Fecha del evento: 06.10.2019 09:30
Fecha límite inscripción: 03.10.2019 13:00
Organizador: C. C. Monteneme
Modalidad: Marcha BTT
Distancia: 45 Kms 1000 m. desnivel
Lugar: Praza do Concello de Carballo
Límite de inscritos: 300
DESCRIPCIÓN
O O Club Ciclista Monteneme é o organizador da XVII MARCHA MTB COSTA DA MORTE, que
se celebrará o domingo 6 de Outubro de 2019, coa autorización da Federación
Galega de Ciclismo e resto de Organismos competentes.
Esta marcha cicloturista está aberta a tódolos ciclistas maiores
de 15 anos (ou que os cumpran no 2019), que posúan a licencia federativa do ano
en curso, sendo a inscrición de 9 Euros. No caso contrario, deberan solicita-la
tramitación da licencia dun día cun custo adicional de 10 Euros. Os menores de
18 anos deberán presentar autorización do pai, nai ou titor legal.
CONDICIONES ▼
1. O Club Ciclista Monteneme é o organizador da XVII MARCHA MTB COSTA DA MORTE, que se celebrará o d...
1. O Club Ciclista Monteneme é o organizador da XVII MARCHA MTB COSTA DA MORTE, que se celebrará o domingo 6 de Outubro de 2019, coa autorización da Federación Galega de Ciclismo e resto de Organismos competentes.
2. Esta marcha cicloturista está aberta a tódolos ciclistas maiores de 15 anos (ou que os cumpran no 2019), que posúan a licencia federativa do ano en curso, sendo a inscrición de 9 Euros. No caso contrario, deberan solicita-la tramitación da licencia dun día cun custo adicional de 10 Euros. Os menores de 18 anos deberán presentar autorización do pai, nai ou titor legal.
3. O ritmo da marcha será controlado pola Organización de acordo co horario previsto. Membros da Organización debidamente identificados abriran a ruta, e deberan acatarse en todo momento as súas instruccións. Asimesmo, realizarase agrupamento dos participantes durante a marcha.
4. A marcha está prevista para 300 participantes.
5. Cada participante debe ser plenamente consciente da lonxitude e dificultade da proba, a cal se desenrolará baixo posibles condicións climáticas de frio, chuvia, vento, calor extremo, etc...polo tanto debe prever que a súa indumentaria, calzado...así como as condicións físicas sexan as máis apropiadas para realizar a macha.
6. A recollida de dorsais realizarase nas instalacións da Fábrica de Calvo sita na Estrada Coruña - Fisterra Qm. 34,5, 15102 Carballo, A Coruña o día da proba entre as 08:00 e as 8:45 horas ou ben o día anterior na tenda Evobici sita na Rúa da Fábrica, número 60 baixo de Carballo en horario de de 10:00 a 13:00 o sábado. Todo participante deberá levar, de forma obrigatoria e visible o dorsal na parte dianteira da bicicleta.Todo participante que non leve colocado de maneira visible o dorsal será excluido da marcha por membros da organización ou polas forzas do orden. Para recoller o dorsal é OBRIGATORIO presentar 0 DNI e a licenza da RFEC, no caso de que non se teña suscrito o seguro federativo por un día proposto pola organización.
7. É responsabilidade do participante localizar a sinalización e seguila.
8. As inscripcións só se consideran definitivas cando se teña efectuado o pago e no caso de non poder participar non se realizará a devolución da inscripción. As inscripcións son estrictamente personais e intransferibles, non poden ser utilizadas por outra persona diferente da inscrita. Non é posible a substitución dun participante por outro salvo que a Organización o autorice expresamente.
9. É obrigatorio o uso do casco.
10. Débese ser extremadamente respectuoso co entorno. Non contamines tirando lixo nin perturbando o silencio do monte.
11. A Organización pon a disposición dos participantes: asistencia mecánica gratuíta (as pezas seran a cargo dos participantes), Protección Civil, avituallamentos sólidos e líquidos, duchas, servicio de lavado de bicicletas e recordo conmemoratorio.
12. Tódolos participantes consideranse en excursión personal, debendo aterse ás normas do vixente código de circulación, declarandose personalmente responsables das infraccións que cometan.
13. A Organización non se fai responsable de ningún accidente do que poida ser causa ou vítima o participante durante a marcha ciclista, como tampouco se fai responsable dos gastos ou débedas que puidera contraer durante o percorrido.
14. A Organización reservase o dereito de modificar aquelo que as circunstacias o aconsellen.
15. A aceptación do presente regulamento implica obligatoriamente que o participante autoriza á organización á grabación total ou parcial da súa participación na mesma, presta o seu consentimento para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba, de todas as formas posibles (radio, prensa, video, foto, dvd, internet, carteis, medios de comunicación, etc....), e cede todos os dereitos relativos á explotación comercial e publicitaria que a organización considere oportuno executar, sin dereito pola súa parte a recibir compensación económica alguna.
16. A organización non asumirá ningunha responsabilidade si o evento se suspende ou apraza por causas de forza maior. Asimesmo a organización non se fai responsable das decisións que a título personal tomen os participantes como consecuencia da suspensión da mesma.
17. O mero feito de inscribirse na proba supón a aceptación do presente regulamento e a renuncia a todos os dereitos contra a organización, renunciando a toda acción legal que pudiera derivarse da súa participación na proba.
18. Os participantes da proba polo feito de inscribirse dan o seu consentimento para que Club Ciclista Monteneme, por sí mesmo ou mediante terceiras entidades, traten automáticamente e con finalidade exclusivamente deportiva, promocional ou comercial, os seus datos de carácter personal. Para renunciar a esta cesión, o participante deberá expresalo no momento de inscribirse. De acordo co establecido na Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de Protección de Datos de Carácter Personal, o participante ten o dereito de acceder a estes ficheiros co obxecto de rectificar e/ou cancelar de forma total ou parcial o seu contido, o cal, deberá solicitarlo por escrito o domicilio social do Club Ciclista Monteneme, Rúa Valle Inclán 24, 15100 Carballo (A Coruña) ou ben na mail ccmonteneme@gmail.com.
LOCALIZACIÓN
Ver mapa completo