Carrera Popular|

CARREIRA NENOS SOLIDARIA “POLO DANO CEREBRAL”

  • Organizador evento

    Federación Galega de Dano Cerebral

  • Fecha del evento

    06-07-2025

Descripción

REGULAMENTO DA IV EDICIÓN DA CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIA “POLO DANO CEREBRAL”

 

DATA DO EVENTO: DOMINGO, 6 DE XULLO DE 2025 – NAVIA (VIGO)

 


PRESENTACIÓN

A Federación Galega de Dano Cerebral (Dano Cerebral Galicia), constituída polas cinco asociacións galegas de dano cerebral adquirido – Dano Cerebral A Coruña ADACECO, Dano Cerebral Lugo, Alento Vigo, DCA Ourense e Dano Cerebral Santiago de Compostela - organiza a “IV Carreira e Andaina Solidaria polo Dano Cerebral” , en colaboración co Concello de Vigo e coa entidade Centro ETP Encuentra Tu Potencial como coordinadora do evento deportivo.

Nesta ocasión a localización escollida é o barrio de Navia en Vigo, con motivo do 25º aniversario da nosa asociación local, Alento Vigo, entidade nomeada Viguesa Distinguida en marzo de 2025.

Todas as probas deportivas así como a andaina, celebraranse o próximo 6 de xullo de 2025 a partir das 9.00h nuns circuítos con saída e meta na Rúa Pedra Seixa á altura da Asociación Alento Vigo e con transcurso polo barrio de Navia.

PARTICIPANTES:

Nestas probas poderá participar calquera deportista estea ou non federado/a. Todas as persoas participantes tanto na carreira (absoluta e escolares) como na andaina, -independentemente da idade-, deberán estar inscritos/as no prazo preciso, e participarán cunha licenza de día que incluirá un seguro de accidentes deportivos e de responsabilidade civil a cargo da organización. Os/as deportistas federados/as polo deporte do atletismo estarán cubertos polo seguro da súa correspondente licenza.

 


Participantes por modalidades:

 


CARREIRA ABSOLUTA (5 km).- poderán participar todas aquelas persoas que sexan maiores de 16 anos (o día da proba), federadas ou non federadas. Proba competitiva.

CARREIRA SUB 16 e SUB 14 (1.200 metros).- saída conxunta. Poderán participar todas aquelas persoas nadas entre 2010 e 2011, para SUB16; e entre 2012 e 2013 para SUB14. Proba competitiva.

CARREIRA SUB 12 e SUB 10 (600m).- saída conxunta. Poderán participar todas aquelas persoas nadas entre 2014 e 2015, para SUB12; e entre 2016 e 2017 para SUB10. Proba competitiva.

PITUFOS (100 metros).- Poderán participar nesta categoría todas aquelas persoas nadas a partir de 2018 ata a actualidade. Proba non competitiva.

ANDAINA (5,5 Km).- Poderán participar todas aquelas persoas maiores de 16 anos (o día da proba) que o desexen, os/as menores de 16 anos sempre que vaian acompañados/as dun/ha adulto/a responsable, e que estean tamén inscritas nos prazos e formas establecidos a tal efecto, na páxina de inscrición.

INSCRICIÓNS, PRAZOS E PREZOS:
Plataforma de inscricións: magmasports.es
Peche de inscricións: 02 de xullo ás 23:59h
Prezo Carreira 5 Km: 5€
Prezo Carreiras Escolares: 2 €
Prezo Andaina (16 anos ou máis): 5€
Prezo Andaina (menores de 16 anos): de balde.
Dorsal Cero: doazón voluntaria

A recadación da inscrición (descontados os gastos de seguro do participante e cronometraxe nas probas competitivas) será destinada a Dano Cerebral Galicia para o desenvolvemento da súa acción e misión, orientada a mellorar a calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido (Máis información en www.danocerebralgalicia.org).

 

HORARIOS, PERCORRIDOS, SAÍDAS E METAS:

O evento comezará ás 09:00h coa apertura das mesas de entrega de dorsais e do servizo de gardarroupa, xunto coa posta en marcha do servizo de animación e sonorización do evento que comezará ás 09.30h

CARREIRA ABSOLUTA (5 km).- Inicio ás 09:45h con saída e meta no mesmo punto, isto é, na Rúa Pedra Seixa á altura da Asociación Alento Vigo. A cronometraxe realizarase mediante chip no dorsal. A entrega do trofeos/premios levarase a cabo no podio que estará situado na zona de saída-meta, aproximadamente ás 11:30h, xusto antes da saída da Andaina.

O percorrido será de 2 voltas de 2,5Km cada unha ao redor do barrio de Navia, iniciando a proba no arco da saída instalado na Rúa de Pedra Seixa á altura do número 31, baixando pola Rúa das Ufas, volta pola Rúa das Teixugueiras ata chegar á rotonda final ca Rúa de Lamelas e volvendo pola Rúa Pedra Seixa ao arco de meta que será o mesmo que o de saída.

 


CARREIRAS ESCOLARES:

As carreiras de modalidades escolares sairán a partir das 11:00 horas, unha vez rematada a carreira absoluta, na seguinte orde:

 


Atletas Sub16 e Sub14 (anos de nacemento 2010-2013): Saída conxunta ás 11:00h. Correrán unha distancia de 1.200 metros aproximadamente ao longo da Rúa Pedra Seixa ata chegar á rotonda ca Rúa Lamelas e volta ao punto de saída (600m ida e 600m volta). Proba cronometrada.

 


Atletas Sub12 e Sub10 (anos de nacemento 2014-2017): Saída conxunta ás 11.15h. Correrán unha distancia de 600m aproximadamente ao longo da Rúa Pedra Seixa. Será a única proba onde a saída estará localizada ao final da Rúa Pedra Seixa (xunto á rotonda ca Rúa Lamelas) e a meta á altura do número 31 da Rúa Pedra Seixa xunto a Asociación Alento Vigo igual que o resto. Proba cronometrada

 


Atletas Pitufos (anos de nacemento a partir de 2018): Saída conxunta ás 11.25h. Correrán unha distancia de 100m aproximadamente partindo das banderolas ata o arco truss da meta/saída. Proba non cronometrada nin competitiva. Todos os nenos e nenas levarán medalla conmemorativa.
ANDAINA: Inicio aproximadamente ás 00h (inmediatamente despois do acto de entrega de trofeos) con saída e meta no arco situado á altura do edificio de Alento Vigo na Rúa Pedra Seixa.

 


IMPORTANTE: Os percorridos poderán verse modificados ata o día antes do evento por causas alleas á organización. Nese caso, irase actualizando na web de inscrición calquera tipo de modificación, de ser o caso, para coñecemento de todas as persoas participantes.

PREMIOS E AGASALLOS

Entregarase xunto co dorsal, unha camiseta conmemorativa para todas as persoas participantes de calquera proba e/ou modalidade. Ademais, farase un sorteo durante a entrega de premios, onde o dorsal servirá de rifa no caso daquelas persoas que queiran participar. O agasallo está por determinar.

 


Podium Carreira Absoluta (5k):

Categoría Absoluta: Trofeos para o 1º, 2º e 3º clasificado e clasificada.

Categoría Senior (nado entre 2009 e 1990): Trofeo para o 1º clasificado e 1ª clasificada, medallas para 2º e 3º clasificado e clasificada.

Categoría Máster 1 (+35 anos): Trofeo para o 1º clasificado e 1ª clasificada, medallas para 2º e 3º clasificado e clasificada.

Categoría Máster 2 (+45 anos): Trofeo para o 1º clasificado e 1ª clasificada, medallas para 2º e 3º clasificado e clasificada.

Categoría Máster 3 (+55 anos): Trofeo para o 1º clasificado e 1ª clasificada, medallas para 2º e 3º clasificado e clasificada.

Categoría Máster 4 (+65 anos): Trofeo para o 1º clasificado e 1ª clasificada, medallas para 2º e 3º clasificado e clasificada.

Nota: podium non acumulativo.

Podium Carreiras Escolares:

Categoría Sub16 (1.200m): Trofeo para o 1º clasificado e 1ª clasificada, medallas para 2º e 3º clasificado e clasificada.

Categoría Sub 14 (1.200m): Trofeo para o 1º clasificado e 1ª clasificada, medallas para 2º e 3º clasificado e clasificada.

Categoría Sub 12 (600m): Trofeo para o 1º clasificado e 1ª clasificada, medallas para 2º e 3º clasificado e clasificada.

Categoría Sub 10 (600m): Trofeo para o 1º clasificado e 1ª clasificada, medallas para 2º e 3º clasificado e clasificada.

Categoría Pitufos (100m): medallas par todas as persoas participantes.

 


AVITUALLAMENTO E SERVIZO DE GARDARROUPA

Haberá avituallamento líquido e sólido para todos/as os/as participantes (tanto das carreiras como da andaina), na zona da saída e meta.

Estará a disposición das persoas participantes un servizo de gardarroupa. Será necesario mostrar o dorsal para recoller as pertenzas. Un mesmo dorsal pode gardar as pertenzas de varias persoas participantes.

SEGURIDADE

O evento contará cun seguro de responsabilidade civil así como seguro de accidentes para dar cobertura a todas as persoas participantes. Ademais, ao tratarse dunha proba cun número de participación aproximado de 400 persoas, contarase cunha ambulancia de Soporte Vital Avanzando con persoal sanitario (médico/a, enfermeiro/a e técnico/a).

A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse as persoas participantes por imprudencias ou neglixencias propias. Igualmente, a persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, ter realizado o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da devandita responsabilidade.

LOPD

Todas as persoas participantes, incluídos menores de idade, ao realizaren a inscrición aceptan a publicación do seu nome e da súa imaxe nas clasificacións, nos medios de comunicación e en internet.

Os datos recollidos na plataforma de inscrición de Team Relay serán cedido a Dano Cerebral Galicia, e serán utilizados con fins informativos ou de agradecemento.

INFORMACIÓN E RESULTADOS

Os resultados da carreira estarán dispoñibles na páxina web oficial da proba www.magmasports.com   

A organización resérvase o dereito de modificación do presente regulamento ata o día de peche de inscricións.

En todo caso e tal e como establece a lei de Protección de Datos, a persoa interesada pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Dano Cerebral Galicia (info@danocerebralgalicia.org) ou por comunicación postal ao seguinte enderezo: Rúa das Galeras, 17 – 2º Piso, oficina 5 (15705) en Santiago de Compostela (A Coruña)

Toda persoa participante, polo xeito de inscribirse, permite que as imaxes, vídeos e entrevistas realizadas pola organización poidan publicarse nas RRSS e páxinas webs oficiais.

Os dorsais son persoais e intransferibles e han de ir colocados na parte anterior do corpo de forma totalmente visible, sen dobreces, e así deberán levarse durante toda a proba. O incumprimento deste artigo poderá ser motivo de descualificación.

Inscripciones Realizadas

Apellido Nombre Categoría
GONZÁLEZ RODRÍGUEZ MARCO PITUFOS (2018-2025)
GONZÁLEZ LAGO MARTINA SUB 12 (2014-2015)
GONZÁLEZ LAGO MARCOS PITUFOS (2018-2025)
Reboreda Morais Izan PITUFOS (2018-2025)
Miguéns Carmen PITUFOS (2018-2025)
Miguéns Roi PITUFOS (2018-2025)
Hernández Rodríguez Emma PITUFOS (2018-2025)
Pérez Parras Zaira PITUFOS (2018-2025)
Fernández-Cid Qunta Paloma SUB 14 (2012-2013)
Hernandez Piñeiro Lois PITUFOS (2018-2025)
Rodríguez Groba Pablo PITUFOS (2018-2025)
Rodríguez Groba Sara PITUFOS (2018-2025)
Rodríguez Lorenzo Noa PITUFOS (2018-2025)
Ayude Soto Álvaro PITUFOS (2018-2025)
Ayude Soto Lucía PITUFOS (2018-2025)
Castiñeiras Nerea SUB 10 (2016-2017)

Inscripción

  • Nº inscritos 16 de 500
    Fecha límite
    11 d
    20 h
    43 m
    28 s