxectos perdidos de cada participante. Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade en caso de accidente, lesión ou rotura de material (bicicleta, casco, gafas, roupa,...)
Cada participante manifesta explicitamente que libera aos organizadores, patrocinadores, colaboradores, etc. de calquera responsabilidade civil ou doutra índole que se puidera ocasionar durante a participación na PROBA: accidentes, lesións, danos propios ou a terceiros, asumindo cada un dos participantes as consecuencias e responsabilidades que se poidan ocasionar pola participación na mesma.


PROTECCIÓN DE DATOS


Todo participante, ao formalizar a súa inscrición, está autorizando a publicación dos seus datos persoais necesarios para o desenvolvemento da proba, xa sexa nos listados oficiais, en medios de comunicación e/ou internet, así como, o seu
uso para o envío de información relativa ao evento, incluídas posteriores edicións. Igualmente autoriza a que as imaxes recabadas (fotografía ou vídeo) se poidan utilizar de forma atemporal en calquera publicación ou acción publicitaria, co único fin de promoción e difusión do evento.


Cada participante é responsable da veracidade dos datos proporcionados na súa inscrición, e consinte que ditos datos se incorporen a un ficheiro automatizado, do que é responsable o C.C Monteneme con domicilio en Valle Inclán 24º Carballo - Coruña 15100. O titular dos datos terá dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición nos termos previstos na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, adaptada á Normativa Europea (UE) 679/2016. Ao mesmo tempo, informamos sobre a posibilidade de exercer os dereitos de acceso, rectificación e cancelación dos seus datos persoais que constan no ficheiro do C.C Monteneme Para exercer estes dereitos, poderán facelo a través da dirección de correo electrónico, CCMONTENEME@GMAIL.COM
15. O mero feito de inscribirse na proba supón a aceptación do presente regulamento e a renuncia a todos os dereitos contra a organización, renunciando a toda acción legal que pudiera derivarse da súa participación na proba.


1. PROGRAMACION. RECOLLIDA DE DORSAIS
2. Sábado 05 de OUTUBRO
3. - Poderase facer un pequeno Briefing da proba, ven directo ou través de medios telemáticos.
4. Domingo 06 de OUTUBRO
5. - Recollida de dorsales de 07:30 a 09:10h/(9:30hMARCHA) no HALL do Forum Carballo
6. - Formación de parrillas de salida: 9:10h/9:35h/9:50h
7. - Saida: 9:30h/9:45h/10:00h
8. - Chegada primer corredor de XCM: 12:20h
9. - Entrega de trofeos (Horario: 13:30 horas). Praza Do Forum Carballo
10. HABRÁ DUCHAS ,ZONA DE LAVADO DE BICIS E AVITUALLAMENTO FINAL

Inscripción

  • Nº inscritos 56 de 60
    La inscripción ha finalizado.
    Distancia: 71