Carrera Popular|

INVASIÓN CELESTE By Profand ADULTOS

  • Organizador evento

    Fundación Celta de Vigo

  • Fecha del evento

    24-09-2023

Descripción

1. A Fundación Celta de Vigo organiza a Carreira Popular da Fundación Celta de Vigo |  Invasión Celeste By Profand. Proba que se disputará o vindeiro 24 de setembro do 2023 con saída dende a sede (C. Príncipe) e meta no estadio Abanca Balaidos.
 
2.  A proba celebrarase sobre un percorrido urbano de 8000 metros nas categoría absolutas, 1.000 metros en categorías por debaixo de Cadete (incluídos) e 50 metros os Chiquiceltas.
 
3.  A Carreira terá tres diferentes saídas en función das categorías. 
 
11:45h Chiquiceltas: Nenos e nenas nados/as en 2016, 2017, 2018 e 2019 Percorrido de 50 metros dentro do Estadio.
 
11:30h
Sub-10 , nados/as en 2014 y 2015
Sub-12, nados/as en 2012 y 2013
Sub-14, nados/as en 2010 y 2011
Sub-16, nados/as en 2008 y 2009
Percorrido de 1K. Unha volta o exterior do estadio e meta no interior.
 
10:00 Homes e mulleres:
 
Sub-20, nados/as en 2004 y 2007
Sub-23, nados/as en 2001 y 2003
Senior nados/as entre 1990 y 2000
Veteranos A, entre 1984 y 1989
Veteranos B, entre 1974 y 1983
Veteranos C, entre 1964 y 1973 anos
Veteranos D, antes do 1958 incluído
Percorrido urbano de 8,0K.
 
4. Será necesario que haxa como mínimo 3 participantes do mesmo sexo en cada categoría na liña de saída para a constitución da mesma; Os atletas das categorías non constituídas serán asignados á categoría inmediatamente anterior á que lle corresponda.
 
5. As inscricións realizaranse a través da páxina web www.rccelta.es mediante pago con tarxeta de crédito. As inscricións pecharanse o 20 de setembro. Non é preciso estar federado e non se admiten inscricións fora do prazo marcado.
 
6. O coste da inscrición é de:
 
Chiquiceltas: 2€
1K:  5€ 
8K:  10€ antes do 10 de setembro
        14€ entre o 11 e o 20 de setembro.
 
7.  Os dorsais e Chip de adultos serán entregados o Sábado 23 de setembro en C. Príncipe na tenda tenda R.C. CELTA PRÍNCIPE, Sábado de 10 a 14 e de 17 a 20h. Domingo 24 de 8:00 a 10:00
 
Os dorsáis e chips de nenos serán entregados o Sábado 23 de setembro en C. Príncipe na tenda R.C. CELTA PRÍNCIPE, Sábado de 10 a 14 e de 17 a 20h. Domingo 24 en Balaídos na tenda do R.C CELTA BALAÍDOS de 9:00 a 11:00
 
8.  Coa entrega do Dorsal e Chip  entregarase un agasallo conmemorativo da Invasión  Celeste.
 
9.  A saída das probas serán no interior do Estadio Abanca Balaidos, o que se poderá acceder dende a grada de Río, porta 19, sita na rúa Avd. de Citroën
 
11:45 Saída Chiquiceltas
11:30 Saída 1K
10:00 Saída 8K (proba absoluta)
Este horario poderá ser modificado pola organización.
 
10. O longo do percorrido a organización establecerá os puntos de control que estime oportunos, os cales poderán descalificar a calquera participante que realice algunha irregularidade  no trazado da proba ou actúe de forma antideportiva.
 
11. Premios: Todas as categorías obterán medalla ata os tres primeiros clasificados. Chiquiceltas non é unha proba competitiva, pero todos os participantes levarán unha medalla.
 
12. Avituallamento: Porase a disposición dos participantes avituallamento líquido e sólido na zona de Meta.
 
13. A organización non se fará responsable de danos morais e materiais que así mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes, e todo o non previsto neste regulamento resolverase de acordo o regulamento en vigor.
 
14. A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil. Todos os participantes disporán de seguro de accidentes, non lesións, para o día da carreira contratado pola organización.
 
15. Conforme a la L.O 15/1999, informamos que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, cuxo responsable é Fundación Celta de Vigo con domicilio social en Rúa do Príncipe 44. 36202 Vigo (Pontevedra). A finalidade deste ficheiro e levar a cabo a xestión de datos dos atletas vinculados coa asociación. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición poderá facelo dirixíndose por escrito o enderezo sinalado, axuntando unha fotocopia do seu DNI.
 
16. Polo so feito de inscribirse, o participante declara o seguinte: “Atópome en estado de saúde óptimo para participar na Carreira da Fundación Celta de Vigo. Comprométome durante o desenrolo da competición a contribuír no posible ca Organización para evitar accidentes persoais. Autorizo ademais a que a organización faga uso publicitario de fotos, vídeos e calquera outro tipo de material audiovisual no que poda figurar, aceptando a publicación do meu nome na clasificación da proba, nos medios de comunicación e/o internet, sen esperar pago, compensación ou retribución algunha por este concepto”.
 
17. A inscrición de a Carreira “INVASIÓN CELESTE By Profand”  implica a total aceptación deste regulamento.
 
18. Percorrido
 
  • Salida: A Sede (Príncipe)
  • Trav. Príncipe
  • Policarpo Sanz
  • Colón
  • Príncipe
  • A Sede
  • Porta do Sol
  • Praza da Princesa
  • Arco de Quirós
  • Joaquín Yañez
  • Praza Constitución
  • Porta do Sol
  • Elduayen
  • Abeleira Menéndez
  • Ferrería
  • Pi y Margall
  • López Mora
  • Camelias
  • Praza América
  • Fragoso
  • Val Miñor
  • Avenida Citroën
  • Senda del Lagares
  • Avenida de Florida
  • Senda del Lagares
  • Rúa Olímpicos
  • Fragoso
  • Meta: Estadio Balaídos

19. A entrega de trofeos realizarase no estadio de Balaídos as 12:30

20. Gardarropa

Entrega de mochilas en C/Velazquez Moreno altura Casa del Libro, furgoneta RC Celta, serán trasladadas a Balaídos para súa devolución

21. Os corredores poderán facer uso dos vestiarios do estadio de Balaídos e recibirán un avituallamento, no momento da recollida do dorsal entregaráselle un agasallo

Inscripción

  • La inscripción ha finalizado.
    Distancia: 8000m