Con motivo do Día Internacional da Muller, que se conmemora cada 8 de marzo, o Concello de Meis organiza a IV Andaina Solidaria o domingo 16 de marzo pola ruta das Salcedas con visita ó taller do escultor Lucas Míguez. Saida do adro da iglesia de San Salvador de Meis.
RECOLLIDA DE DORSÁIS: O día da proba a partir das 9h. da maña ata 9:45h. no adro da iglesia de San Salvador de Meis.
A recadación donarase integramente a asociación ACADAR
A misión da entidade é a de promover, coordinar e reivindicar a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade en tódolos ámbitos da vida, facendo visible a interacción dos diversos factores que condicionan a nosa autonomía e sitúannos nunha posición con maiores niveis de discriminación.