Trail|

CARREIRA VIKINGA NENOS

  • Organizador evento

    Concello de Carnota

  • Fecha del evento

    23-02-2025

Descripción

O Departamento de Deportes do Concello de Carnota, o Club de Atletismo Carnota Runners e o Club O Jerreiro, organizan o domingo 23 de febreiro a X Trail Viquinga do Concello de Carnota, con diferentes distancias aproximadas: Para os Chupetes, 50 metros; para os Pitufos, 200 metros; para os Cativos I, 1.000 metros e para os Cativos II, 3.000 metros.

REGULAMENTO DA X CARREIRA VIQUINGA CONCELLO DE CARNOTA
 
DATOS XERAIS
 
O Departamento de Deportes do Concello de Carnota, o Club de Atletismo Carnota Runners e o Club O Jerreiro, organizan o domingo 23 de febreiro a X Trail Viquinga do Concello de Carnota, con dúas distancias aproximadas, unha longa de 24 km, cun desnivel positivo aproximado de 1200 m e unha curta de 12 km, cun desnivel positivo aproximado de 800 m.
 
Nesta competición poden participar todas as persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos/as.
 
CATEGORÍA IDADES DISTANCIA HORARIOS
 
*Nota: os horarios non están libres de sufrir algunha modificación se se presenta algún imprevisto de última hora. No caso de que para o día da celebración da proba se decrete unha alerta laranxa, a proba será suspendida automaticamente.
 
NORMATIVA XERAL
 
1. A carreira estará controlada mediante cronometraxe electrónica.
 
2. Haberá dous percorridos para maiores de 16 anos, unha distancia curta de aproximadamente 12.000 m, e unha distancia longa de 24.000 metros, aproximadamente. Para os Chupetes, 50 metros; para os Pitufos, 200 metros; para os Cativos I, 1.000 metros e para os Cativos II, 3.000 metros.
 
3. A saída estará situada no Pavillón Municipal de Lamas de Castelo.
 
4. O comezo da carreira das categorías Sénior e M50 será ás 10:30 h, aproximadamente.
As categorías base correrán mentres se leva a cabo a carreira das categorías Sénior e M50. Os Cativos II comezarán a súa carreira ás 10:45 horas, os Cativos I ás 11:15 e os Pitufos e os Chupetes ás 11:30 horas, aproximadamente.
 
5. A Organización da proba resérvase o dereito a modificar os horarios ou o percorrido, así como a aprazar ou suspender a carreira, se así o estima oportuno, por razóns climatolóxicas ou de seguridade.
 
6. Os/as atletas que durante o transcurso da proba circulen por fóra do espazo delimitado polos vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira considéranse, para todos os efectos, usuarios normais da vía.
 
7. Toda persoa que corra sen estar inscrita farao baixo a súa responsabilidade e non poderá participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.
 
8. Cada participante toma parte na carreira baixo a súa responsabilidade e ha de ter un nivel de condición física e saúde suficiente para afrontala.
 
9. Debido ao carácter estritamente deportivo e popular da proba, non se admitirán reclamacións. A participación é libre e leva implícita a aceptación do Regulamento xeral da proba. O Concello de Carnota non se fará responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione  a participación nesta carreira. Os aspectos non recollidos neste Regulamento resolveranse segundo o criterio da comisión organizadora, cuxas decisións serán inapelables.
 
10. A Organización porá á disposición das persoas participantes un servizo de ambulancia para os/as atletas que presenten algún síntoma ou lesión durante a proba.
 
11. A organización non pode garantir a cobertura ao longo de todo o percorrido.
 
12. Ofrécese un servizo de gardarroupa para os corredores e corredoras que o precisen.
 
13. A organización pon á disposición dos/das participantes na carreira o Pavillón Polideportivo Municipal de Lamas de Castelo para que se poidan asear.
 
14. O tempo máximo de duración da proba será de 2:00 h, a partir da entrada en meta do primeiro corredor ou corredora. A partir dese momento, os corredores e as corredoras que permanezan en ruta deberán abandonala e non se garantirá a súa cobertura.
 
15. Existirá dous postos de avituallamento intermedio, para o Trail longo e un posto de avituallamento intermedio para o Trail Curto, no que se habilitarán papeleiras para tirar os residuos.
 
16. Está prohibido tirar desperdicios ou envoltorios ao longo da carreira. No avituallamento haberá servizo de recollida de desperdicios.
 
17. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os autorizados pola Organización.
 
18. En caso de retirada, avisarase ao persoal da Organización.
 
 
19. Os/as participantes autorizan a Organización a rexistrar total ou parcialmente a súa participación mediante fotos, vídeos, televisión ou calquera outro medio de difusión.
 
20. Os/as participantes acompañados de animais non contará na clasificación xeral para a obtención premios.
 
 
INSCRICIÓNS
 
Os/as deportistas inscritos/as comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación.
 
1. Para formalizar a inscrición deberase cubrir o formulario habilitado na páxina web www.magmasports.es 
 
2. Termos e prezos das inscricións:
 
  • As inscricións efectuaranse na páxina www.magmasports.es e poderanse facer ata o xoves 20 de febreiro ás 23:59 h.
  • A solicitude de inscrición para os/as deportistas menores de idade deberá ir acompañada dunha autorización paterna/materna, segundo o modelo establecido pola organización. O dito modelo, que se pode descargar na páxina web www.magmasports.es ou na páxina web do Concello (www.carnota.gal), deberá imprimirse e presentarse debidamente cuberto e asinado á hora de recoller o dorsal ou no Departamento de Deportes do Concello de Carnota.
  • O prezo de cada inscrición será de 10€.
  • A inscrición para os/as atletas menores de idade será gratuíta.
  • Non será posible formalizar inscricións fóra de prazo.
  • En ningún caso se devolverá o importe da inscrición.
  • Este ano temos a opción de contratar a comida post carreira. O seu prezo é de 10€ para o/a participante e de 15€ para as persoas acompañantes. 
  • O menú consta de callos e carne ao caldeiro, bebida (viño, auga, cervexa e refresco), café e postre
 
3. A entrega de dorsais abrirase ás 09:00 horas no Pavillón Polideportivo de Lamas de Castelo e permanecerá aberta ata 15 minutos antes do inicio da proba. 
 
4. Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais, etc.) deberá facelo constar no reverso do dorsal da proba.
 
5. As inscricións realizaranse nos lugares que se indican no regulamento, dentro dos prazos sinalados. Quen non se axuste a estas indicacións non poderá participar na proba.
 
CLASIFICACIÓNS, TROFEOS, MEDALLAS E A SÚA ENTREGA 
 
1. Establécense os seguintes premios:
  • Trofeo ou medalla aos/ás 3 primeiros clasificados e clasificadas da categoría Sénior e M50.
  • Trofeo ao/á mellor clasificado/a empadroado/a ou nado/a no concello de Carnota.
  • Medalla para todas as persoas participantes nas categorías base. Na categoría Pitufos levarán medalla todos/as os/as participantes. Nas categorías Cativos I e Cativos II, levarán medalla todos/as os/as participantes, e subirán ao podio os/as tres primeiros/as de cada unha destas categorías.
  • Agasallo conmemorativo para todas as persoas participantes na carreira.
 
2. As clasificacións da carreira poderán consultarse na páxina web de www.magmasports.es 
 
UBICACIÓN E PERCORRIDOS 
 
Pdte.
 
UBICACIÓN
 
https://goo.gl/maps/4boWxz4X69nYQREq9
 
 
SÉNIOR E M50
 
O percorrido e o track das categorías Sénior e M50 poderase consultar na páxina web de www.carnota.gal ou en www.magmasports.es (pdte.)

Inscripciones Realizadas

Apellido Nombre
Lago Noceda Adrián
Lago Noceda Aldara
LOPEZ SANTIAGO Max
Manuel Rodríguez Lestón
Calvete Lestón Marcos
Gonzalez Formoso Rebeca
Lago Martinez Belen
Lestón Leis Noa
Lestón Leis Yago
RIVEIRO VICARIO MATILDE
Tajes Quevedo Catalina
Tajes Quevedo Miriam
Tajes Quevedo Manuel
Gonzalez Pinch Alba
Lago Lema Gael
MUÑIZ MOLEDO NOA
Rama pedrosa Sabela
Rama pedrosa Tania
Louro Rodríguez Adriana
Rodríguez Carballo Mara
Díaz Carballo Andrea
Vidal Tubio Xulia
Lago Lago Lúa
Rodriguez Gonzalez Marcos
Rodriguez Gonzalez Pepe
FORMOSO FORMOSO MANUEL
FORMOSO FORMOSO ANA

Inscripción

  • Fecha límite
    29 d
    18 h
    45 m
    19 s