Trail|

INSCRICIÓN CIRCUITO (3 PROBAS)

  • Organizador evento

    ArousaNeo

  • Fecha del evento

    29-01-2023

Descripción

Asentado coma un dos mellores circuitos de carreiras de trail dentro
panorama galego. Con tres probas a desputar ao longo de 112 días no
que terás que demostrarte a ti mesmo e aos teus rivais a túa
capacidade para manterte nunha clasificación xeral e apoiar ao teu
equipo nunha clasificación por equipos. Todo aporta, e tod@s suman.

No Revolutrion-Trail Series 2023 preséntanse máis novedades que o
diferenciarán claramente das anteriores edicións, e co que buscamos
manterche "enganchad@" no apaixoante mundo das carreiras polo monte.

Tod@s aquel@s inscrit@s para participar no circuíto Revolutrion Trail Series 2023, coma en calquera proba individual que o conforma, sométense ao seguinte regulamento:

 

PERCORRIDO:

  • O percorrido desenvolverase sobre un circuíto con piso de terra debidamente sinalizado.
  • A organización non pode garantir a cobertura en todo o percorrido.
  • A organización, nun punto determinado do percorrido, establecerá un control para retirar a todos os participantes sen dorsal.
  • Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.
  • tempo máximo para completar cada proba figura nas características técnicas da mesma. A partir dese intre os corredores que permanezan en ruta deberán abandonala e non se garantirá a súa cobertura.

 

PREZOS:

  • O importe por anotarse para todo o circuíto é de 40 € por persoa para participar nas probas curtas, e 55 € por persoa para participar en todas as probas longas.
  • O importe de cada carreira anotándose independentemente para cada unha delas é de de 15 € para as distancias curtas, e de 20 € para as distancias longas.
  • Cada participante terá un chip e un dorsal que se lle entregará o día da proba, o chip debe ser devolto unha vez finalizada a carreira. Non devolvelo implicará o abono de 10 € en concepto de penalización.
  • Aquel@s que se anoten para o circuíto terán dereito a obsequio conmemorativo do circuíto que se entregará na primeira proba.
  • Pódese modificar a inscrición e cambiar de distancia ata 7 días antes de cada unha das probas, abonando ou reintegrando a diferencia de 5 €, según corresponda.
  • Todos aqueles equipos que se inscriban antes do 1 de xaneiro de 2023 por cada 10 membros inscritos terán a posibilidade de inscribir a un membro máis de xeito gratuíto.

 

INSCRICIÓNS:

Para o circuíto, o prazo de inscrición ábrese o día 14 de novembro e péchase o Luns 23 de Xaneiro ás 09:00 h.

Para formalizar a inscrición proba a proba os prazos quedan como sigue:

  • Trail da Cidá: apertura o 15/11/2022 - peche 23/01/2023 ás 23:59 h.
  • Trail de Outes: apertura o 15/11/2022 - peche 26/2/2023 ás 23:59 h.
  • XToSín Trail: apertura o 15/11/2022 - peche 14/5/2023 as 23:59 h.
  • As inscricións realizaranse a través de www.magmasports.es nun formulario habilitado para tal fin. Poderase comprobar na mesma web a listaxe de inscritos.
  • A inscrición da dereito a cronometraxe electrónico por chip, seguro de accidentes, avituallamentos intermedio e final, servizo de ducha, asistencia sanitaria en carreira, trofeos, e a participar nos sorteos dos produtos dos patrocinadores.
  • A non participación, retirada ou descualificación da proba non implica a devolución do importe.
  • A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do atleta que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de proba.
  • A inscrición na proba implica a aceptación do regulamento da mesma sen reservas (recoméndase a súa lectura).
  • Calquera modificación sobre a inscrición hai que notificala un día antes do peche do prazo de peche.
  • Se unha vez inscrit@ no circuíto, decides non participar e sempre que o comuniques 24 horas antes do peche das inscricións (do circuito) devolveráseche integramente o importe da inscrición.

 

CATEGORÍAS:

Establécense dúas categorías en función do ano de nacemento (non se ten en conta o día nin o mes, só o ano):

  • Sacho
    • Homes nacidos entre 1978-2005 (45-18 anos)
    • Mulleres nacidas entre 1983-2005 (40-18 anos)
  • Fousa
    • Homes nacidos no 1977 ou antes (>=46 anos)
    • Mulleres nacidas no 1982 ou antes (>=41 anos)

 

PREMIOS POR CARREIRA:

Recibirán trofeo (non son acumulativos):

  • @s tres primeiros da xeral individual
  • @s tres primeir@s da categoría Sacho
  • @s tres primeir@s da categoría Fousa
  • Os dous primeiros equipos
  • Trofeo especial "Peneira" a aquel corredor/a que amose unha conduta deportiva merecedora da distinción (este trofeo ten a condición de acumulativo con calqueroutro).
  • A entrega de trofeos realizarase 5 minutos despois do peche da carreira (ver a ficha técnica de cada proba) nun espazo habilitado preto da liña de meta.
  • Se un/unha premiad@ non recolle o trofeo que lle corresponda, perde o dereito a reclamalo con posterioridade.
  • Se a organización o considera necesario solicitará xustificar documentalmente a idade e condición dos atletas para poder acceder aos premios.

 

PREMIOS DO CIRCUITO:

Recibirán trofeo por distancia (curta ou longa):

  • @s tres primeir@s da clasificación xeral
  • Os dous primeiros equipos equipos da clasificación xeral
  • Primeir@ de cada unha das categorías: Sacho e Fousa (estes trofeos NON serán acumulativos)

 

CLASIFICACIÓNS:

Para cada proba elaborarase unha clasificación xeral por tempo de entrada en meta, desagregada en cada unha das categorías, para o circuíto Revolutrion Trail Series 2023 establécese un sistema de clasificación como se detalla a continuación:

CLASIFICACIÓN MASCULINA E FEMININA:

  • A clasificación terá un sistema de suma de tempos acadados nas dintintas probas en orde crecente, sendo @ primeir@ clasificad@ @ que menos tempo acade. No caso de empate, terase en conta a mellor posición de entrada en meta.
  • No caso de abandono ou non participación nunha das probas ou de entrada na meta fora do tempo máximo designado na ficha técnica de cada unha delas, computarase o tempo d@ derradeir@ participante en entrar na meta +30 segundos.

CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS:

  • Establécese un sistema de puntuación crecente que determinará a clasificación (@s primeir@s serán @s que menos puntos acumulen)
  • @s participantes acadarán tantos puntos coma a súa orde de entrada en meta (por exemplo: @ 3º levará 3 pts, @ 9º levará 9 pts, etc)
  • Sumarán puntos para o equipo @s catro primeiros membros en cruzar a meta tendo que ser cando menos un deles unha MULLER
  • Para puntuar coma equipo é preciso ter 4 membros na distancia pola que queiran competir (Podes ter un equipo que compita nunha distancia, e outro na outra; ou dous equipos na mesma distancia).
  • A suma dos puntos acadados determinará a posición do equipo na clasificación.
  • No caso de empate a puntos, tomarase como referencia para a clasificación a suma dos tempos dos integrantes dos equipos.
  • Non se permiten cambios de equipo e distancia unha vez pechado o plazo de inscrición do circuito.
  • Un mesmo club pode inscribir tantos equipos como queira, sempre que teñan un mínimo de 4 integrantes e os inscriba ca variación do nome do equipo correspondente (por exemplo: NomedeClube A, NomedeClube B, etc)

Despois de cada proba publicaranse nesta web as clasificacións detalladas, tanto por cada carreira coma do Revolutrion Trail Series 2023

 

PARTICIPANTES:

  • Está rigorosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descualificación dos atletas acompañados.
  • Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calquera participante se consideran que a condición física ou a súa actitude o require, así como a todos aqueles que corran sin dorsal.
  • Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así como a respectar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.
  • Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo nas seguintes condicións:
    • Finamento por accidente: 10.000 €
    • Invalidez por accidente: 12.000 €
    • Asistencia sanitaria en centros concertados: 6.000€
  • Os participantes asumen que existe o risco dun accidente de gravidade, e está nas súas mans prever e minimizar ese risco evitando unha actuación que o poña en perigo a él ou a terceiros.
  • Os participantes son conscientes que non sempre se pode acceder cos servizos de emerxencia adecuados a todas as zonas do percorrido.
  • Os participantes deben empregar con dilixencia os equipos de protección propios adecuados ademais daqueles que a organización considere obrigatorios. Os equipos de protección deben empregarse sempre ca finalidade e uso que foron deseñados.
  • Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.
  • A idade mínima é de 18 anos. Calquera membro da organización pódelle pedir a un participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar).
  • A organización facilitará o tempo final da proba, non se dispoñerá de tempos intermedios.
  • Cada participante é o responsable de localizar e seguir as marcas que balizan o percorrido.
  • Os participantes autorizan á organización a utilizar a imaxe fotográfica ou videográfica dos corredores durante a proba e a súa vinculación co evento.
  • Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.

 

AVITUALLAMENTOS E DUCHAS:

  • En todas as probas haberá avituallamento intermedio líquido (ver ficha de cada carreira).
  • Nos avituallamentos intermedios non se dispondrá de recipientes para líquido (cada participante deberá levar o seu recipiente).
  • Disporase de un avituallamento final de líquido e sólido na liña de meta.
  • A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases, a non utilización deles suporá a descualificación do participante.
  • Facilitarase acceso a duchas e aseos ao remate de cada proba.

 

MATERIAL:

  • É recomendable antes de tomar a saída portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar aos avituallamentos indicados.
  • É recomendable levar un teléfono móbil con batería e saldo para estar en contacto coa organización se fose preciso.
  • É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquera corredor que non cumpra esta recomendación.
  • A tódos/as os/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible ata o remate da carreira, sendo descualificado o corredor que chegue sen dorsal.
  • Facilitarase un chip a todos/as os/as participantes que deberá situar no calzado ou no nocello para a súa correcta lectura nos puntos de control, se o corredor non devolve o chip ao remate da proba deberá abonar o importe do mesmo á empresa provedora.
  • A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado durante a proba.
  • Recoméndase atender á información ao corredor que se remitirá uns días antes da proba, por si se incorporase algún material obrigatorio ou recomendado a maiores en función das condicións climáticas.

 

RETIRADA DE DORSAIS:

  • O mesmo día da proba no lugar de saída, dende 1 h. antes da hora de saida, e ata 15 min antes da saída de cada unha das carreiras.
  • Se a organización o solicita debe acreditarse con documento oficial a titularidade do dorsal.
  • Recoméndase seguir as instrucións da organización e dirixirse á mesa indicada ca inicial do seu apelido para axilizar a retirada.
  • É imprescindible para a retirada do dorsal ter presentado (pódese presentar no momento) a FOLLA DE RESPONSABILIDADE E MANIFESTACIÓN que lle será facilitada para a retirada do dorsal; a organización resérvase o dereito a non entregarlle o dorsal a aquel participante que non a presente.

 

 

DESCALIFICACIÓNS:

  • Se o participante amosara unha conduta antideportiva.
  • Se o participante retira sinais da carreira.
  • Se o participante non remata o percorrido.
  • Se o participante non atende as indicacións da organización.
  • Se o participante non porta o material obrigatorio.
  • Se o participante atenta contra o medioambiente.
  • Se o participante non auxilia a outro participante que o solicite.
  • Se o participante abandona o percorrido ca finalidade de atallar ou adiantar doutros participantes.
  • Se o participante pon en risco a súa integridade ou a doutros participantes cunha conduta manifestamente temeraria.

 

OUTRAS CONSIDERACIÓNS:

  • Calquera outra disposición non recollida neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso.
  • A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades; de acontecer este suposto, comunicaríase unha nova data de celebración.
  • Calquera tipo de reclamación deberá ser realizada inmediatamente despois do remate da proba para non entorpecer o desenvolvemento da mesma.
  • Arousa NeO non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.
  • O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

Inscripción

  • La inscripción ha finalizado.
    La inscripción ha finalizado.