A Asociación Cultural “BARCA DE LOIMIL” (Arbo) organiza o II Trail “Tres Rios”, o vindeiro 28 de agosto de 2022. Esta carreira discorrerá polo termo municipal de Arbo, sendo os ríos que regan o noso concello os que dan nome á proba, o Miño e os seus dous afluentes, Cea e Deva. Ademais ascenderemos aos cumios máis senlleiros da orografía: San Felipe, San Fins e o Drago.
Serán daquela dúas distancias:
Un Trail Longo de 30 km e un Trail Curto de 16 km, para poder escoller segundo as preferencias.
Ser maior de idade no día da proba. Coñecer e aceptar as condicións desta regulamento.
Estar totalmente informado sobre as características do que é un Trail (carreira por montaña) con este perfil e distancia e dispoñer do coñecementos, experiencia, material e os niveis físicos e psicolóxicos necesarios para poder e superar os posibles problemas relacionados coa resistencia física, desnivel,orografía e o entorno do evento, tales como: fatiga, problemas dixestivos, problemas musculares/articulares, contusións, lesións menores, frío, choiva, esvaróns, calor ... etc.
Realizar correctamente a inscrición polos medios que dispoña a organización
Realizarase a través da empresa especializada nos prazos que figuran en devandita páxina.
A inscrición leva implícito un seguro de accidentes con vixencia durante a proba, asistencia e os abastecementos líquidos/sólidos que se establezan, tanto ao longo dos percorridos como no final.
A inscrición implica o coñecemento e aceptación deste Regulamento de carreira.
Os/as participantes aceptan que as imaxes e reproducións producidas nesta carreira por montaña poderán ser utilizadas pola organización, para a proxección do evento, e nunca para o prexuízo das persoas nin dos dereitos fundamentais das mesmas. De acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro LOPD (Lei Orgánica Protección de datos), todos os datos dos participantes recollidos no formulario de inscrición serán incluídos nun ficheiro privado propiedade da Asociación “Barca de Loimil”, con fins exclusivos de xestión da proba.
Todos/as as/os interesados/as poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos persoais mediante correo electrónico a barcadeloimil@hotmail.es
A proba está limitada a 300 participantes. Trail Longo 30 km 150 prazas e, Trail Curto 16 km 150 prazas. Unha vez esgotadas as prazas, pecharanse as inscricións. O feito de formalizar a inscrición, implica a aceptación do presente regulamento.
1º Prazo: do 10 de xuño de 2022 ao 18 xullo ás 23:59h, de 2022.
Prezos:
Trail Longo 30 km: 18 euros
Trail Curto 16 km: 14 euros
2º Prazo: do 19 de xullo ao 21 de agosto as 23:59h, de 2022.
Prezos:
Trail Longo 30 km: 22 euros
Trail Curto 18 km: 18 euros
Os abastecementos sólidos/líquidos ao longo dos percorridos e en meta final.
Bolsa do corredor con dorsal e camiseta técnica conmemorativa.
Asistenza durante o transcurso e ao finalizar a proba.
Duchas e gardarroupa
Todos cantos agasallos poida conseguir a Organización
A cada corredor/a entregaráselle un dorsal persoal e intransferible, que deberá levar durante toda a carreira. Será ben visible e na parte dianteira, sen dobrar nin cortar. Os dorsais entregaranse no lugar, data e hora que a organización designe á persoa interesada debidamente identificada cun documento legal en vigor. Para iso debe presentar o orixinal do DI, carné de conducir, pasaporte ou documento equivalente para estranxeiros.
O dorsal, permitirá acceder a todos os servizos que presta a Organización. A ausencia do dorsal sen causa xustificada supoñerá a descualificación do corredor.Por cuestións legais (coberturas de seguro dos participantes) non está permitido ningún cambio de dorsal entre corredores.
Exclusivamente por caso de forza maior e debidamente xustificada, o corredor poderá anular a súa
inscrición, con un prazo de 15 días anteriores ao peche das inscricións. Descontarase 5 euros da
inscrición por gastos de xestión. Así mesmo, ata o día 1 de agosto poderanse facer cambios na
titularidade do dorsal. Calquera cambio ou anulación deberase formular a través do correo
electrónico barcadeloimil@hotmail.es
Zona de saída dende as 7:45 h ata as 8:45h., (pechan a recollida de dorsais 15 minutos antes da
saída)
Programa |
9.30 h Partida Trail Curto (16 km) 11 h - Chegada prevista dos primeiros participantes Trail Curto 13 h - Entrega de Premios |
|
|
Entregaranse trofeos, medalla aos tres primeiros clasificados de cada categoría establecida, tanto
masculinos como femininos. Os trofeos non son acumulativos, dando prioridade a categoría
absoluta.
Categoría Absoluta: a partir de 18 anos cumpridos o ano de referencia.
- Masculina
- Feminina
Categoría Sénior:
- Masculina de 18 a 44 anos cumpridos o ano de referencia.
- Feminina de 18 a 39 anos cumpridos o ano de referencia.
Categoría veterana :
- Masculina a partir dos 45 anos cumpridos o ano de referencia.
- Feminina a partir dos 40 anos cumpridos o ano de referencia
A idade a ter en consideración será a que o participante teña o día 31 de decembro do ano da
competición. En todas as categorías será necesario para validar a clasificación ter unha
participación mínima de 5 competidores. Polo que por baixo dese número non haberá protocolo
de entrega de premios en devanditas categorías.
Trail Longo e Trail Curto ás 13:00h
A ausencia do gañador dun trofeo no acto de entrega destes, entenderase como renuncia aos
trofeos ou premios conseguidos. Toda delegación noutra persoa para a recollida dos trofeos e
premios, deberá ser coñecida e autorizada pola Organización, coa suficiente antelación.
A organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no percorrido, incluso a suspensión da proba, si as condicións meteorolóxicas así o aconsellasen, ou por outras causas de forza maior. O importe da inscrición non sería devolto.
Se fose necesario interromper e suspender a proba nun punto do percorrido, a clasificación determinarase segundo a orde e tempo de chegada no punto de interrupción ou, na súa falta, no último control realizado.
Dado o carácter de semi-autosuficiencia da proba, cada participante deberá prever e portar a cantidade de alimentos, bebidas, sales e complementos que estime necesarios para poder completar o percorrido.
A Organización disporá como apoio dos seguintes avituallamentos, con bebidas e alimentos en cantidades estimadas como razoables, que se deberán consumir no mesmo lugar e depositar no lixo indicado pola organización:
A organización non porá vasos nos postos de abastecementos polo que cada corredor/a é responsable de levar un recipiente para beber. O obxectivo é respectar o medio ambiente e minimizar o impacto medioambiental. É obriga de cadaquén levar os seus refugallos/lixo ata a meta ou lugares sinalados .
Recoméndase a cada corredor/a levar o seguinte material:
O sistema de apelacións e reclamacións rexeranse por dito regulamento. Ditas reclamacións só serán atendidas por medio do formulario facilitado pola organización.
Os participantes do II Trail “Tres Rios” fano de xeito voluntario, sendo plenamente conscientes da lonxitude, desnivel e esixencia física da proba, que se desenvolverá baixo posibles condicións climáticas adversas de frío ou calor, choiva e vento, por terreo de montes, camiños, pistas, sendas ou monte a través.
Os participantes deben ter unha mínima experiencia previa en probas de carreiras en montaña e asegurarse de que as súas condicións físicas, sexan as máis apropiadas para afrontar a proba, así como levar e saber usar o material obrigatorio, sendo responsabilidade seus os problemas que poidan xurdirlles no desenvolvemento da proba por ignorar estes requisitos.
A organización declina toda responsabilidade, en caso de accidente por neglixencia do corredor, así como pola perda ou rotura dos obxectos persoais de cada participante. Cada corredor será responsable de todo dano ou lesión que poida causarse a si mesmo ou a terceiros, exonerando á Organización e á A.C. Barca de Loimil de calquera responsabilidade en caso de accidente ou lesión.
Todos os participantes, polo feito de inscribirse, aceptan as condicións establecidas no presente Regulamento, que debe coñecer e ter en consideración.