La I BTT Resistencia Cidade de Narón es una prueba de bicicleta de montaña sobre un circuito de aproximadamente 8 kms, sobre el cuál se podrá competir de forma individual o por relevos en equipos de dos, completando el mayor número de vueltas posibles dentro de las 3 horas.
Puedes ver más información detallada sobre el evento deplegando la pestaña de CONDICIONES o descargando el REGLAMENTO del evento.
➢ PERCORRIDO.
-O evento terá un só percorrido de aproximadamente 8 km cun desnivel positivo acumulado por volta de 130 m.
-O percorrido do circuíto estará debidamente delimitado mediante elementos tales como cintas, vallas, coñecidos... e todos aquelas que a organización considere oportuno para o correcto desenvolvemento da proba sen confusións.
-No circuíto haberá diferentes zonas con obstáculos tanto naturais como artificiais que farán que o compoñente lúdico del se vexa incrementado sempre tendo como obxectivo principal a seguridade de todos e todas as participantes.
➢ PIT LANE E ZONA DE RELEVOS:
O percorrido contará cun espazo tipo "pit-lane" con entrada e saída posterior á liña de meta, no que as parellas, poderán realizar os seus relevos sen entorpecer ao resto de participantes. Fóra desa zona, os relevos están prohibidos e descalificarase da proba a quen incumpra a dita regra.
Ao mesmo tempo dentro da zona de relevos só poderá permanecer o participante que espera a dar o relevo, co fin de non molestar ao resto de participantes.
Os relevos faranse co intercambio da pulsera do chip que deberá ir colocada no tobillo do participante (ou o método que no momento da proba se autorice); penalizarase cunha volta o incumprimento da dita norma
➢ LUGAR DA PROBA.
Sociedade Cultural e Recreativa "A Pombiña" Pedroso-Narón (A Coruña).
➢ INSCRICIÓNS.
-A inscrición para todos os participantes da proba realizarase a través da web MAGAMASPORTS
https://magmasports.es/es
Prezo das incricións:
Federados: 18€
No federados: 18€ + 10€ de licenza dun día.
Nota: Os posuidores de licenza anual da Federación Galega de Triatlón ou de Carnet Ciclista terán un desconto de 5,00 na licenza de 1 día.
A inscrición só se considerará efectuada no momento en que estea pagada.
A organización limita a inscrición a 300 participantes por motivos loxísticos e de organización.
A taxa de inscrición no evento inclúe:
-Derecho de participación en BTT RESISTENCIA 3H “CIDADE DE NARÓN”
- Dorsal.
- Avituallamentos líquidos e sólidos durante a proba na zona de meta.
- Control de tempos (Chip electrónico).
- Asistencia médica avanzada.
- Seguro de accidentes e responsabilidade civil.
- Pinchos e refrixerios en fin de proba en zona de meta.
➢ PARTICIPANTES.
- A proba é libre e aberta a todas/as persoas, tendo que pagar 10 euros por seguro dun día para todos os que non teñan licenza deportiva da Federación Galega de Ciclismo. O chip deberase entregar na chegada a meta. A súa perda suporá o pagamento de 50€.
-A idade mínima permitida serán todos aquees participantes que teña 16 anos cumpridos na data do evento.
- Permítense a participación en bicicletas (E-BIKE), non clasificando estas para a clasificación xeral absoluta.
-Os participantes están obrigados a levar posto na parte dianteira da bicicleta o dorsal correspondente durante toda a proba.
-Os participantes que se inscriban na categoría de parellas, deberán realizar o relevo na zona de boxes habilitada para tal efecto.
➢ ORDE DE SAÍDA.
- A orde de saída será por orde de inscrición.
- Os participantes na categoría Ebike sairán desde o último caixón.
➢ CLASIFICACIÓNS.
-Para efectos de clasificación da proba, só se contarán como voltas completas as que se realicen antes da finalización das 3 horas de carreira (2:59:59). As voltas rematadas despois das 3 horas serán anuladas.
-A posición de cada participante nas diferentes categorías virá determinada polo maior número de voltas dentro do tempo límite, ata as 13:00 horas. En caso de que varios participantes completen o mesmo número de voltas, considerarase vencedor ao que faga as voltas en menor tempo.
-En caso de que a proba se deba suspender ou parar, por motivos de forza allea ou que non permitan o transcurso dela en óptimas condicións de seguridade para os participantes, o director da proba poderá determinar unha hora distinta á inicial para a súa finalización, ou establecerase a clasificación con base na clasificación no momento concreto.
- Na categoría de "parellas", cada compoñente debe dar un mínimo de 1 volta completa.
➢ CATEGORÍAS E PREMIOS.
-Os trofeos serán dados ós tres primeiros de cada categoría, menos á categoría E-Bike que se outorgará ó primeiro clasificado.
-A entrega de premios celebrarase o remate do evento na zona de meta onde estará o pódium oficial. Tódolos premiados deberán estar presentes no momento en que empece a cerimonia e respectar tódalas regras referentes ó mesmo
- A zona de saida, meta e pit-lane, estará na Sociedade Cultural e Recreativa "A Pombiña" Pedroso-Narón (A Coruña).
➢ PROGRAMA DA PROBA
08:30 Comezo entrega de dorsais na zona de saída en Pedroso-Narón. 09:45 Configuración grellas de saída.
10:00 Salida
12:55 Peche de entrada o circuíto 13:00 Fin de proba.
13:30 Entrega de premios
13:45 Pinchos e refrescos de confraternización.
15:00 Fin do evento.
*Tódolos horarios aquí reflectidos poderán sufrir modificacións por cuestións organizativas.
➢ ZONA DE SALIDA/META/ PIT LANE
➢ COMPORTAMENTO.
-Os participantes que vaian montados en bicicleta terán preferencia sobre os que vaian andando coa bicicleta da man, que deberán ceder o paso e non obstaculizar na medida do posible.
-Os participantes que vaian adiantar outro, deberán indicar coa súa voz o lado polo que van pasar (dereita-esquerda) e á vez ter moita precaución.
-Calquera situación antideportiva que sexa vista por persoal da organización será motivo de penalización coa anulación de 1 volta por parte dos comisarios da proba ou a descalificación se o feito se considera moi grave.
-A utilización de atallos ou a saída e entrada no circuíto en diferentes puntos terá como consecuencia a eliminación automática da proba.
-Todo comportamento antideportivo e motivo suficiente para a expulsión da proba.
➢ EQUIPAMENTO
-Cada participante dentro do circuíto deberá levar posto o casco homologado para a práctica do ciclismo, así como o resto dos compoñentes que considere oportuno para o correcto desenvolvemento da súa participación na proba e que non supoñan un inconveniente o resto de participantes.
➢ INTERPRETACIÓN E XURISDICCIÓN
-Todos os participantes na proba BTT RESISTENCIA 3H "CIDADE DE NARÓN" no momento de aceptar o pagamento da inscrición aceptan sen restricións este regulamento.
-O evento BTT RESISTENCIA 3H "CIDADE DE NARÓN" realízase nun circuíto pechado, balizado con cintas, coñecidas, valados, etc nos montes da zona de Pedroso, polo que todo participante deberá respectar ao máximo a natureza do lugar e o seu contorno, sen tirar nada ao solo.
➢ PUBLICIDAD E IMAGEN
-Todos os participantes son libres de captar imaxes e videos da proba. Así mesmo, a inscrición no evento supón a aceptación deste regulamento e a cesión dos dereitos de imaxe de cada deportista para a súa posterior difusión, se procede.
➢ SEGURO DE ACCIDENTES E PÓLIZA DE R.C.
-Cada deportista inscrito na proba contará cun seguro deportivo de accidentes e de responsabilidade civil, contratado pola Federación Galega de ciclismo, o dito seguro ten validez exclusivamente para o día da proba e unicamente válido durante a duración desta. En caso de accidente o deportista (ou un representante) deberá contactar co seguro por tf (está na parte traseira da ficha federativa), para poder ser atendido nun centro concertado en caso de ser necesario.
-A proba contará cunha ambulancia e médico, así como técnicos sanitarios, persoal do club organizador e membros de protección civil para garantir a seguridade dela e poder prestar atención a calquera continxencia que xurda durante o desenvolvemento da proba.
-No caso de traslado dun accidentado a un centro médico, o centro concertado, será o designado polo seguro, imprescindible chamar antes de ir, o tf está na parte posterior da tarxeta federativa.
➢ CANCELACIÓN DA PROBA
-A organización da proba poderá cancelar o evento por causa maior, por causas atmosféricas que desaconsellen a práctica deportiva ao aire libre ou calquera outro motivo que coide oportuno o director da proba para preservar a seguridade dos participantes.